O Estado: definición, funcións e tipos
O Estado é a unidade política e administrativa superior que rexe un territorio e á súa autoridade están sometidos todos os seus habitantes. As leis, as institucións, os símbolos e o conxunto de cidadáns.
Funcións principais do Estado
Establece relacións internacionais, garante seguridade nacional, regula a economía e as relacións laborais, proporciona servizos básicos.
Tipos de Estado
Estado benestar: só existe nos países desenvolvidos e é mais forte en Europa que en outros continentes. Co diñeiro dos impostos proporciona os servizos mais básicos aos cidadáns como a sanidade gratuíta e a ensinanza.
Estado frustrado: son os estados que presentan un baleiro poder que lles impide defender os cidadáns e non pode garantir uns servizos esenciais.
Separación de poderes nun Estado democrático
O parlamento - poder lexislativo, o goberno - poder executivo, os xuíces - poder xudicial.
Tipos de Estados segundo a posición que ocupa a relixión
Estados laicos: presentan unha separación entre a relixión e o goberno. Estados confesionais, Estados teocráticos.
Estado centralizado vs Estado descentralizado
Estado centralizado: a administración central goberna todo o territorio. Estado descentralizado: as rexións teñen as súas institucións propias, non dependen das institucións estatais.
História da Unión Europea
Tras a Segunda Guerra Mundial retomouse a idea de crear unha organización para fomentar a cooperación entre os países europeos. Esta cooperación tiña dous obxetivos: consolidar a paz e competir unidos fronte a varias potencias.
Unión económica e coordinación política
En 2002, unión económica e monetaria coa entrada da moeda o euro. Recoñeceuse a cidadanía europea e a libre circulación de cidadáns da UE polos estados membros. Tamén se crearon novos fondos de solidariedade coas rexións menos desenvolvidas. O Tratado de Lisboa estableceu unha carta de dereitos para todos os cidadáns comunitarios.
Constitución de 1978
Define España como un estado social e democrático de dereito. É un estado social porque o estado interveñe para lograr unha sociedade máis xusta. É un estado democrático porque os cidadáns interveñen no goberno.