Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Ciencias sociais

A Sociedade e a República Romana: Estrutura e Crise

Ciencias sociais3,8 KB

Institucións Políticas Romanas

Asemblea Popular

Estaba formada por todos os cidadáns; é dicir, os varóns adultos nacidos en liberdade. Aprobaban as leis e elixían os maxistrados.

Tribunos da Plebe

Unha nova maxistratura, creada para velar polos intereses da plebe.

Clases Sociais na Roma Antiga

Patricios

Un reducido número de familias ricas e poderosas que se consideraban descendentes dos fundadores de Roma.

Plebeos

Era o resto de homes libres que constituía a gran masa cidadá.

Grandes Conquistas da República Romana

Durante a República, Roma alcanzou unha grande expansión territorial:

  • Impuxo o seu poder sobre a Península Itálica.
  • O control do Mediterráneo occidental logrouse tras vencer a Cartago, unha antiga colonia fenicia situada no norte
...
Seguir lendo "A Sociedade e a República Romana: Estrutura e Crise" »

Turismo e Comercio en Galiza: Análise e Tipos

Ciencias sociais2,82 KB

Definición de Turismo e Contexto Xeral

Segundo a Organización Mundial do Turismo das Nacións Unidas (OMT), o turismo comprende as actividades que realizan as persoas durante as súas viaxes e estadías en lugares distintos ao do seu contorno habitual por un período de tempo consecutivo inferior a un ano.

O sector turístico en España ten un papel clave na súa economía.

O Turismo e o Comercio en Galiza

O Comercio Galego: Estrutura e Evolución

Aínda que a situación mellorou nos últimos tempos, o certo é que a actividade comercial na Galiza estivo condicionada polo atraso da estrutura produtiva do sector primario. Esta deficiencia impediu que as empresas galegas se fixesen cargo da comercialización dos seus produtos, o cal orixinou a aparición...

Seguir lendo "Turismo e Comercio en Galiza: Análise e Tipos" »

Sociedade Civil, Liberalismo e Estado Social

Ciencias sociais2,85 KB

A Sociedade Civil segundo Hegel

Hegel, na súa obra Principios da Filosofía do Dereito (1821), define a sociedade civil como un sistema de necesidades. Neste sistema, os individuos relaciónanse como entes illados, buscando satisfacer as súas propias necesidades. Cada persoa é un fin en si mesmo e os demais son medios para acadar ese fin.

Liberalismo Político e Económico

  • Liberalismo político: Defende a liberdade relixiosa e política dos individuos, limitando o control do Estado.
  • Liberalismo económico: Considera o mercado como o principal mecanismo de coordinación social, minimizando a intervención estatal.

O Estado Social e Democrático de Dereito

A Tradición Socialista

O socialismo busca a igualdade material, promovendo condicións sociais...

Seguir lendo "Sociedade Civil, Liberalismo e Estado Social" »

Dereitos Humanos: Concepto, Clases e Defensa

Ciencias sociais2,84 KB

O Dereito: Concepto e Clases

O dereito é o conxunto de normas públicas que rexen as relacións entre os cidadáns, apoiado polas institucións políticas. Podemos distinguir entre:

  • Dereito natural: Principios e normas universais.
  • Dereito positivo: Conxunto de normas vixentes nun país.

Os Dereitos Humanos

Os dereitos humanos pretenden validez universal, estean ou non recoñecidos xuridicamente por un estado. Podemos distinguir tres fases no proceso do seu recoñecemento:

Dereitos de Primeira Xeración

Son liberdades individuais e de participación política reivindicados polos revolucionarios dos séculos XVII e XVIII fronte ao absolutismo. Inclúen:

  • Dereito á vida e á integridade física.
  • Liberdade de pensamento.
  • Dereito á propiedade privada.

Un...

Seguir lendo "Dereitos Humanos: Concepto, Clases e Defensa" »

Antiga Grecia: Xeografía, Historia e Sociedade

Ciencias sociais6,05 KB

Marco Xeográfico da Antiga Grecia

A antiga civilización grega comprendía a península helénica, as illas exeas e xónicas e as costas occidentais de Asia Menor (actual Turquía).

Grecia Continental

Divídese en tres ámbitos principais:

  • Grecia setentrional: con rexións como Epiro ou Tesalia.
  • Grecia central: onde se atopaban Beocia (capital Tebas) e Ática (capital Atenas).
  • Grecia meridional ou Peloponeso: a rexión máis importante era Laconia (capital Esparta).

Grecia Insular

As illas máis importantes eran Creta, Lesbos, Quíos e Chipre.

Costas Occidentais de Asia Menor

Destacan as cidades de Halicarnaso, Troia, Mileto, etc.

O devandito territorio estivo ocupado dende o VI milenio a.C. polos pelasgos. Sobre o 3000 a.C. xurdiu en Creta a cultura...

Seguir lendo "Antiga Grecia: Xeografía, Historia e Sociedade" »

Colonización Grega e Orixes de Roma: Monarquía e República

Ciencias sociais4,15 KB

Colonización Grega

Motivos da Expansión

Estendeu o marco xeográfico da cultura grega por tres motivos principais:

  • Falta de alimentos e fames: Para solucionalo, fundan novas cidades (colonias) en zonas fértiles.
  • Razóns políticas: As disputas entre faccións políticas podían levar a guerras civís. Os derrotados nestas guerras eran obrigados a abandonar a cidade e fundaban outra noutro lugar.
  • Razóns económicas e comerciais: Moitas cidades gregas decidiron fundar colonias en lugares illados para obter materias primas a cambio de venderlles aos pobos indíxenas produtos manufacturados.

Colonias e Metrópoles

As colonias eran cidades fundadas por habitantes dunha metrópole (cidade de orixe). Conservaban lazos históricos, culturais e relixiosos...

Seguir lendo "Colonización Grega e Orixes de Roma: Monarquía e República" »

Control do poder nas democracias e nos Estados autoritarios

Ciencias sociais2,59 KB

Quen controla o poder?

Nas democracias controlan o poder o Parlamento, os Tribunais de Xustiza e o pobo. Ademais, os mecanismos de control do poder están recollidos na Constitución.
No Parlamento os partidos da oposición controlan a acción do Goberno e fan públicos os aspectos nos que cren que non actúa correctamente. Cando hai algún asunto do que se cuestiona a súa legalidade, podense crear comisións de investigación.
Nos Estados autoritarios non existen controis á acción do ditador, que pode actuar impunemente. El mesmo e, tamén, quen controla enomea os xuíces e magistrados. Ademais, non existe unha Constitución que lle poña límites ao seu poder

Monarquia

Na monarquia, a xefatura do Estado ocupa un monarca, rei, tsar ou emperador...

Seguir lendo "Control do poder nas democracias e nos Estados autoritarios" »

Conceptos políticos fundamentais e formas de goberno

Ciencias sociais2,51 KB

Conceptos políticos fundamentais

Democracia: réxime político que organiza as sociedades, goberno do pobo para o pobo.

Réxime político: Conxunto de principios, normas, accións e institucións que regulan a actividade política nun determinado estado.

Réxime democrático: é o que mellor permite ás cidadás e cidadáns expresar a súa opinión, é o que mellor protexe os dereitos fundamentais dos seres humanos.

Estado: Conxunto de institucións políticas, xurídicas e administrativas que exercen o poder nun determinado territorio delimitado por unhas fronteiras.

Goberno: Institución política formada polo presidente e os ministros que exercen o poder executivo e orienta a política global do estado.

Soberanía: Calidade do poder político...

Seguir lendo "Conceptos políticos fundamentais e formas de goberno" »

Transformacións agrarias, artesanía e comercio no Antigo Réxime e século XVIII

Ciencias sociais2,78 KB

As transformacións agrarias

No Antigo Réxime a maior parte da poboación traballaba no campo, principalmente no cultivo de cereais, que nesta época constituían a base fundamental da alimentación.

As técnicas agrarias empregadas eran rudimentarias. Basicamente, consistían na rotación bienal ou trienal, deixando cada ano en barbeito a metade ou un terzo da terra. Por iso, os rendementos eran baixos.

Ademais, a maioría das terras eran señoríos en mans da nobreza e o clero, que lles cobraban numerosos impostos ou dereitos señoriais aos seus habitantes.

No século XVIII, a agricultura progresou. Así, difundíronse novos cultivos procedentes de América (millo, pataca...), que diversificaron a alimentación.

E implantáronse melloras técnicas...

Seguir lendo "Transformacións agrarias, artesanía e comercio no Antigo Réxime e século XVIII" »

Conceptos clave da Historia Antiga de Galicia

Ciencias sociais2,61 KB

Economía predadora

É aquela que se caracteriza por consumir os recursos da natureza sen xerar produción e que está baseada na caza de animais, a pesca e a recolección de froitos silvestres. É característica da Prehistoria na súa primeira fase ou Paleolítico. Oponse á economía produtiva, que consiste no desenvolvemento da agricultura e a gandaría.

Megalitismo

Cultura xurdida no Calcolítico ou Idade de Cobre (3500-2200 a.C.) en numerosas áreas peninsulares e europeas e caracterizada polas construcións, a maioría delas con finalidade funeraria, feitas a base de grandes pedras que dan nome á Cultura Megalítica. A súa tipoloxía é moi variada e de distinta complexidade: dólmenes, menhires, taulas…

Guerras cántabras

Supoñen a

...

Seguir lendo "Conceptos clave da Historia Antiga de Galicia" »