O Estado: Definición, Tipos e Funcións
O Estado
O Estado é a unidade política e administrativa superior que rexe un territorio e a cuxa autoridade se someten todos os seus habitantes. Está formado por:
- O territorio (delimitado por unhas fronteiras).
- A poboación (conxunto de cidadáns que teñen dereitos e obrigas).
- O poder do Estado (conxunto de leis e institucións):
- Policía: manter a orde pública.
- Exército: defender das agresións.
- Funcionarios: política.
- Corpo diplomático: relacións internacionais.
A Constitución
Unha Constitución é a lei máxima onde están reflectidos os dereitos e deberes dos cidadáns.
Por que é Galicia unha nación?
Porque ten un idioma e unha cultura propia.
A Diversidade dos Estados
O mundo ten 200 estados que se diferencian entre si. Uns son vellos e outros novos, uns son grandes e outros diminutos, e non todos son igual de poderosos.
As Funcións do Estado
Manteñen a orde pública, elaboran leis, regulan a economía, defenden o territorio, establecen relacións internacionais e proporcionan servizos.
O Estado de Benestar
A que ideoloxía política pertence?
É cando os gobernos interveñen na economía para que todos os cidadáns teñan un nivel de vida digno. Pertence aos impostos. Impoñen sanidade, educación e pensións para os xubilados.
Puntos que Caracterizan un Estado Democrático
Democracia = goberno do pobo.
- Participación dos cidadáns.
- Separación de poderes:
- Parlamento: poder lexislativo.
- Goberno: poder executivo.
- Xuíces: poder xudicial.
- Estado de dereito.
É España unha República?
Non, porque o xefe de Estado é un rei.
Características dunha Ditadura
- Os poderes do Estado contrólaos unha persoa ou grupo.
- Os cidadáns non participan no goberno.
- O goberno non respecta as leis, só as que el dita.
- Non existen institucións.
Segundo a Posición da Relixión os Estados Clasifícanse en:
- Estados laicos: separación total entre o Estado e a relixión.
- Estados confesionais: existe unha relixión oficial que goza de amplos privilexios.
- Teocracias: existe unha relixión oficial e os libros sagrados son a lei.
Monarquía e República
- Monarquía: o xefe de Estado é un rei.
- República: o xefe do Estado é un presidente.