Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Ciencias sociais

Estrutura Política, Estado de Benestar e Globalización: Conceptos Clave

Ciencias sociais3,13 KB

Definición e Funcións do Estado de Benestar

O Estado de Benestar defínese como aquel no que os estados, ademais de manter a orde, defender o territorio e establecer relacións internacionais, utilizan os impostos para garantir o benestar dos cidadáns.

Funcións do Estado de Benestar

Con diñeiro dos impostos, o Estado de Benestar:

  • Pon servizos públicos esenciais para os cidadáns, como a sanidade e os transportes públicos.
  • Dá subvencións para atender as necesidades da poboación.
  • Pon sistemas de pensións que permiten vivir dignamente á poboación xubilada.

Características do Estado de Dereito

As principais características dun Estado de Dereito son:

  1. Participación Cidadá no Goberno

    Os cidadáns participan no goberno. Como é difícil que

...
Seguir lendo "Estrutura Política, Estado de Benestar e Globalización: Conceptos Clave" »

A Revolución Industrial: Orixe, Factores Clave e Impacto

Ciencias sociais3,05 KB

A Revolución Industrial: Factores Impulsores

A Revolución Industrial tivo a súa orixe en Gran Bretaña a mediados do século XVIII. Estes factores explican por que Gran Bretaña foi a pioneira e se converteu no primeiro país industrial:

  • Un sistema político no que o poder da monarquía estaba limitado polo Parlamento desde o século XVII.
  • Un crecemento da poboación que implicou o aumento da demanda de produtos e a dispoñibilidade de man de obra para as novas fábricas.
  • Abundancia de recursos e materias primas como o carbón.
  • Facilidade de transporte a través de ríos e canles.
  • A posesión dun imperio colonial que permitiu un doado acceso ás novas materias primas e xerou un gran mercado para exportar a produción industrial.

Revolucións Paralelas

...
Seguir lendo "A Revolución Industrial: Orixe, Factores Clave e Impacto" »

Guía Completa: Industria, Gandería e Análise Literaria en Galego

Ciencias sociais2,95 KB

Evolución da Industria: Da Artesanal á Actualidade

A Industria Artesanal (Ata mediados do s. XVIII)

  • O traballo industrial realizábase a man, con instrumentos tradicionais e fontes de enerxía pouco potentes.
  • A produción era escasa e única.
  • Levábase a cabo en pequenos talleres pertencentes a un mestre, situados de forma dispersa, aínda que nas cidades.

A Industria Moderna (Primeira e Segunda Revolución Industrial)

  • Xurdiu tras a Primeira Revolución Industrial e remata a finais da Segunda Revolución Industrial.
  • O traballo comeza a realizarse con máquinas movidas por fontes de enerxía potentes.
  • A produción era barata, abundante e homoxénea.

A Industria Actual (Dende mediados do s. XX)

  • Comeza a mediados do século XX e chega á actualidade.
  • O
...
Seguir lendo "Guía Completa: Industria, Gandería e Análise Literaria en Galego" »

Formas Políticas e o Estado: Pensadores, Compoñentes e Democracia

Ciencias sociais3,03 KB

Formas Políticas e Pensadores Clave

  • Maquiavelo

    Escribe sobre os tipos máis efectivos de goberno dende diversos puntos de vista.
  • Thomas More

    Na súa obra Utopía reflexiona sobre unha sociedade ideal.
  • Thomas Hobbes

    No seu libro máis coñecido, Leviatán, defende que o ser humano é malo por natureza.
  • Bossuet

    É quen mellor representa o absolutismo.
  • John Locke

    É un dos iniciadores da corrente liberal en política.
  • Montesquieu

    Perfecciona as ideas de Locke sobre a separación de poderes ao concretala en tres: lexislativo, executivo e xudicial.
  • Rousseau

    Contradí as teorías de Hobbes ao defender que o ser humano é bo por natureza e é a sociedade quen corrompe esta bondade.

As Compoñentes Fundamentais dun Estado

  • Territorio Delimitado: Un espazo trazado
...
Seguir lendo "Formas Políticas e o Estado: Pensadores, Compoñentes e Democracia" »

Transición española cara á democracia: inicios e construción

Ciencias sociais4,03 KB

Transición española cara á democracia: inicios e construción

Inicios de la Transición

 
En noviembre de 1975 las cortes proclamaban a Juan Carlos de Borbón rey de España. El objetivo era que el rey mantuviese un régimen político no democrático. Las alternativas que se abrían en España eran 3:
A. La continuidad del régimen defendida por los sectores inmovilistas del franquismo.
B. La desaparición del régimen, propuesta por los partidos de la oposición.
C. La reforma del sistema.
La primera decisión del rey fue confirmar a Arias Navarro como presidente del Gobierno. Este gobierno fracasó en el intento de iniciar un proceso de reformas y respondió a las protestas sociales. La oposición se movilizó solicitando libertad de expresión
...
Seguir lendo "Transición española cara á democracia: inicios e construción" »

Comercio Mundial e Turismo: Eixes, UE e Destinos Globais

Ciencias sociais3,4 KB

Novos Eixes Comerciais Globais

Desde finais do século XX, a globalización, o crecemento dos novos países industrializados e a crise económica de 2007 modificaron a situación do comercio mundial.

  • O Eixe USA-China: Motor do Comercio Mundial

    O eixe USA-China concentra a maior porcentaxe das exportacións e importacións mundiais. Entre ambos países estableceuse un grande eixe comercial baseado no enorme crecemento das exportacións de produtos manufacturados chineses a EEUU.

  • Outros Novos Eixes Comerciais Emerxentes

    Os países emerxentes estanse convertendo nos principais protagonistas do actual crecemento económico. Por iso están aumentando:

    • Os fluxos comerciais de Asia, África e América Latina.
    • Os fluxos entre os países emerxentes: fundamentalmente
...
Seguir lendo "Comercio Mundial e Turismo: Eixes, UE e Destinos Globais" »

Impacto da Segunda Revolución Industrial e o Colonialismo

Ciencias sociais4,43 KB

A Segunda Revolución Industrial e o Imperialismo Europeo

Innovacións e Organización do Traballo

A Segunda Revolución Industrial baseouse en:

  • Uso de novas fontes de enerxía como a electricidade, que era máis limpa e máis barata que o carbón e tiña diversos usos en calquera ámbito.
  • Novos medios de transporte máis baratos e eficientes como o metro e o tranvía, e os primeiros automóbiles que eran movidos con derivados do petróleo.
  • Expansión das redes de telegrafía que permitiron a transmisión instantánea de información.
  • Novos produtos como o vidro, caucho, fertilizantes, etc., que impulsaron novos sectores produtivos.

A estas innovacións tecnolóxicas acompañounas unha nova organización do traballo: o taylorismo, que consistía en...

Seguir lendo "Impacto da Segunda Revolución Industrial e o Colonialismo" »

Crecemento Demográfico, Agrícola e Cultural na Europa do Século XV

Ciencias sociais2,37 KB

Crecemento Demográfico e Agrícola no Século XV

No século XV en Europa, coa desaparición das grandes epidemias, produciuse un incremento da poboación. Isto propiciou o desenvolvemento da agricultura e o comercio.

Auxe da Banca

A falta de capitais para a financiamento de viaxes e mercadorías fixo que a banca aumentase a súa importancia como prestamista de capitais. Para facilitar isto, creáronse as letras de cambio e a necesidade de moeda aumentou a explotación das minas.

Burguesía

Beneficiouse do aumento do comercio.

Monarquía Autoritaria

Modelo de organización do poder.

Humanismo

No século XV, naceu en Italia unha nova forma de pensar que poñía o home no centro do universo.

Características:

  • Interese pola ciencia.
  • Inspiración na cultura
...
Seguir lendo "Crecemento Demográfico, Agrícola e Cultural na Europa do Século XV" »

Sociedade e Cultura: Lingua, Relixión e Clases

Ciencias sociais5 KB

Sociedade e Cultura

Sociedade

Sociedade: Grupo organizado de persoas que comparten unha parte xeográfica da terra, dependen unhas das outras e teñen que cumprir unhas normas de convivencia xerais.

Entre os elementos dunha sociedade, destacan:

  • A lingua como sistema de comunicación.
  • Organización económica (traballo, tipo de propiedade, produción, distribución, etc.).
  • Modo de organizar o poder político.

Cultura

Cultura: Estilo de vida dunha sociedade referida á forma de vivir, pensar, actuar, sentir. Na cultura inflúe: a lingua, a relixión, a forma de vestir, de relacionarse, de traballar, costumes familiares, etc.

Clasificación da cultura

  • Desde o punto de vista da súa evolución:
    • Estáticas: Non trocan de hábitos e costumes durante varias
...
Seguir lendo "Sociedade e Cultura: Lingua, Relixión e Clases" »

Contexto da Literatura Galega Medieval: Orixes e Formas

Ciencias sociais4,65 KB

Contexto da Literatura Galega Medieval

Alta Idade Media (s. V - mediados XI)

Caracterizada por unha economía de subsistencia (agraria), pola perda da unidade política e administrativa debido ás constantes guerras e invasións que xeraron un clima de inseguridade. Esta situación propicia que os nobres terratenentes protexan aos pequenos propietarios, dando lugar a un novo sistema social (feudalismo) a partir do s. XIII. A cultura concéntrase nos mosteiros, onde estaban os monxes, que eran case os únicos que sabían ler e escribir. Dedícanse a recoller coñecementos da época e copiar textos.

Baixa Idade Media (mediados s. XI - finais XV)

Sociedade na Baixa Idade Media

Prodúcese un rexurdir da vida urbana que dará lugar ao desenvolvemento...

Seguir lendo "Contexto da Literatura Galega Medieval: Orixes e Formas" »