Conceptos políticos fundamentais e formas de goberno
Conceptos políticos fundamentais
Democracia: réxime político que organiza as sociedades, goberno do pobo para o pobo.
Réxime político: Conxunto de principios, normas, accións e institucións que regulan a actividade política nun determinado estado.
Réxime democrático: é o que mellor permite ás cidadás e cidadáns expresar a súa opinión, é o que mellor protexe os dereitos fundamentais dos seres humanos.
Estado: Conxunto de institucións políticas, xurídicas e administrativas que exercen o poder nun determinado territorio delimitado por unhas fronteiras.
Goberno: Institución política formada polo presidente e os ministros que exercen o poder executivo e orienta a política global do estado.
Soberanía: Calidade do poder político dun estado ou dun organismo que non está sometido a ningún outro poder.
Referendo: Consulta formulada polo goberno ao corpo electoral sobre opcións alternativas, que se reserva para modificacións de aspectos constitucionais e de política exterior.
Voto: Instrumento a través do que se manifesta politicamente a vontade do corpo electoral, expresando así a preferencia por unha persoa, ideoloxía ou proposta.
Estado de dereito: É o que está regulado, controlado e sometido ao imperio da lei.
Formas de goberno
Réxime non democrático
O poder é exercido por unha persoa ou institucións sen atender á poboación.
Monarquía
É a forma de goberno na que a máxima autoridade política reside nun só individuo, xefe de estado, que exerce esa autoridade con carácter vitalicio.
Monarquía absoluta
O monarca exerce todos os poderes do estado sen limitación.
Monarquía constitucional
As atribucións do monarca están limitadas pola Constitución, pero esta lle concede parte do poder executivo e do lexislativo.
Monarquía parlamentaria
O poder do monarca está limitado polo parlamento constitucional. Os monarcas reinan pero non gobernan.
República
Forma de goberno na que os poderes do xefe de estado non se transfiren de forma hereditaria, senón que é elixido polo corpo electoral para que este exerza as funcións nun período de tempo determinado.
Estados unitarios
Son aqueles nos que existe un único poder orixinario, soberano, con capacidade de exercer a dirección política e de elaboración de leis.
Estados federais
Son unidades políticas soberanas (estado, nacións) con un alto grao de autogoberno.