Control do poder nas democracias e nos Estados autoritarios
Quen controla o poder?
Nas democracias controlan o poder o Parlamento, os Tribunais de Xustiza e o pobo. Ademais, os mecanismos de control do poder están recollidos na Constitución.
No Parlamento os partidos da oposición controlan a acción do Goberno e fan públicos os aspectos nos que cren que non actúa correctamente. Cando hai algún asunto do que se cuestiona a súa legalidade, podense crear comisións de investigación.
Nos Estados autoritarios non existen controis á acción do ditador, que pode actuar impunemente. El mesmo e, tamén, quen controla enomea os xuíces e magistrados. Ademais, non existe unha Constitución que lle poña límites ao seu poder
Monarquia
Na monarquia, a xefatura do Estado ocupa un monarca, rei, tsar ou emperador con carácter hereditario e vitalicio, é dicir, mentres viva.
As monarquías poden ser parlamentarias ou autoritarias.
República
Nun sistema republicano, o xefe do estado ou presidente da república é elixido e as súas funcións non se poden converter en hereditarias.
Hai repúblicas que padeceron reximes ditatoriais.
A organización das Nacións Unidas (ONU)
Os seus obxectivos básicos son:
- Promover o mantemento da paz e da seguridade internacional
- Impulsar a cooperación internacional para a solución dos conflitos
- Promover e estimular o respecto polos dereitos humanos e as liberdades fundamentais para todos
Os países fundadores reserváronse o dereito de veto, que lles permite impedir que a ONU poida tomar resolución se algún deles se opón.
Os reximes políticos
Cal é a orixe do poder?
Nos reximes democráticos o poder corresponde aos cidadáns; é o principio coñecido como soberanía popular, é dicir, o poder é do pobo que llo cede aos gobernantes a través de eleccións libres.
Os cidadáns poden elixir os seus representantes pero tamén poden manifestar a súa opinión contraria ao goberno.
Nos reximes autoritarios o poder corresponde a unha persoa. O ditador podeo obter pola forza, nun golpe de estado.
Os cidadáns non poden elixir os seus representantes nin existe liberdade para expresar desacordos co Goberno.
Como se exerce o poder?
Nos Estados democráticos o poder exérceo o Parlamento e o Goberno.
Todos os gobernantes están suxeitos á lei, deben gobernar respetando unhas leis, a máis importante: a Constitución.
Ademais, os cidadáns poden recorrer aos tribunais de Xustiza se cren que algunha acción do Goberno ou da Administración os perjudica ou incumple a lei.