Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Ciencias sociais

Sector Terciario: Definicións Clave, Turismo e Transporte en Galicia

Ciencias sociais3,05 KB

Actividades do Sector Terciario ou Servizos

1. Definición do Sector Terciario. O sector terciario ou sector servizos acolle as actividades que proporcionan servizos destinados a satisfacer as necesidades das persoas ou doutros sectores produtivos.

2. O Transporte no Sector Terciario

Definición de transporte no contexto do sector terciario: O transporte é a actividade que traslada persoas e mercadorías entre dous ou máis lugares.

3. O Turismo no Sector Terciario

Definición de turismo no contexto do sector terciario: O turismo é o desprazamento temporal de persoas desde o seu lugar de residencia cara a outros lugares con fins, xeralmente, de ocio.

4. O Comercio no Sector Terciario

Definición de comercio no contexto do sector terciario: O comercio...

Seguir lendo "Sector Terciario: Definicións Clave, Turismo e Transporte en Galicia" »

Estado, soberanía e democracia: conceptos fundamentais en galego

Ciencias sociais2,77 KB

Estado

Estado: formación política histórica plasmada nun agrupamento de institucións coa finalidade de administrar eses poderes.

Soberanía

Soberanía: poder: ter capacidade de tomar decisións e levalas á práctica.

Administración

Administración: conxunto de institucións dun Estado encargado de levar á práctica as decisións adoptadas.

Sufraxio

Sufraxio: O sufraxio universal consiste no dereito ao voto de toda a poboación dun Estado. O sufraxio censitario consiste no dereito ao voto só na parte da poboación que conta con certas características que lle permitirán estar inscritas nun censo electoral.

Democracia

Democracia: forma de goberno na que a soberanía pertence ao pobo, que elixe os seus representantes mediante eleccións libres....

Seguir lendo "Estado, soberanía e democracia: conceptos fundamentais en galego" »

Estado, Unión Europea, ONU e ONG: conceptos fundamentais

Ciencias sociais6,84 KB

Estado, territorio e soberanía

Estado: é unha organización política e administrativa que goberna un territorio de forma independente.

Territorio: é o espazo xeográfico sobre o que o Estado exerce o seu poder. As fronteiras sepárano doutros Estados.

Soberanía: é a capacidade de tomar decisións vinculantes para a poboación dun Estado no marco do seu territorio.

Tipoloxía de Estados

Estado centralizado puro ou unitario

Estado centralizado puro ou unitario: é aquel no que todas as competencias recaen na Administración central que as exerce de forma total e exclusiva (Ex.: Mónaco).

Estado centralizado con descentralización administrativa

Estado centralizado con descentralización administrativa: é aquel no que as competencias residen nas...

Seguir lendo "Estado, Unión Europea, ONU e ONG: conceptos fundamentais" »

Os Grandes Imperios Coloniais: Expansión e Conflitos

Ciencias sociais2,34 KB

Os grandes imperios coloniais

  • Imperio británico: Foi o máis grande dos imperios. Os seus intereses básicos centráronse fundamentalmente na India, a "xoia da Coroa", e no control das principais rutas comerciais. Dentro do imperio colonial británico cómpre destacar un tipo especial de colonias: os dominios, que son aquelas zonas de ultramar nas que se instalaron importantes continxentes de poboación inglesa.
  • Imperio francés: Francia foi a potencia que logrou formar un imperio colonial de importancia mundial. No entanto, a súa expansión foi máis reducida e orientouse, principalmente, ao control da África mediterránea e do Extremo Oriente asiático.
  • Alemaña: Non amosou un excesivo interese pola carreira colonial. O seu chanceler, Bismarck,
...
Seguir lendo "Os Grandes Imperios Coloniais: Expansión e Conflitos" »

Poboación e Economía de Europa no Século XVII

Ciencias sociais2,78 KB

Poboación e economía de Europa

Estancamento demográfico

A poboación europea creceu pouco no século XVII, pasando de 106 a 130 millóns de persoas. As causas deste escaso crecemento foron:

  • As malas colleitas.
  • A dureza da Guerra dos Trinta Anos.
  • O rebrote da peste (1650-1670).

En moitos países, especialmente nos mediterráneos e no sur de Europa, a poboación decreceu.

Crise agraria e artesanal

A produción agraria descendeu polas anomalías climáticas, as guerras e as deficiencias técnicas. Esta crise afectou principalmente a Europa oriental e mediterránea. Pola contra, os Países Baixos e Inglaterra adoptaron novas técnicas para conservar a fertilidade do solo, como a substitución do barbeito por plantas forrageiras e a selección das especies...

Seguir lendo "Poboación e Economía de Europa no Século XVII" »

Formas de Goberno e Organización do Estado

Ciencias sociais3,04 KB

A ditadura

Nunha ditadura, o poder está ocupado por un individuo ou un grupo que controla todos os poderes do Estado e non permite a sucesión. Neste caso, o goberno dita as leis e os cidadáns simplemente deben obedecer. Non hai dereitos humanos (liberdades básicas) e aplícase sistematicamente a represión.

As ditaduras instáuranse de xeito violento (como un golpe de Estado ou unha guerra civil).

A república

Nunha república, a xefatura está nun presidente. É un cargo electivo e temporal.

Pode haber dous modelos:

  • Presidencial: O xefe do Estado tamén goberna, como nos Estados Unidos.
  • Parlamentaria: Hai un presidente da República que é xefe de Estado e un primeiro ministro ou presidente do Goberno, como en Alemaña.

Organización territorial

...
Seguir lendo "Formas de Goberno e Organización do Estado" »

Estados e réximes: democracia, autoritarismo e conceptos

Ciencias sociais2,75 KB

Estados e réximes políticos

Estados democráticos

Son os cidadáns os que deciden. Eles elixen os seus representantes políticos mediante eleccións libres. Os representantes forman asembleas que designan os membros dos gobernos que controlan a actuación.

Estados autoritarios

Neles a poboación carece de liberdades e o poder é exercido por unha persoa, un grupo político ou outro tipo de organización, suplantando a vontade popular.

Principios e organización dos réximes democráticos

Estados unitarios

Son aqueles en que o poder se exerce dentro dun centro, no cal se toman as decisións que afectan ao conxunto do territorio.

Estados federais

O poder repartese entre o goberno federal e os territorios que forman a federación. O goberno federal encárgase...

Seguir lendo "Estados e réximes: democracia, autoritarismo e conceptos" »

Xestión Integral de Residuos: Vertedoiros, Tipos e Tratamentos

Ciencias sociais6,82 KB

Clasificación dos Vertedoiros

Segundo o tratamento que se aplique aos residuos no vertedoiro, existen os seguintes tipos:

  • Baixa densidade con cobertura.
  • Media densidade con cobertura.
  • Alta densidade con trituración previa á vertedura.
  • Alta densidade con trituración in situ.
  • Alta densidade en balas.

A) Vertedoiro de Baixa Densidade con Cobertura

Vantaxes

  • De todos os tipos, son os que menores custos de maquinaria e persoal implican.
  • Axeitado para vertedoiros pequenos.
  • A fermentación anaerobia implántase rapidamente, se existe humidade suficiente, adiantando así a estabilización do vertedoiro.

Desvantaxes

  • Son os que maiores requirimentos de terreo presentan.
  • O baixo grao de compactación favorece a infiltración de augas de choiva, podendo incrementar
...
Seguir lendo "Xestión Integral de Residuos: Vertedoiros, Tipos e Tratamentos" »

O Estado: Territorio, Poboación, Poder e Democracia

Ciencias sociais4,12 KB

O Estado: é un conxunto de institucións creadas para organizar as vidas das persoas que viven nun mesmo territorio e que están gobernadas por unhas mesmas leis baixo un mesmo poder.

O territorio

O territorio: os estados posúen un territorio sobre o que exercen o poder. O territorio estatal está delimitado por fronteiras. Máis alá das fronteiras, o Estado non pode adoptar decisións nin impoñelas; se así non fose, poderíanse producir conflitos entre estados.

A poboación

A poboación: as persoas que viven nun territorio estatal están sometidas ao seu poder e ás súas leis; teñen unha serie de dereitos e obrigacións que lles afectan por igual a todos os cidadáns. Nun mesmo estado poden vivir persoas de diferentes culturas e nacionalidades....

Seguir lendo "O Estado: Territorio, Poboación, Poder e Democracia" »

Nacións Unidas e institucións da UE: resumo esencial

Ciencias sociais3,24 KB

Nacións Unidas

Órganos principais

  • Secretario Xeral: Actúa como voceiro da comunidade internacional. Nomeado pola Asemblea Xeral.
  • Asemblea Xeral: É o principal órgano deliberativo. Está composta por representantes de todos os Estados membros.
  • Consello de Seguridade: A súa misión é manter a paz e a seguridade. Formano 15 membros, 5 deles con dereito a veto (EUA, Rusia, Reino Unido, Francia e China). As súas decisións son de obrigado cumprimento.

Organismos especializados

  • UNICEF: Promove a protección, a supervivencia e o desenvolvemento dos nenos no mundo.
  • UNESCO: Contribúe á paz e á seguridade no mundo mediante a educación, a ciencia, a cultura e as comunicacións.
  • FAO: Organiza programas para mellorar a nutrición da poboación.
  • OMS:
...
Seguir lendo "Nacións Unidas e institucións da UE: resumo esencial" »