Normalización do galego: retos e avances
A diglosia e os prexuízos lingüísticos
En Galicia existe, desde finais da Idade Media, unha situación de diglosia ou bilingüismo diglósico, é dicir, a coexistencia desequilibrada de dúas linguas, usadas en ámbitos distintos e que teñen un valor social diferente: unha lingua en expansión, o castelán, que foi ocupando progresivamente os ámbitos e as funcións de prestixio (medios de comunicación, ensino, ciencia...); e unha lingua minorizada, o galego, lingua propia que sofre un proceso de substitución lingüística ao ser desprazada dos usos de prestixio e quedar relegada ás funcións informais, cotiás e familiares. Esta marxinación do galego provocou que se asentase en boa parte da sociedade un fondo complexo de inferioridade...