Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Bacharelato

Grupo Nós e revista Nós: autores, obras e influencia galega

Outras linguas estranxeiras3,27 KB

O Grupo Nós

O Grupo Nós: orixinado no cenáculo ourensán, integrado por fillos de familias acomodadas con inquietudes intelectuais que rexeitan o medio social en que viven.

En 1918 únense ás Irmandades da Fala e descubren o galeguismo (revelación).
Membros do Grupo Nós: ampla formación intelectual e espírito aberto e innovador. Incorporan á literatura galega temas universais e do folclore. Estabelecen vínculo entre a cultura galega e Europa.

A revista Nós

A revista Nós: outubro de 1920, proxecto emblemático do grupo. Dirixida por Vicente Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas, Castelao e Anxel Casal. 1920–1936: 144 números.

Obxectivo: europeizar e universalizar a cultura galega.

Vicente Risco (1884–1963, Ourense)

Narrativa

  • a) Modernista:
...
Seguir lendo "Grupo Nós e revista Nós: autores, obras e influencia galega" »

O Rexurdimento: Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal

Outras linguas estranxeiras16,79 KB

  1. Manuel Curros Enríquez

Manuel Curros Enríquez naceu en Celanova en 1851, de onde fuxiu á idade de 15 anos por mor das tensas relacións familiares. Instalouse en Madrid a fins de 1866, cidade onde fixo o bacharelato e comezou a carreira de Dereito, ao tempo que se implicaba na vida política e colaboraba na prensa. Nesta época, tanto a través da súa obra xornalística como da literaria, podemos ver a ideoloxía republicana e progresista de Curros que, como moitos intelectuais da súa época, acreditaba en que o progreso científico, o dereito e a educación traerían a felicidade a todos os homes. O seu ideal de goberno era unha democracia burguesa, laica e progresista, e de aí o seu anticlericalismo, posto que a Igrexa era un dos piares...

Seguir lendo "O Rexurdimento: Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal" »

A Nova Narrativa Galega (NNG) e a Obra de Carlos Casares

Outras linguas estranxeiras3,76 KB

A Nova Narrativa Galega (NNG)

Pertencen á Nova Narrativa Galega (NNG) as obras publicadas entre 1954, coa publicación de Nasce nunha árbore de Gonzalo Mondullo, e 1971, coa publicación de Adeus, María de Xohana Torres.

Os autores que a compoñen participan dalgunhas características comúns, como pode ser a orixe social ou a formación universitaria, e teñen os mesmos obxectivos:

  • A renovación da narrativa galega.
  • O mantemento dunha actividade cultural e política galeguista.
  • A recuperación das Festas Minervais.
  • A participación na aparición do nacionalismo de esquerdas (UPG e PSG, na clandestinidade).

Teñen total compromiso coa lingua galega e soamente escriben en galego.

Características da NNG

Algunhas das características da NNG son:

  • Expresión
...
Seguir lendo "A Nova Narrativa Galega (NNG) e a Obra de Carlos Casares" »

Espazo rural e explotacións agrarias en España

Xeografía2,37 KB

O espazo rural

O espazo rural é o territorio non urbanizado da superficie terrestre. Tradicionalmente foi, case en exclusiva, un espazo agrario onde se desenvolvían as actividades agrícolas, gandeiras e forestais. Non obstante, desde a década de 1970 introducíronse outras actividades, como as residenciais, industriais, de servizos, recreativas e paisaxísticas e de conservación. Como consecuencia, o espazo rural volveuse máis heteroxéneo e complexo.

As explotacións agrarias

Unha explotación agraria é unha unidade económica que agrupa todas as parcelas traballadas por un mesmo agricultor ou gandeiro, xunto coas instalacións complementarias (granxas, almacéns, silos…), aínda que non todas as terras sexan da súa propiedade e estean...

Seguir lendo "Espazo rural e explotacións agrarias en España" »

A Revolución Gloriosa de 1868: Liberalismo Democrático en España

Historia3,06 KB

A Revolución Gloriosa (1868)

A Revolución Gloriosa (1868) foi protagonizada por todas as forzas opositoras e supuxo a expulsión dos Borbóns do trono de España, liderada por Isabel II. Abriu a posibilidade de configurar un novo sistema político baseado nos principios do liberalismo democrático.

Os demócratas constituíron unha minoría radical, dividida entre os partidarios da monarquía e os partidarios da república.

Principios do Liberalismo Democrático

O liberalismo democrático defendía:

  • Soberanía Popular: A fonte do poder é a nación, identificada co pobo.
  • Participación Popular: Todos os homes teñen dereitos políticos iguais e, polo tanto, poden participar co seu voto nas eleccións dos diferentes representantes públicos.
  • Ríxida
...
Seguir lendo "A Revolución Gloriosa de 1868: Liberalismo Democrático en España" »

Historia do Teatro Galego: Represión, Exilio e Xeración Abrente

Lingua e literatura3,17 KB

O Teatro Galego Baixo o Franquismo e o Exilio

A prohibición dos usos públicos da lingua galega ocasionou a desaparición das representacións durante os primeiros anos do franquismo. A aposta polo xénero levada a cabo pola Xeración "Nós" viuse truncada pola imposibilidade de representar as obras.

A Actividade Teatral no Exilio (Ata os 50)

Ata mediados dos anos 50, a actividade desprazouse ao exilio, onde se conseguiu recuperar, sobre todo en Buenos Aires. Alí estreouse en 1914 Os vellos non deben de namorarse, de Castelao, cunha enorme repercusión dadas as circunstancias polas que estaba a pasar a cultura en Galicia. Mentres, o teatro en Galicia vivía sumido nunha depresión profunda.

Autores Clave da Posguerra: A Xeración dos 50

Son os...

Seguir lendo "Historia do Teatro Galego: Represión, Exilio e Xeración Abrente" »

Cantigas de Santa María: Análise da Lírica Galego-Portuguesa Medieval

Lingua e literatura4,35 KB

Cancioneiro Relixioso: Cantigas de Santa María

Por imitación da lírica profana amorosa, na segunda metade do século XIII, xurdiu a lírica relixiosa galego-portuguesa, representada polas Cantigas de Santa María. Trátase de 427 composicións, da autoría de Afonso X, xurdidas como consecuencia do afervoado culto á Virxe, que se produciu sobre todo a partir do século XI.

A intención creadora non era outra que a de agasallar ao Papa, co obxectivo de convencelo para que primase a Sé episcopal de Toledo sobre a de Santiago de Compostela. Pode parecer paradóxico que o rei sabio usase a lingua galega para conseguir un obxectivo desfavorábel para Galicia, mais debemos ter en conta que, na Idade Media, considerábase na maioría da Península...

Seguir lendo "Cantigas de Santa María: Análise da Lírica Galego-Portuguesa Medieval" »

Refuxiados e exiliados na Guerra Civil: memoria e perdas

Historia3,54 KB

Refuxiados e exiliados na Guerra Civil

O medo e o terror que levaba consigo o avance das tropas rebeldes e a represión coa que se empregaban nos pobos e cidades que conquistaban obrigaron, xa desde o comezo da guerra, a que tiveron lugar dramáticos desprazamentos de persoas que fuxían cara ás zonas que aínda estaban baixo o control da República, especialmente o Levante e Cataluña. A poboación do norte peninsular só puido fuxir por mar cara a outros países.

Evacuación de nenas e nenos

Nun contexto de guerra, un feito dramático foi a evacuación de máis de 13.000 nenos e nenas que abandonaron España camiño doutros países europeos, América ou a URSS. Estas evacuacións marcaron xeracións e forman parte esencial da memoria do exilio...

Seguir lendo "Refuxiados e exiliados na Guerra Civil: memoria e perdas" »

O Galego baixo o Franquismo (1936-1978): Represión e Recuperación Cultural

Lingua e literatura2,89 KB

O galego (1936-1978): Contexto histórico e situación sociolingüística

A represión e o exilio (1936)

O estalido da Guerra Civil Española e a superioridade dos sublevados contribuíron a unha forte represión xeneralizada no territorio galegofalante. As consecuencias para os intelectuais foron severas:

  • Moitos autores morreron, como Ánxel Casal ou Alexandre Bóveda.
  • Outros, como Otero Pedrayo, pagaron con expedientes ou coa cadea.
  • Un gran número de escritores tiveron que emigrar. Castelao é un dos máis claros exemplos de autores que foron obrigados a fuxir do país.

Bos Aires: Capital da cultura galega no exilio

O apoxeo literario anterior viuse reducido ao silencio. Os intelectuais exiliados foron os encargados de manter viva a cultura galega...

Seguir lendo "O Galego baixo o Franquismo (1936-1978): Represión e Recuperación Cultural" »

O Desastre do 98: Causas e Consecuencias da Perda de Cuba

Historia2,94 KB

O Desastre do 98: A Perda das Últimas Colonias

O Desastre do 98: En Cuba xurdiu un sentimento nacionalista con ansias de que España tratase mellor a illa. Dende España non se respondeu a estas peticións e comezou a Guerra dos 10 Anos.

A Paz de Zanjón e o Fracaso das Reformas

Entre os obxectivos do sistema da Restauración atopábase o de pacificar o país, e isto incluía por fin esta guerra. En 1878 asinouse a Paz de Zanjón con este fin, mais isto non solucionou o problema, posto que dende a Península fíxose caso omiso das peticións dos cubanos, e debido a isto apareceu un sentimento de rexeitamento na illa.

Partidos Políticos en Cuba

Rematada a guerra, formáronse en Cuba dous partidos:

  • O Partido Autonomista, composto por cubanos e que
...
Seguir lendo "O Desastre do 98: Causas e Consecuencias da Perda de Cuba" »