Historia do Teatro Galego: Represión, Exilio e Xeración Abrente

Lingua e literatura3,17 KB

O Teatro Galego Baixo o Franquismo e o Exilio

A prohibición dos usos públicos da lingua galega ocasionou a desaparición das representacións durante os primeiros anos do franquismo. A aposta polo xénero levada a cabo pola Xeración "Nós" viuse truncada pola imposibilidade de representar as obras.

A Actividade Teatral no Exilio (Ata os 50)

Ata mediados dos anos 50, a actividade desprazouse ao exilio, onde se conseguiu recuperar, sobre todo en Buenos Aires. Alí estreouse en 1914 Os vellos non deben de namorarse, de Castelao, cunha enorme repercusión dadas as circunstancias polas que estaba a pasar a cultura en Galicia. Mentres, o teatro en Galicia vivía sumido nunha depresión profunda.

Autores Clave da Posguerra: A Xeración dos 50

Son os poucos autores que se decantaron polo xénero na época da ditadura. Entre eles cabe destacar:

  • Mariña del Valle: Explorou o teatro alegórico en pezas como A revolta.
  • Álvaro Cunqueiro: Considerado o gran dramaturgo galego. En O incerto señor don Hamlet achegouse á reescritura dos mitos, afastándose do teatro costumista. Outras obras súas son A noite vai coma un río e Función de Romeo e Xulieta (incluída na súa obra titulada As Crónicas de Sochantre).
  • Ricardo Carballo Calero: Iniciou a súa andaina teatral na posguerra. Destaca Teatro completo.
  • Xohana Torres: Con Á outra banda do Íber, obra na que se achega á alegoría política e á realidade social de Galicia.

Outras Contribucións ao Teatro de Posguerra

Debemos ter en conta tamén a Xohana Torres con Á outra banda do Íber, obra na que se achega á alegoría política e á realidade social de Galicia. Nestes anos iniciou Manuel María con obras como Auto do taberneiro. Daniel Cortezón, Franco Grande e Bernardino Graña son autores que tamén contribuíron ao teatro de posguerra.

O Grupo de Ribadavia: Primeiros Signos de Cambio

Contra finais dos anos 60 tiveron lugar unha serie de acontecementos que foron transformando o panorama teatral e iniciando un proceso de normalización no mesmo:

  • A fundación en 1976 do Teatro Circo de Manuel Lourenzo, primeiro grupo de teatro independente galego.
  • A celebración anual en Ribadavia dende 1973 da Mostra Teatral, organizada pola Asociación Cultural Abrente.

A Xeración Abrente e o Debate Teatral

A actividade cultural xurdida arredor de dita mostra foi fundamental para a recuperación do teatro neses anos. O foro acolleu o debate entre as dúas tendencias que se propoñían para o teatro galego:

  1. A popular e ruralista.
  2. A innovadora e vangardista.

Os autores que se deron a coñecer denomináronse Xeración Abrente e foron: Manuel Lourenzo, Roberto Vidal Bolaño e Euloxio Ruibal.

Descargar

PDF Word HTML