Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Bacharelato

Poesía galega: Antonio Noriega Varela e Ramón Cabanillas

Outras linguas estranxeirasActualizado o 3,07 KB

  • Antonio Noriega Varela: coñecido como o ``poeta da montaña´´. Promoveu periódicos como ``Guau... Guau´´. É autor dunha soa obra que foi ampliando ao longo da vida. A primeira edición foi ``Montañesas´´ e a partir da terceira cambiou o título a ``Do ermo´´, o que sinala unha nova orientación estética. A poesía de Noriega pódese dividir en dous estratos: o primeiro enmárcase na liña do ruralismo costumista decimonónico, e o segundo está composto por poemas de influencia modernista e saudosista, cun certo ``franciscanismo´´.


  • Ramón Cabanillas: Encádrase na Xeración das Irmandades. Acaba aliñándose co sector máis conservador e culturalista das Irmandades e comparte cos membros do grupo unha profunda relixiosidade, unha
...
Seguir lendo "Poesía galega: Antonio Noriega Varela e Ramón Cabanillas" »

Cantigas galego-portuguesas: cantigas de amigo e de amor, características e amor cortés

Lingua e literaturaActualizado o 3,49 KB

LIÑA DO TEMPO:

NACEMENTO GALEGO-PORTUGUÉS (S.VIII-S.XII) INICIO PRIMEIRAS CANTIGAS GALEGO-PORTUGUÉS (S.XII) ESPLENDOR TROBADORESCO DECADENCIA LÍRICA (S.XIV - S.XV) SECULOS ESCUROS (S.XVI - S.XVII) RENACEMENTO REXURDIMENTO CONTEMPORANEIDADE (S.XIX, S.XX, S.XXI).

CANTIGAS DE AMIGO: Orixe Autóctona

Ondas do mar: Sentimentos das Persoas A AUGA: Cando está todo moi calmado, significa que vai pasar algo A alva: Momento triste no que se separan os namorados as aves: representan a liberdade, seducción e namoramento o cervo: representa ao home o vento: elemento masculino que esperta a sexualidade feminina A camisa: representa ao home (cando a dona di que vai a lavar as camisas significa coito) lavar os cabelos: manifestación da sensualidade

...
Seguir lendo "Cantigas galego-portuguesas: cantigas de amigo e de amor, características e amor cortés" »

Estereotipos e prexuízos sobre a lingua galega e o seu impacto nos usos

Lingua e literaturaActualizado o 2,64 KB

Estereotipos e prexuízos lingüísticos e a súa repercusión nos usos

Como institucións sociais, as linguas non son alleas aos estereotipos, aos prexuízos ou ás valoracións negativas. Todas estas ideas preconcibidas inflúen, pola súa vez, na percepción e nos usos lingüísticos dos cidadáns, que poden mesmo provocar nalgúns galegos un complexo de inferioridade con respecto á súa lingua inicial (autoodio).

Entre os prexuízos que existen sobre a lingua galega hai algúns que veñen xa de vello (o galego é lingua de pobres, ou lingua de pailáns), pero hainos tamén modernos, resultado do proceso de estandarización (o galego dos libros non o entendo). Vexamos algúns dos máis estendidos:

  1. O galego é lingua de pobres: hai pobres que
...
Seguir lendo "Estereotipos e prexuízos sobre a lingua galega e o seu impacto nos usos" »

A banda deseñada: definición, tipos de planos, encadramentos e recursos iconográficos

Outras materiasActualizado o 2,6 KB

A Banda Deseñada

A banda deseñada ou cómic é unha narración ilustrada na que se combinan imaxes e texto, é dicir, mestúrase a linguaxe icónica coa linguaxe verbal ou literaria. As imaxes representan as accións dos personaxes e levan a cabo a principal función narrativa. O texto está formado por breves diálogos entre os personaxes e os textos de apoio que dan voz ao narrador. A historia represéntase mediante unha sucesión de viñetas, entre as que pode haber elipse, é dicir, saltos de tempo que omiten sucesos intermedios. A linguaxe do cómic é moi parecida á doutros medios audiovisuais como, por exemplo, o cine ou a TV.

Tipos de Planos na Banda Deseñada

Segundo a proximidade na que se representen os personaxes e os escenarios,...

Seguir lendo "A banda deseñada: definición, tipos de planos, encadramentos e recursos iconográficos" »

A Ilustración en España e Galicia: contexto, ideas e autores

HistoriaActualizado o 2,74 KB

A Ilustración en España e o Século das Luces

O século XVIII foi o século das luces, da Ilustración, en Europa. En España, os ilustrados foron unha minoría formada por membros da burguesía e algúns membros do clero e da pequena nobreza. A súa maior preocupación foi o progreso da nación. Esta preocupación levounos á crítica da tradición imperante e a propoñer unha serie de medidas reformistas que favorecerían o crecemento económico do reino e dos seus habitantes. Os ilustrados crían que os homes, conducidos pola súa intelixencia, poderían conseguir o coñecemento, que era para eles a base da felicidade.

Someteron a crítica os principios da sociedade estamental, negando a transmisión hereditaria de calquera privilexio e...

Seguir lendo "A Ilustración en España e Galicia: contexto, ideas e autores" »

Prosa e poesía galega no primeiro terzo do século XX: Irmandades da Fala e Xeración Nós

Ciencias sociaisActualizado o 4,83 KB

A Prosa Galega no Primeiro Terzo do Século XX

Irmandades da Fala e Xeración Nós: Creadores da Narrativa Moderna

Esta etapa comeza coas Irmandades da Fala e remata coa Guerra Civil. Autores como Otero Pedrayo, Risco e Cuevillas teñen unha primeira etapa de formación ou de inadaptación, mentres que Castelao procede do agrarismo. Todos eles son cultos, universitarios e participan activamente en todas as actividades galeguistas: as Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos, etc. Son os creadores da moderna narrativa galega, introductores das correntes europeas e iniciadores do ensaio en galego.

Principais Autores e as súas Contribucións á Narrativa

  1. Ramón Otero Pedrayo: O Cultivo da Narrativa Galega

    A contribución de Ramón Otero

...
Seguir lendo "Prosa e poesía galega no primeiro terzo do século XX: Irmandades da Fala e Xeración Nós" »

Adverbios en galego: lugar, tempo, modo e cantidade

Lingua e literaturaActualizado o 2,29 KB

Adverbios

LUGAR

Adverbios de lugar: á beira, a carón, a contramán, a rente(s), abaixo, acá, acó, acoló, adiante, ai, alá, alón, algures, alí, aló, ao lado, ao pé, ao redor, aquén, arredor, arriba, derriba, atrás, avante, cerca, debaixo, dentro, derredor, derriba, detrás, diante, embaixo, enfronte, encima, enriba, fóra, lonxe, ningures, onde, preto, u?, velaí, velaquí, xalundes*.

*‘nalgún lugar’

TEMPO

Adverbios de tempo: a cada canto, a cada pouco, a deshora, a destempo, a diario, a miúdo, a tempo, acotío, agora, aínda, antano, antes, antes de onte, antonte, ao outro día, ao pouco, ao raro, aos poucos, arestora, arreo, ás veces, asemade, atrás, axiña, cando, cedo, cerca, daquela, de a pouco, de aquí a un pouco, de camino,...

Seguir lendo "Adverbios en galego: lugar, tempo, modo e cantidade" »

A lingua galega no século XX: castelanización, funcionalidade e revalorización

Lingua e literaturaActualizado o 2,83 KB

Características Sociolingüísticas da Lingua Galega no Século XX

Neste período, abórdanse tres puntos clave na evolución da lingua galega:

  • A continuidade do proceso de castelanización.
  • A funcionalidade lingüística.
  • A continuación do proceso de revalorización.

A Continuidade do Proceso de Castelanización

O proceso de castelanización continuou nos ámbitos urbanos e nas clases sociais con mellor situación económica, mentres que o galego se conservaba nas zonas rurais e semi-rurais. Esta situación débese a varios factores:

  • O crecemento urbano e a extensión das clases medias.
  • A progresiva xeneralización do ensino.
  • A extensión dos grandes medios de comunicación de masas.
  • Os factores de prestixio e valorización lingüística, que continuaron
...
Seguir lendo "A lingua galega no século XX: castelanización, funcionalidade e revalorización" »

Orixe da Lúa e formación temperá da Terra: hipóteses e proceso

XeoloxíaActualizado o 3,67 KB

Hipóteses sobre a orixe da Lúa

As investigacións sobre a orixe da Lúa pretenden discernir, en palabras dun astrónomo, se a Lúa é irmá ou filla da Terra, ou se foi adoptada por ela.

Hipótese da irmá (co-formación)

Segundo a primeira destas hipóteses, a Lúa formaríase ao mesmo tempo ca a Terra, na súa zona orbital e seguindo un proceso paralelo ao do noso planeta. A priori, resulta unha opción moi plausible. Non obstante, a Lúa ten cen millóns de anos menos có noso planeta e, estando na mesma zona do Sistema Solar, formaríase a partir do mesmo tipo de planetesimais, polo que as súas densidades deberían ser similares. Non é isto o que acontece, posto que a densidade da Terra é de 5,5 g/cm3 e a da Lúa é de 3,3 g/cm3.

Hipótese

...
Seguir lendo "Orixe da Lúa e formación temperá da Terra: hipóteses e proceso" »

Termos xeográficos e vexetais: maquis, landa, laurisilva, umbría e outros conceptos

XeografíaActualizado o 3,3 KB

Maquis: Formación Arbustiva Densa

O maquis é unha formación arbustiva de máis de dous metros de altura, moi densa e case impenetrable. As súas especies características son:

  • A xara
  • O breixo
  • O lentisco
  • A xesta

Landa: Vexetación de Matogueira

A landa é unha vexetación densa de matogueira, cuxa altura pode ser baixa ou alcanzar os catro metros. As súas especies máis abundantes son:

  • O breixo
  • O toxo
  • A xesta

Representa unha forma de degradación do bosque caducifolio.

Umbría: Ladeiras na Sombra Orogáfica

A umbría refírese ás ladeiras e vertentes das zonas montañosas que están orientadas ás costas do sol, é dicir, na zona de sombra orográfica. Por iso, a cantidade de radiación solar que recibe é moito menor que a que tería se o relevo non...

Seguir lendo "Termos xeográficos e vexetais: maquis, landa, laurisilva, umbría e outros conceptos" »