Xeografía de España: relevo peninsular e composición do territorio
O Espazo Xeográfico Español
A Composición do Territorio
España é un estado europeo de tamaño medio, situado na zona temperada do hemisferio norte. Comprende un territorio peninsular, dous arquipélagos (Baleares e Canarias) e as cidades norteafricanas de Ceuta e Melilla.
- A España peninsular presenta unha posición orixinal entre dous continentes, Europa e África, e entre dúas masas de auga, o océano Atlántico e o mar Mediterráneo.
- O arquipélago balear localízase no mar Mediterráneo. Comprende as illas de Mallorca, Menorca, Eivissa, Formentera e Cabrera, e máis de 150 illotes.
- O arquipélago canario sitúase no océano Atlántico, a uns 100 km das costas do noroeste de África. Comprende sete illas principais: La Palma, El Hierro,