Hilozoísmo e creacionismo na poesía galega: Amado Carballo, Pimentel e Manuel Antonio

Arte e humanidadesActualizado o 3,04 KB

Resumo

O texto presenta dúas correntes da poesía galega do primeiro terzo do século XX: o hilozoísmo, con Luís Amado Carballo e Luís Pimentel, e o creacionismo, con Manuel Antonio. Describe as súas características formais, temáticas e lingüísticas, así como as obras máis importantes de cada autor. O estudante aprenderá a diferenciar ambas tendencias vanguardistas.

Puntos clave

  • O hilozoísmo, fundado e representado por Luís Amado Carballo, suprime o argumento, a anécdota e o sentimento, e centra o poema nunha imaxe.
  • Características do hilozoísmo: elementos visuais e auditivos, métrica sinxela, versos curtos con predominio do octosílabo e rima asonante.
  • Luís Pimentel usa imaxes oníricas, metáforas visionarias, espazos interiores e pechados, e predominio do verso libre.
  • O manifesto “¡Máis Alá!” (1922), asinado por Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro, rexeita a tradición e defende a liberdade creadora e o nacionalismo galego.
  • De catro a catro (1928) é un conxunto de 19 poemas sobre o mar, escritos durante a primeira navegación de Manuel Antonio.
  • A obra completa de Manuel Antonio non se publicou ata 1972.

Ponte á proba

O Hilozoísmo

Características xerais: elementos visuais e auditivos; a métrica é moi sinxela, versos curtos, con predominio do octosílabo e a rima asonante.

Luís Amado Carballo (1901-1927)

Foi fundador e máximo representante desta escola. Impón a supresión do argumento, da anécdota e do sentimento; o seu núcleo é unha imaxe. Destacan o instantaneísmo, a brevidade e a riqueza de imaxes. A metáfora preséntase dentro de todas as súas variedades, xunto coa personificación e a sinestesia.

Hai sentimento na poesía de Amado Carballo, pero estas entidades abstractas aparecen na súa obra traducidas a sensacións, concretadas en realidades perceptibles polos sentidos.

Escribiu dous poemarios:

  • Proel (1927)
  • O galo (1928)

Luís Pimentel (Lugo 1885-1958)

Dous poemarios:

  • Triscos
  • Sombra do aire na herba

As características do seu estilo son:

  • Imaxes oníricas
  • Metáforas visionarias
  • Combina o delicado co anguriante e irracional
  • Presenza constante de espazos interiores e pechados
  • Contraste de luces e sombras
  • Predominio do verso libre

O Creacionismo: Manuel Antonio (1900-1930)

No ano 1922 asinou, xunto co debuxante Álvaro Cebreiro, o manifesto “¡Máis Alá!”, no que, guiados por un afán provocador, rexeitan a tradición. O manifesto, ademais de ser unha declaración dos seus principios estéticos, propugna unha renovación estética e temática, avoga pola absoluta liberdade creadora e constitúe unha defensa da lingua galega e do ideario nacionalista.

Publicou De catro a catro. Follas dun diario d’abordo (1928), un conxunto de 19 poemas compostos durante a primeira navegación de Manuel Antonio, que teñen o mar como tema central.

  • O primeiro poema, “Intencións”, escrito dende terra antes de principiar a travesía, expresa a ilusión pola aventura.
  • O último, “Adeus”, escrito dende terra, representa a despedida do poeta e navegante e expresa a saudade do mar.
  • Os outros 17 poemas son respostas provocadas polos sinais do cosmos e da natureza marítima.

Este libro presenta unha tripla novidade: temática, lingüística e formal.

  • Nos temas podemos salientar a reflexión sobre a existencia.
  • No aspecto lingüístico, destaca a utilización de tecnicismos e estranxeirismos.
  • Na renovación formal, mestura as imaxes creacionistas.

Ata 1972 non se publicaría a obra completa deste autor. Outros catro poemarios son:

  • Con anacos do meu interior
  • Foulas (presenza de caligramas e imaxes)
  • Sempre e máis despois
  • Viladomar

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Quen foi o máximo representante do hilozoísmo?

Luís Amado Carballo (1901-1927) foi o fundador e máximo representante desta escola. Escribiu os poemarios Proel (1927) e O galo (1928).

Que tema central ten o libro De catro a catro?

O mar é o tema central. Son 19 poemas compostos durante a primeira navegación de Manuel Antonio.

Que obras publicou Luís Pimentel?

Publicou os poemarios Triscos e Sombra do aire na herba.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. Que característica define o hilozoísmo segundo o texto?
2. Quen asinou o manifesto “¡Máis Alá!” en 1922?
3. Que tipo de verso predomina en Luís Pimentel?
4. Cal é o primeiro poema de De catro a catro?
5. En que ano se publicou a obra completa de Manuel Antonio?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.