Política de Fondos Europeos e Conceptos Demográficos

Xeografía2,91 KB

Fondos Europeos

FEOGA (Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agraria): encárgase da política estrutural agraria, financiando a modernización do sector e o desenvolvemento de novas actividades económicas nas zonas rurais.

FSE (Fondo Social Europeo): destínase ao fomento da formación profesional e do emprego.

FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional): Axuda ás rexións máis pobres fomentando as infraestruturas e o desenvolvemento do seu potencial endóxeno.

IFOP (Instrumento Financeiro de Orientación Pesqueira): Financia a reestruturación e modernización da pesca e impulsa a acuicultura, a transformación e comercialización dos produtos pesqueiros.

Conceptos Económicos

Subcontratación: Contratación dunha empresa por outra para que realice unha parte da súa actividade seguindo as indicacións, características e prazos que se lle impoñen. Utilízanse, a miúdo, por grandes empresas para abaratar os seus custos, ou porque buscan PEMES moi especializadas nunha tarefa.

Industrias verdes: Nova rama industrial que ten como obxectivo o emprego de tecnoloxías limpas.

Materias primas estratéxicas: Materias que condicionan o crecemento da produción ou a riqueza mundial e que son clave por razóns políticas ou estratéxicas para a economía das potencias, multinacionais…

Parque tecnolóxico: Son espazos de elevada calidade urbanística e ambiental, ben comunicadas e accesibles, destinados a albergar empresas de base tecnolóxica, institucións de I+D, xunto a centros universitarios.

Conceptos Demográficos

Poboación activa: É o conxunto de persoas de 16 anos e máis que fornecen man de obra para a produción de bens e servizos ou que están dispoñibles e fan xestións para incorporarse a esta produción.

Esperanza de vida: Relaciona o número de anos vividos por todos os membros dunha poboación co número de individuos que compoñen esa poboación.

Padrón municipal: É un rexistro que leva a cabo cada concello sobre a poboación que vive no seu municipio.

Réxime demográfico: Período correspondente ao modelo de transición demográfico cunhas determinadas características relativas á natalidade, á mortalidade e ao crecemento natural ou vexetativo da poboación.

Censo de poboación: É o reconto individualizado da poboación do país nun momento determinado.

Taxa de fecundidade: Relaciona o número de nacementos nun ano co número de mulleres en idade de ter fillos.

Crecemento vexetativo ou natural: É o crecemento ou decrecemento da poboación dun lugar por causas naturais, é dicir, como resultado dos nacemento e das defuncións.

Descargar

PDF Word HTML