Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Xeografía de Bacharelato

Reestruturación Industrial en España e Galicia: Desafíos e Tendencias

Xeografía2,27 KB

A Reestruturación dos Espazos Industriais

Situación actual da industria en España e Galicia.

  • Desafíos: problemas estruturais (dimensión, I+D+i, tecnoloxía) e consecuencias da incorporación á Unión Europea.
  • Tendencias recentes da industria en España: globalización e deslocalización.

España é un país integrado no conxunto dos países industriais do mundo. Pero o desenvolvemento da actividade industrial en España non acadou un nivel notable ata a segunda metade do século XX. A crise industrial de 1974, que evidenciou a necesidade de cambiar os sistemas de produción, coincidiu coa revolución tecnolóxico-informática. Desenvolveuse así unha nova etapa denominada postindustrial ou informacional e tamén terceira revolución industrial...

Seguir lendo "Reestruturación Industrial en España e Galicia: Desafíos e Tendencias" »

Guía de Conceptos Demográficos Esenciais en Galego

Xeografía3,67 KB

Censo de Poboación

Reconto da poboación dun estado referido a un momento determinado e que inclúe as características socioeconómicas máis importantes da devandita poboación. Organizados polos gobernos, en España a través do INE, realízanse simultaneamente en todo o territorio. No século XX, en España, os Censos de poboación realizáronse cada 10 anos, primeiro nos anos rematados en 0, e desde a década de 1980, nos anos rematados en 1.

Padrón Municipal

Rexistro que desenvolve cada Concello sobre os habitantes que residen no seu territorio. Contén información sobre as características socioeconómicas da poboación, aínda que algo menos detallada que o Censo. A súa principal vantaxe, respecto deste, é que se trata dun documento...

Seguir lendo "Guía de Conceptos Demográficos Esenciais en Galego" »

Glosario de Termos Agrarios: Acuicultura, Agricultura Ecolóxica e Máis

Xeografía2,33 KB

Acuicultura

A acuicultura pode ser intensiva ou extensiva.

Acuicultura Extensiva

Soamente interfere nalgunhas fases da produción, como a reprodución ou a alimentación. Por exemplo, a ceba de peixes aproveitando estruturas xa existentes como as salinas abandonadas do noroeste gaditano ou a fixación de colonias de moluscos creando arrecifes, como acontece en Galicia cos mexillóns.

Acuicultura Intensiva

Intervén en todo o proceso vital da especie. Ten un futuro prometedor, pois vese favorecida polas liñas de investigación e desenvolvemento estatais e europeas.

Agricultura Ecolóxica

É aquela que utiliza sistemas naturais para producir, sen recorrer a produtos químicos de síntese.

Denominación de Orixe

É a distinción que se outorga a certos...

Seguir lendo "Glosario de Termos Agrarios: Acuicultura, Agricultura Ecolóxica e Máis" »

A Gandería en Galicia e España: Produción, Especies e PAC

Xeografía2,84 KB

Gandería en Galicia e España

GANDERÍA:

A gandería ocupa unha alta porcentaxe do valor final da produción agraria, un 40% contra un 60% da agricultura. O crecemento do sector vén motivado polos seguintes elementos:
  • A modernización das explotacións.
  • A independencia do sector con respecto ás outras actividades agrarias, ao deixar de ser un complemento para a agricultura (abono, traballo...).
  • Traballo máis intensivo: pensos, estabulación...
  • Especialización gandeira tanto rexional como polas especies máis axeitadas a cada produción.
Precisamente as especies máis destacadas na gandería española son:

Gando Vacún

Un 80% da cabana bovina adícase á produción de carne e un 20% á produción de leite. A España húmida é, por tradición, a
...
Seguir lendo "A Gandería en Galicia e España: Produción, Especies e PAC" »

Bioxeografía: Vexetación, Solos e Factores de Diversidade

Xeografía3,66 KB

Factores de Diversidade Bioxeográfica

A bioxeografía é a rama da xeografía que se centra nas paisaxes biolóxicas e nos seus compoñentes: a vexetación e os solos.

A Vexetación

A vexetación ou flora é o conxunto de especies vexetais dun territorio. Os 3 tipos de especies vexetais son: bosque, matogueira e formacións herbáceas.

A vexetación española consta dunha gran variedade de especies e 4 rexións florais:

  • A rexión boreoalpina
  • A rexión eurosiberiana
  • A rexión mediterránea
  • A rexión macaronésica

Factores que Inciden na Vexetación

Os factores máis importantes que inciden na vexetación son:

1. Factores Físicos

  • A diversidade do clima: xa que cada planta require unhas condicións específicas de temperatura e precipitacións.
  • A diversidade
...
Seguir lendo "Bioxeografía: Vexetación, Solos e Factores de Diversidade" »

Dicionario de Termos Climáticos e Xeográficos Esenciais

Xeografía3,52 KB

Inversión Térmica

Fenómeno meteorolóxico que se produce cando unha capa de aire fría se sitúa por riba doutra quente, alterando o comportamento normal do aire en altura. Provoca neboas persistentes e nas cidades un aumento dos niveis de contaminación. Soe deberse a unha forte irradiación nocturna, con rápidas perdas de calor do solo; ou por advección do aire quente sobre unha masa de aire ou superficie máis frías. Os casos máis frecuentes son os fondos de val.

Ubría

Vertente ou pendente das montañas situadas de costas ao sol, que recibe menor insolación solar. Son zonas de sombra; no Hemisferio Norte (HN) corresponden ás que se orientan cara ao norte. Son zonas menos favorables ao poboamento, que acada menor altitude.

Humidade

...
Seguir lendo "Dicionario de Termos Climáticos e Xeográficos Esenciais" »

Glosario de Termos Xeográficos e Económicos

Xeografía4 KB

Curva de nivel

Isopleta ou liña que une puntos de igual altitude sobre o nivel do mar.

Cultivo forraxeiro

Tipo de aproveitamento agrícola cuxo destino é a alimentación do gando.

Estuario

Extensión mariña nas proximidades da desembocadura dun río onde se producen interaccións entre a auga doce e salgada por efecto das mareas, que xeran un ecosistema peculiar.

Acuífero

Unidade litolóxica que contén auga ou pola que flúe a auga subterránea.

Augas xurisdicionais

Espazo mariño sobre o que un estado exerce a súa soberanía e forma parte do seu territorio, polo que lle pertence a explotación dos seus recursos.

Saldo migratorio

Diferenza entre a emigración e a inmigración nun país.

Poboación inactiva

Aquela que non xera bens e servizos: rendeiros,...

Seguir lendo "Glosario de Termos Xeográficos e Económicos" »

Glosario de Termos Clave: Xeografía e Medio Ambiente

Xeografía3,53 KB

Desagrarización

A desagrarización é a perda de poboación dedicada á actividade agraria, así como á perda de importancia económica da actividade agrícola nun territorio. En toda España produciuse este proceso, especialmente desde finais da década de 1970.

Área Metropolitana

Unha área metropolitana é un espazo moi urbanizado que engloba unha cidade central que dá nome á área e unha serie de cidades satélites que poden funcionar como cidades dormitorio, industriais, comerciais e de servizos, todo organizado de xeito centralizado.

Agricultura Ecolóxica

Sistema para cultivar unha explotación agrícola autónoma, baseada na utilización óptima dos recursos naturais e sen empregar produtos químicos de síntese nin organismos xeneticamente...

Seguir lendo "Glosario de Termos Clave: Xeografía e Medio Ambiente" »

Demografía e Mercado Laboral en España: Análise e Evolución

Xeografía4,87 KB

A Poboación por Idade en España

A evolución dos grupos de idade, divididos entre homes e mulleres, así como en chanzos de idade de 5 en 5 anos, materialízase nunha gráfica denominada pirámide de poboación. España sufriu, ao longo do século XX, un progresivo avellentamento da poboación, igual que aconteceu no resto de Europa Occidental. Este fenómeno acentuouse nos últimos 25 anos, período no que se produciu unha crecente caída da fecundidade e un avellentamento da poboación maior de 65 anos, grupo no cal o predominio feminino é moito maior.

Se tivésemos que establecer a distribución a nivel nacional dos tres grupos de idades, segundo os datos de 1996, falaríamos dunha:

  • España xove (18,1%): con predominio da poboación de menos
...
Seguir lendo "Demografía e Mercado Laboral en España: Análise e Evolución" »

Dinámica Demográfica en España: Natalidade, Mortalidade e Fecundidade

Xeografía4,13 KB

A dinámica que determina o movemento natural da poboación é moi sinxela: se os nacementos son máis numerosos que as defuncións, a poboación ten un crecemento natural ou vexetativo positivo. Pola contra, se a mortalidade é máis elevada que a natalidade, a poboación tende a diminuír.

Dinámica Demográfica en España

Natalidade

Desde comezos do século XX, a natalidade en España mostrou unha tendencia descendente, que se intensificou a finais da década de 1970. Esta propensión á baixa situou a España, ao redor de 1990, nun dos índices de fecundidade máis baixos de Europa. O descenso da natalidade fixo que o número de nados se achegase ao número de falecidos, o que se traduciu nun escaso crecemento natural da poboación.

Á baixa...

Seguir lendo "Dinámica Demográfica en España: Natalidade, Mortalidade e Fecundidade" »