A Prehistoria en Galicia: Paleolítico, Neolítico e Castros
A Prehistoria: Etapas e Orixe
A prehistoria é a etapa máis longa da historia que vai desde a aparición do home ata a aparición da escritura. O Paleolítico abrangue dende 12000/1000 a.C. e o Neolítico dende o 8000/IV m.
A orixe do home e a homonización
A teoría da evolución de Darwin sinala que o home ten orixe animal (o paso de animal a home chámase homonización). Este paso é froito do bipedismo (animais de 2 patas) e as súas consecuencias son:
- As mans quedan libres.
- Cámbia a alimentación e a estrutura dentaria.
- Aumenta a capacidade cerebral.
- O home pode fabricar útils e empeza a falar.
O Paleolítico
O Paleolítico é a etapa máis antiga e larga da Idade de Pedra (prehistoria). É a era cuaternaria con grandes alternancias climáticas. A súa economía era depredadora, baseada na caza e recolección con útils de pedra tallada. Eran nómades e vivían en covas. Estaban organizados en clans e o poder político estaba repartido entre os xefes de cada clan. A súa arte e cultura incluía pinturas rupestres e figuras femininas.
Armas e utilidades do lume
A mellora na fabricación de armas de caza permitiulle ao ser humano contar con máis alimentos e iso facilitou a ocupación do tempo no progreso material. Ao ter máis proteínas teñen un maior desenvolvemento intelectual, o que lles permitía cazar a distancia animais máis grandes.
Utilidades do lume: dar calor, facer comida, espantar animais, dar luminosidade e como arma de guerra.
Incoherencias cinematográficas
Sobre a representación clásica do período: o riso é unha característica da especie humana dende a súa orixe, a maneira de camiñar que se mostra é esaxeradamente simiesca, e non existen uns simios tan intelixentes e tan agresivos á vez.
O Neolítico
O Neolítico é o último período da Idade de Pedra e prodúcese co paso da pedra tallada (Paleolítico) á pedra pulimentada. Caracterízase pola aparición da agricultura e a gandeiría, o que supuxo unha revolución. A súa poboación aumenta e a súa economía é produtiva, baseada na agricultura, a gandeiría e os útils pulimentados.
O seu hábitat é sedentario, vivindo en poboados e aldeas. A sociedade faise máis individualizada, xurdindo a propiedade privada. A política e goberno recae nos anciais, e a súa cultura converte as forzas naturais en deuses. A súa arquitectura é megalítica (pedras grandes), destacando os dolmens e a cerámica.
A Idade de Ferro e a Cultura Castrexa
A cultura castrexa prodúcese na Idade de Ferro, froito da fusión da poboación autóctona e as oleadas de poboadores do centro de Europa portadores da cultura do ferro e da romanización. Habitaban en castros, que son construcións defensivas de residencia.
Os castros son recintos ovais ou circulares provistos dun ou máis muros concéntricos, precedidos xeneralmente dun foso, situados no alto dunha colina ou montaña. Nos castros de grandes dimensións construíase un gran número de vivendas, chegando a formar barrios e a ter servizos colectivos. A economía baseábase na gandeiría de animais domesticados, a caza e a agricultura de cereais con muíños. Comerciaban tanto dentro dos castros como fóra, destacando no traballo da cerámica e dos metais.
Conceptos Clave
Sociedade depredadora
Baséase na caza e recolección.
Sociedade produtiva
Desenvólvese a través da gandeiría e a agricultura.
Castro
Recintos ovais ou circulares provistos dun ou máis muros concéntricos precedidos xeneralmente dun foso.