1. A contorna xeral: Factores económicos, socioculturais, político-legais e tecnológicos.
Todas as empresas veñen afectadas por factores económicos, político-sociais, tecnolóxicos e ambientais, que son os que configuran a sociedade na que desenvolven a súa actuación.
a) Factores económicos:
- O nivel de desenvolvemento nunha zona, que se concreta no estado das comunicacións e o nivel de formación e especialización da man de obra, os servizos xerais existentes, etc...
- O tipo ou clase de mercado no que a empresa desenvolve a súa actividade, que pode ser monopolio, oligopolio ou libre competencia.
- A fiscalidade específica sobre a empresa, segundo o tipo de actividade e o modelo de empresa.
- Factores demográficos, como a tendencia
...