O Mundo entre 1939 e 1991: Guerra Mundial, Fría e Descolonización
O panorama internacional entre 1939 e 1991:
Os feitos máis importantes durante esta etapa foron:
- A Segunda Guerra Mundial, que estalou debido ás tensións políticas, económicas e sociais xurdidas no período de entreguerras. Ao finalizar a guerra desapareceron os fascismos, e abriuse paso unha nova situación internacional, caracterizada pola Guerra Fría e a Descolonización.
- A división do mundo en bloques: o occidental ou capitalista, liderado por EEUU, e o oriental liderado pola Unión Soviética. As relacións entre bloques estiveron marcadas por grandes tensións ideolóxicas e militares coñecida como Guerra Fría, que marcou as relacións internacionais ata a caída do bloque comunista no 1990.
- A Descolonización. Supuxo o acceso á