O Mundo entre 1939 e 1991: Guerra Mundial, Fría e Descolonización

Historia2,41 KB

O panorama internacional entre 1939 e 1991:

Os feitos máis importantes durante esta etapa foron:

  • A Segunda Guerra Mundial, que estalou debido ás tensións políticas, económicas e sociais xurdidas no período de entreguerras. Ao finalizar a guerra desapareceron os fascismos, e abriuse paso unha nova situación internacional, caracterizada pola Guerra Fría e a Descolonización.
  • A división do mundo en bloques: o occidental ou capitalista, liderado por EEUU, e o oriental liderado pola Unión Soviética. As relacións entre bloques estiveron marcadas por grandes tensións ideolóxicas e militares coñecida como Guerra Fría, que marcou as relacións internacionais ata a caída do bloque comunista no 1990.
  • A Descolonización. Supuxo o acceso á independencia de antigas colonias localizadas sobre todo en Asia e África, e coa creación destes novos países pobres e atrasados nace o chamado Terceiro Mundo.

A Segunda Guerra Mundial:

Causas da guerra:

A causa de fondo da guerra foi a inestabilidade internacional, motivada polo desexo de desquite alemán trala humillación sufrida en Versalles e pola depresión causada polo chamado crac do 1929 e o auxe das ideoloxías totalitarias.

A causa inmediata foi a política exterior agresiva dos estados totalitarios de Italia, Alemaña e Xapón, que construíron o eixe Roma-Berlín-Tokyo. Esta política agresiva non foi contrarrestada rapidamente pola Sociedade de Nacións nin polas democracias para tratar de evitar a guerra.

En anos anteriores Xapón ocupou Manchuria e Italia invadiu Abisinia e Albania, mentres Alemaña anexionouse de Austria e da rexión checa dos Sudetes e case de toda Checoslovaquia. Cando en setembro de 1939 invadiu Polonia, asinouse un pacto soviético-xermano de non agresión coa URSS. O Reino Unido e Francia decláranlle a guerra a Alemaña e con isto comeza a Segunda Guerra Mundial.

Os bloques contendentes:

O conflito durou seis anos dende o 1 de setembro do 1939 ata o 5 de agosto do 1945. Nel os contendentes loitaron en dous bloques: as potencias occidentais ou aliados, liderados por Reino Unido e Francia, contra as potencias do eixe, lideradas por Alemaña e Italia. No transcurso do conflito a URSS incorporouse á guerra no 1941 e tamén EEUU e Xapón.

Descargar

PDF Word HTML