Átomos, Elementos e Compostos: Clasificación e Propiedades
Sustancias e Átomos
Sustancias ás que dan lugar os átomos
- Elementos: sustancias formadas por un só tipo de átomos.
- Compostos: sustancias que resultan da agrupación de átomos de distintos elementos.
Clasificación dos Elementos
Metais
- Brillo característico denominado brillo metálico.
- Conducen ben a calor e a electricidade.
- Pódense estirar en fíos maleables.
- Excepto o mercurio, son sólidos a temperatura ambiente e fúndense a alta temperatura.
- Tenden a perder electróns e formar ións positivos.
Non Metais
- Malos condutores da calor e a electricidade.
- A temperatura ambiente poden ser sólidos, líquidos e gas.
- A maioría dos sólidos son brandos.
Gases Nobres
- Encontranse na natureza como átomos illados.
- Gases a temperatura ambiente.
- Desde o punto de vista químico son moi estables: non forman compostos.
- As súas aplicacións están relacionadas coa súa estabilidade química. Úsanse nas lámpadas fluorescentes.
Bioelementos e Moléculas
Chámanse bioelementos os elementos químicos que forman parte dos seres vivos.
Son oligoelementos os elementos que están en menor proporción e que son indispensables para todos os seres vivos.
A CDR é a cantidade dun nutriente que unha persoa sa debe inxerir por termo medio cada día, a través, para manter un bo estado de saúde.
Unha molécula é unha agrupación de átomos que poden pertencer ao mesmo elemento ou a varios. É a parte máis pequena dunha sustancia que conserva as súas propiedades químicas. Unha sustancia molecular é un conxunto de moléculas.
Un cristal é unha forma de materia cunhas partículas que forman unha estrutura interna perfectamente ordenada que se estende nas tres direccións do espazo.
O que é moi sorprendente é que o átomo de carbono forma un nº de compostos moito maior ca o de todos os demais elementos químicos xuntos:
- O carbono forma a maior parte dos compostos que están nos seres vivos, por este motivo os compostos do carbono chamámolos orgánicos.
- O resto dos compostos chamámolos inorgánicos porque se encontran fundamentalmente no mundo inanimado, aínda que algúns tamén están presentes nos seres vivos.
Cambios Físicos e Químicos
Un cambio físico é unha transformación na que non varía a natureza da materia antes e despois do cambio, a materia represéntase pola mesma fórmula química. Entre os cambios físicos máis habituais encóntranse os cambios de estado.
Un cambio químico é unha transformación na que varía a natureza da materia. Antes do cambio a materia represéntase por unha fórmula química e despois por outra fórmula diferente. Os cambios químicos tamén se chaman reaccións químicas (aínda que non sempre sucede, é frecuente que cando se produce unha reacción química haxa un cambio moi notorio que nos indica que algo novo se está formando).
Segundo a teoría de colisións as reaccións químicas prodúcense cando as moléculas dos reactivos chocan entre si e rompen. Os átomos que se liberaron reorganízanse formando as novas moléculas.