Factores de Localización das Industrias e Enerxía na UE

Xeografía6,08 KB

Factores de Localización das Industrias

1) Facilidade para o transporte: lugares ben comunicados.

2) Existencia de man de obra dispoñible: cualificada.

3) Proximidade dos consumidores.

4) Factores políticos: lugares sen conflitos con gobernos estables.

5) Proximidade doutras industrias: polígonos industriais (é un espazo destinado á instalación de fábricas e almacéns. Situáronse fora das cidades, en lugares con boas instalacións) e parques tecnolóxicos (é un espazo concebido para fomentar a creación e o desenvolvemento das empresas innovadoras. Situáronse nunha área privilexiada, próxima a unha gran cidade ou cerca das universidades e dos centros de investigación, presenta un aspecto moderno con instalacións de alta calidade).

6) Prezo do terreo.

7) Abundancia de recursos naturais: materias primas e fontes de enerxía.

Minaría e Fontes de Enerxía na UE

  • Minerais metálicos: reservas case esgotadas.
  • Minerais non metálicos: a produción é similar ao consumo.
  • Carbón: grandes reservas concentradas en Alemaña e Polonia.
  • Petróleo e gas natural:
    • a) Importante produción no mar do Norte.
    • b) O resto dos países son moi deficitarios: deben importar.
  • Producción de enerxía eléctrica: sobre todo con fontes convencionais.
  • Obxectivo da UE: fomentar as enerxías alternativas.

Minaría e Fontes de Enerxía en España

  • Hoxe: poucas reservas de minerais.
  • Producción de minerais metálicos: en decadencia.
    • a) Reservas de cobre, ferro, estaño, chumbo, zinc, ouro e prata: non cobren as necesidades e débense importar.
    • b) Mercurio: 1º productor do mundo.
  • Producción de minerais non metálicos: moi próspera.
    • a) Excedentes en lousa, mármore, granito, xeso.
    • b) Cimento: a produción é igual ao consumo.
  • Fontes de enerxía: país deficitario, debemos importar.
  • Importación: sobre todo carbón, petróleo e gas natural.
  • Enerxía nuclear: supón o 30%.
  • Importancia da enerxía hidráulica.
  • Poucas enerxías alternativas: as máis importantes serían: biomasa, eólica e solar.

Minaría e Fontes de Enerxía en Galicia

  • Recursos minerais:
    • a) Son abundantes o granito e a lousa.
    • b) Lignito.
    • c) Arxilas, caolín, rochas calcarias, cuarzo, ferro, aluminio.
  • Fontes de enerxía:
    • a) Enerxía hidráulica: ríos galegos.
    • b) Enerxía en centrais térmicas: lignito.
    • c) Enerxía eólica: 1º productor de España.
    • d) Enerxía solar, biomasa, xeotérmica.

A Industria na UE

  • A UE é a 1ª potencia industrial do mundo.
  • Supón o 20% da producción da UE e o 17% da poboación activa.
  • Destacan os sectores:
    • 1) Industrias pesadas: metalurxica e bens de equipo.
    • 2) Industrias lixeiras: química, automóbil, alimentarias.
  • Os países máis industrializados son: Alemaña, Francia, Italia, Reino Unido e España.
  • Evolución diferente da industria nos países da UE:
    • 1) Europa occidental:
      • a) Descende o emprego na industria pola reconversión (consiste nun proceso de modernización dun sector da industria que consiste en introducir maquinaria moi moderna e tecnoloxías moi avanzadas para obter produtos de maior calidade e máis baratos e ser así máis competitivas) e a deslocalización (distintas tarefas que son necesarias para elaborar un produto, sepáranse e cada unha delas desenvólvese onde resulta máis conveniente).
      • b) Moitas rexións industriais tradicionais sofren abandono e decadencia.
    • 2) Europa oriental:
      • a) Mantén a industria un peso importante.
      • b) Beneficiáronse de ingresar na UE polas axudas para a reconversión e o traslado de fábricas occidentais ao seu territorio.
  • Retos da industria na UE:
    • 1) Investimento en investigación e innovación moi inferior a Estados Unidos e Xapón.
    • 2) Crecente competencia de Asia.
    • 3) Reducir o consumo enerxético e a contaminación ambiental.

A Industria en Galicia

  • Está concentrada en:
    • 1) Eixe urbano Vigo-Pontevedra.
    • 2) Eixe urbano A Coruña-Ferrol.
    • 3) A cidade de Ourense.
  • Predomina a pequena e mediana empresa.
  • Principais sectores industriais:
    • 1) Industria automobilística e auxiliares: Citroën.
    • 2) Industria textil: Inditex.
    • 3) Industria naval: Ferrol, Vigo.
    • 4) Industrias agroalimentarias.
    • 5) Industria pesqueira e conserveira: Pescanova.
    • 6) Industria de construción.
    • 7) Industrias da madeira e do moble.

Os Problemas Enerxéticos

  • As enerxías tradicionais máis empregadas son: carbón, petróleo, gas natural, uranio e a hidroeléctrica.
  • Os problemas que plantexan son:
    • 1) O carbón, petróleo, gas natural e o uranio non son renovables e esgotaranse.
    • 2) Moitos países teñen que importalas.
    • 3) Causan problemas ambientais: son moi contaminantes.
    • 4) O petróleo: escasas reservas e o seu consumo vai en aumento. Supón unha escalada dos prezos e a baixada da producción.
    • 5) Non coinciden os grandes produtores, exportadores e consumidores de petróleo e gas natural. As maiores reservas están en Oriente Medio e os grandes consumidores son os países ricos.

Descargar

PDF Word HTML