Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Secundaria

O Relevo Terrestre: Formas, Continentes e Costas de Galicia

Xeografía10,47 KB

O Relevo Terrestre

O relevo é o conxunto de formas que presenta a superficie terrestre.

Formas do Relevo

Río: forma de penetración en terra, normalmente alongada.

Fiorde: cando o brazo de mar ocupa un val glaciar.

Cabo: parte do relevo da costa que penetra no mar.

Península: anaco de terra rodeada de mar por todas partes menos por unha (istmo).

Illa: porción de terra rodeada de auga por todas partes. Conxunto de illas (arquipélago).

Golfo: entrada de mar de forma arredondada. Baía é semellante pero de dimensións menores.

Dorsal oceánica: cordilleira submarina de grande extensión e altura.

Fosa mariña: depresión submarina (6000 m)

Chaira abisal: chaira submarina (3000-7000 m)

Plataforma continental: zona marítima que descende suavemente, e...

Seguir lendo "O Relevo Terrestre: Formas, Continentes e Costas de Galicia" »

Instrumentos de Vento: Tipos e Características

Música2,8 KB

Instrumentos de Vento Madeira

Frauta Doce ou de Pico (Bisel)

Os instrumentos de vento madeira teñen tubos cunha serie de buratos. O instrumentista tápaos cos dedos ou con chaves. Isto permite pechar buratos en instrumentos longos. A frauta doce é un exemplo:

  • Ao soprar, o aire vibra nun bisel.
  • Prodúcese o son.
  • Tápase ou destápase buratos para diferentes alturas.
  • A frauta doce soprano é común na clase de música.

Frauta Traveseira

É moi áxil, a miúdo solista en orquestras. Fabrícase con:

  • Alpaca
  • Prata
  • Ouro (mellor son)

Antes facíase de madeira.

Frauta Traveseira Galega

A requinta é típica da comarca de Ulla.

Instrumentos de Vento Madeira con Lingüeta Simple

Clarinete

Tubo de madeira (xeralmente ébano). Ensánchase ao final. As chaves cobren os...

Seguir lendo "Instrumentos de Vento: Tipos e Características" »

Eduardo Blanco Amor: Análise de A Esmorga e Os Biosbardos

Deseño e enxeñaría2,38 KB

Eduardo Blanco Amor (1897-1979)

A obra de Eduardo Blanco Amor (Ourense, 1897 - Vigo, 1979) abrangue todos os xéneros: foi poeta, dramaturgo, narrador e ensaísta. Comeza nos anos de preguerra escribindo poesía de carácter vangardista —como Romances galegos (1928) e Poema en catro tempos (1931)— e a partir dos anos 50 publica as súas grandes obras narrativas e teatrais.

Narrativa: A Esmorga e Os Biosbardos

Características da Narrativa de Blanco Amor

As tres obras principais de narrativa de Blanco Amor (incluíndo Xente ao lonxe) comparten varias características principais:

  • A mesma localización espacial: Auria (ou A.), que é a figuración literaria da cidade de Ourense.
  • Localización temporal nas dúas primeiras décadas do século XX.
  • Protagonismo
...
Seguir lendo "Eduardo Blanco Amor: Análise de A Esmorga e Os Biosbardos" »

Sector Terciario: Definición, Tipos e Importancia

Economía2,29 KB

A Diversidade do Sector Terciario

Definición e Actividades

O sector terciario, ou sector servizos, acolle as actividades que proporcionan servizos destinados a satisfacer as necesidades das persoas ou doutros sectores produtivos.

As actividades máis importantes son o transporte, as comunicacións, o comercio, o turismo, a sanidade e a educación. Todas elas son actividades inmateriais, é dicir, que non producen bens materiais, de baixo nivel de mecanización e moi heteroxéneas, tanto pola súa variedade como pola cualificación profesional que esixe a súa prestación.

As Clasificacións dos Servizos

A gran diversidade de actividades do sector fai que a súa clasificación sexa moi complexa.

  • Segundo quen os presta, adóitase distinguir entre
...
Seguir lendo "Sector Terciario: Definición, Tipos e Importancia" »

Narrativa da Nova Xeración Galega: Características e Principais Autorxs

Lingua e literatura3,5 KB

É un movemento renovador da narrativa que engloba un conxunto de obras publicadas entre mediados da década dos 50 ata os anos 70. ➔ Xs autorxs da NNG van recibir influencias da literatura europea do momento, especialmente da corrente francesa do Noveau Roman.

Características

Narrador: primeira persoa, pluralidade de voces narrativas e abundante emprego da técnica do monólogo interior. Espazo: fuxida da localización concreta dos espazos, aínda que domina o espazo urbano sobre o rural. Tempo: desaparece a linealidade temporal (analepses e prolepses), o tempo pasa a ser subxectivo e redúcese ao máximo. Personaxes antiheroicas e problemáticas (loucura, paranoia, esquizofrenia...) e con personalidades desequilibradas ou traumatizadas....

Seguir lendo "Narrativa da Nova Xeración Galega: Características e Principais Autorxs" »

O Bloqueo de Berlín e a Guerra de Corea

Historia2,19 KB

O Bloqueo de Berlín

Tras a Segunda Guerra Mundial, os países vencedores (Estados Unidos, a URSS, o Reino Unido e Francia) acordaron a división de Alemaña en catro sectores, cada un deles administrado por un país. Berlín, aínda que estaba situado dentro da zona soviética, tamén foi dividido en catro zonas de ocupación.

En 1948 celebrouse a Conferencia de Londres, onde os aliados occidentais acordaron a unificación de Alemaña nun só Estado. A resposta de Stalin foi o bloqueo terrestre de Berlín. A cidade quedou illada das zonas occidentais de Alemaña. Ante o bloqueo soviético, Estados Unidos organizou unha inmensa ponte aérea para garantir o abastecemento da poboación de Berlín occidental. O bloqueo soviético foi finalmente...

Seguir lendo "O Bloqueo de Berlín e a Guerra de Corea" »

Ecoloxía: Estudo dos Ecosistemas e as súas Relacións

Bioloxía3,92 KB

Ecoloxía: ciencia que estuda os ecosistemas.

Ecosistemas: relacións que se establecen entre o conxunto de seres vivos e os factores ambientais que existen nunha zona determinada. Poden ser ecosistemas naturais ou antrópicos. Hai tres tipos de ecosistemas: terrestres, acuáticos e en transición. Os límites entre os ecosistemas ou ecotóns poden ser nítidos ou graduais. Compoñentes dun ecosistema:

  1. Biótopo: compoñente abiótico do ecosistema, formado polo medio físico e os factores químicos.
  2. Biocenose ou comunidade biolóxica: compoñente biótico do ecosistema, constituida polos seres vivos que habitan nun determinado lugar e as relacións que establecen entre eles.

Especie: conxunto de seres vivos que se poden reproducir entre eles e...

Seguir lendo "Ecoloxía: Estudo dos Ecosistemas e as súas Relacións" »

Os Sentidos Humanos: Percepción, Funcionamento e Coidado

Bioloxía9,18 KB

Percepción Sensorial: Estímulos e Sensacións

Cando soa unha música ou se acende unha luz, o teu corpo nótao. Un estímulo é calquera cambio na túa contorna que poidas percibir.

Pero como o percibe o teu corpo? A través de miles de estruturas nerviosas chamadas receptores sensoriais, que se activan cando perciben os cambios.

Os receptores sensoriais localízanse nos órganos dos sentidos: lingua, pel, oídos, fosas nasais e ollos. Algúns órganos, como a pel, teñen receptores para máis dun estímulo. Considéranse cinco sentidos: gusto, tacto, oído, olfacto e vista. A eles engádese o equilibrio, localizado no oído interno.

Os receptores envían a información ao cerebro, que é o órgano encargado de integrala e elaborar a sensación...

Seguir lendo "Os Sentidos Humanos: Percepción, Funcionamento e Coidado" »

Diferenzas Sociais e Migracións no Mundo Actual

Xeografía2,86 KB

Diferenza TMI no Mundo

Entre os países ricos e pobres hai moita diferenza. As causas son: a pobreza extrema, que implica desnutrición, falta de asistencia médica e os conflitos bélicos.

Factores de Mortalidade Dun País (Grau de Desenvolvemento)

  • A alimentación: as persoas ben alimentadas adoitan presentar unha boa saúde, teñen menor risco de enfermar e recupéranse antes.
  • O acceso a servizos de hixiene e sanitarios: o acceso á auga potable e as redes de sumidoiros evitan enfermidades e repercuten nunha maior esperanza de vida. Tamén a asistencia sanitaria e os adiantos médicos reducen a mortalidade.

ICN Baixo

É moi baixo nos países desenvolvidos (menos do 0,2%). A consecuencia é o envellecemento da poboación, xa que a poboación nova...

Seguir lendo "Diferenzas Sociais e Migracións no Mundo Actual" »

Crise de 1929: Crac da Bolsa, Gran Depresión e New Deal

Historia2,5 KB

Os felices anos 20

Na década de 1920, os EE. UU. eran a maior potencia económica mundial. O consumo de masas aumentou. A boa marcha dos negocios propiciou un incremento dos valores das empresas na Bolsa de Nova York e, desde 1925, as cotizacións non deixaron de subir, polo que moitos norteamericanos investiron os seus aforros ou solicitaron créditos para comprar accións; tamén o fixeron as empresas.

O crac da Bolsa de Nova York

O 24 de outubro de 1929 (coñecido como Xoves Negro) produciuse o afundimento do mercado de valores. O pánico fixo que toda a xente quixese vender as súas accións. Moitos arruináronse e algúns ata se suicidaron.

  • A causa principal foi a especulación bolsista (aumento do valor das accións pola demanda) combinada
...
Seguir lendo "Crise de 1929: Crac da Bolsa, Gran Depresión e New Deal" »