A Narrativa e o Ensaio na Literatura Galega do Século XX
Vicente Risco
Risco cultivou tamén a narrativa (O porco de pé, feroz sátira antiburguesa con gran carga humorística) pero a súa obra é fundamentalmente ensaísta.
A máis antiga narración de Risco é a novela curta "Do caso que lle aconteceu ó Dr. Alveiros" (1919), pouco despois de se incorporar ao galeguismo. A historia en si ten unha rebuscada sinxeleza. Bieito Alveiros, médico de profesión, un tanto misántropo e afeccionado aos saberes ocultos, entra en contacto epistolar cun personaxe un tanto peculiar, o Dr. Dehmel, quen anda á procura dun remedio que permita devolver o movemento á momia do faraón Tutankhamon.
Unha serie de relatos escritos antes de 1926 representan na obra risquiana a etapa afirmativa e optimista do seu galeguismo...