Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Secundaria

Vocabulario Galego: Definicións, Termos e Expresións

Economía3,32 KB

Adxectivos de personalidade en galego

  • Túzaro: Non lle gusta nada relacionarse coa xente e é moi difícil de tratar.
  • Testán: Malia saber que non ten razón, sempre persiste nas súas ideas.
  • Afouto: Non lle ten medo a nada. Sempre está disposto a acometer calquera reto sen temor ás dificultades.
  • Apracible: É tranquilo, sosegado, transmite moita paz.
  • Apoucado: Ten moi pouco ánimo para aprender calquera cousa ou para enfrontarse ás diferentes situacións.
  • Bulebule: Non para quieto! Sempre anda dun lado para outro, metido en mil cousas.
  • Churrusqueiro: É moi agradable e simpático.

Diferenzas: Hai, Ai, Aí, Haber, A ver

  • Hai: Forma verbal do verbo haber.
  • Ai: Partícula exclamativa.
  • Aí: Adverbio de lugar.
  • Haber: Verbo 'existir', 'ter lugar' ou 'estar
...
Seguir lendo "Vocabulario Galego: Definicións, Termos e Expresións" »

Autores Clásicos da Literatura Galega: Unha Visión Xeral

Deseño e enxeñaría7,16 KB

Obra de Eduardo Blanco Amor

Narrativa: As tres principais obras desenvólvense en Auria, Ourense, localizadas nas dúas primeiras décadas do século XX. Teñen protagonismo xuvenil e infantil, agás A Esmorga. Amosa preferencia polo narrador subxectivo e interese pola literatura realista.

A Esmorga

É a primeira novela de Eduardo Blanco Amor. Transcorre en escenarios urbanos cunha historia tráxica. Estrutúrase en tres partes:

  1. Un narrador explica como obtivo a información para escribir a historia.
  2. A historia cóntase a través de cinco capítulos que recollen a declaración de Cibrán. Neste interrogatorio reconstrúense as 24 horas de esmorga dos personaxes. Cibrán é o único sobrevivente e, polo tanto, o único acusado.
  3. O narrador autor aparece
...
Seguir lendo "Autores Clásicos da Literatura Galega: Unha Visión Xeral" »

Poboación Mundial: Distribución, Crecemento e Estrutura

Xeografía2,95 KB

Factores de Distribución da Poboación Mundial

Focos de Concentración e Despoboamento

Os principais focos de concentración de poboación son o sueste de Asia, Europa occidental e central, e a costa leste dos Estados Unidos. Pola contra, os focos de despoboamento coinciden cos polos e coas zonas frías, coas zonas de alta montaña, cos desertos e coas grandes selvas ecuatoriais.

Factores que Inflúen na Distribución

  • Factores físicos: O relevo, o clima e os solos.
  • Factores humanos: A antigüidade do poboamento e a economía.

Movemento Natural e Migratorio da Poboación

Movemento Natural

O movemento natural refírese ao crecemento ou decrecemento da poboación por causas naturais, como a natalidade e a mortalidade.

Movementos Migratorios

Os movementos...

Seguir lendo "Poboación Mundial: Distribución, Crecemento e Estrutura" »

Electrónica: Compoñentes e Funcionamento

Tecnoloxía4,88 KB

A Electrónica: Deseño e Aplicacións

A electrónica é o campo da enxeñaría relativo ao deseño e aplicación de dispositivos electrónicos. O seu funcionamento depende do fluxo de electróns para a xeración, transmisión, recepción e almacenamento de información, entre outros.

A electrónica estuda como se controla a electricidade mediante unhas pezas chamadas compoñentes electrónicos.

Sinais Analóxicos e Dixitais

  • Sinal analóxico: Un sinal analóxico é aquel que pode ter infinitos valores. Por exemplo, as ondas de radio ou de televisión son sinais analóxicas.
  • Sinal dixital: Un sinal dixital só pode ter dous valores ou estados, chamados ceros e uns, e a combinación deses valores dannos a información. Nos ordenadores a información
...
Seguir lendo "Electrónica: Compoñentes e Funcionamento" »

A Nova Narrativa Galega e Autores Clave

Outras linguas estranxeiras3,58 KB

A Nova Narrativa Galega (1950s-1960s)

Desde finais da década de 1950 ata comezos da de 1960, a narrativa galega manifesta un evidente afán de ruptura coas formas e temas tradicionais da literatura anterior. Xurdiu así a denominada Nova Narrativa Galega.

A nova narrativa aposta pola ruptura da cronoloxía lineal do argumento. Aparece o monólogo interior. Presenta personaxes anónimos, marxinais e inadaptados, con tendencia á violencia e á autodestrución. A través deles suxírese o absurdo existencial, a agresividade oculta do ser humano, a influencia do subconsciente sobre o comportamento das persoas.

Autores Destacados da Nova Narrativa

Entre os autores que os críticos inclúen neste movemento destacan:

  • Xosé Luís Méndez Ferrín
  • Carlos
...
Seguir lendo "A Nova Narrativa Galega e Autores Clave" »

Revolución Francesa: de 1789 a 1799

Historia3,2 KB

A Restauración e as Revolucións Liberais

A Restauración: Tras a derrota de Napoleón, as potencias europeas reuníronse no Congreso de Viena (1814-1815) para restaurar o absolutismo e o Antigo Réxime. Os principios da Restauración foron:

  • Lexitimismo: Restauración das monarquías absolutas.
  • Equilibrio europeo: Francia volveu ás fronteiras que tiña antes da Revolución. Fortalecéronse dous estados tapón para dificultar unha posible expansión francesa, e Austria, Prusia e Rusia gañaron territorios de forma equilibrada.
  • Intervencionismo: As potencias europeas buscaron consolidar a Restauración mediante un sistema de alianzas. Creáronse dous bloques: a Santa Alianza (Austria, Prusia e Rusia) e a Cuádrupla Alianza (Austria, Prusia, Rusia
...
Seguir lendo "Revolución Francesa: de 1789 a 1799" »

Autores e Obras Clave da Literatura Galega Contemporánea

Deseño e enxeñaría5,47 KB

1. Novelas de Álvaro Cunqueiro

  • Merlín e Familia

    Retoma a figura do mago Merlín no pazo de Miranda, en terras luguesas. A narración está posta en boca de Felipe de Amancia, antigo paxe de Merlín. O libro reúne unha sucesión de historias independentes, aínda que cun mesmo esquema.

  • As Crónicas do Sochantre

    Sitúase na Bretaña francesa, protagonizada por un músico que é recollido por un carro no que van varios defuntos. Irá escoitando historias das súas vidas pasadas.

  • Se o Vello Simbad Volvese ás Illas

    Inspírase nunha historia de As Mil e Unha Noites. Simbad é un vello xa retirado e rememora as súas aventuras como mariñeiro.

2. Narrativa e Técnica de Ánxel Fole

  • As obras A Lus do Candil e Terra Brava están ambientadas na Galicia rural

...

Seguir lendo "Autores e Obras Clave da Literatura Galega Contemporánea" »

A Expansión da Narrativa Galega Contemporánea (1980-Actualidade)

Outras linguas estranxeiras3,84 KB

A Expansión da Narrativa Galega (1980-Actualidade)

Desde 1980, a narrativa galega coñeceu unha forte expansión. Non só medrou de xeito significativo o número de autores e de obras, senón que tamén se foi consolidando un público lector estable, propiciado polos cambios sociais e políticos. A coexistencia de escritores de catro xeracións e a diversidade formal e temática das súas obras fan que a pluralidade de olladas sexa a característica máis salientable da narrativa destes últimos 25 anos.

A Continuidade dos Autores Consolidados

Os autores das xeracións dos 50 e dos 60 continúan a publicar con regularidade durante esta nova etapa. É o caso de:

  • Méndez Ferrín con Arraianos.
  • Carlos Casares coa novela póstuma O sol do verán.
  • María
...
Seguir lendo "A Expansión da Narrativa Galega Contemporánea (1980-Actualidade)" »

Medición de magnitudes físicas

Física2,89 KB

Temperatura

Os termómetros son os instrumentos que miden a temperatura. Poden ser de alcohol (laboratorio), mercurio e alcohol de ambiente. A temperatura mídese na escala de temperatura centígrada ou Celsius (ºC) ou na escala de temperatura Kelvin (K). O cero Kelvin é o cero absoluto: -273 ºC.

Redondeo

O redondeo é o desprezo das cifras situadas á dereita da última cifra significativa. A partir da medida directa de certas magnitudes, como a masa e o volume, pódese establecer a medida indirecta doutra, a densidade.

Densidade

A densidade é unha propiedade característica da materia, porque nos permite identificar unha substancia pura e diferenciala doutra.

Cifras significativas

Son cifras significativas:

  1. Os díxitos distintos de cero. Exemplo:
...
Seguir lendo "Medición de magnitudes físicas" »

Causas da Revolución das Colonias Británicas Norteamericanas

Historia4,82 KB

As causas foron o descontento das colonias por razóns políticas, xa que carecían de representantes no parlamento británico; económicas, pola súa dependencia comercial de Gran Bretaña; e territoriais, porque a ocupación dos extensos territorios situados ao oeste das colonias estaba reservada aos británicos. A chispa que ocasionou a revolución foi o intento da monarquía británica en implantar novos impostos. Os colonos negáronse a aceptalos, alegando que non foran votados por eles ao carecer de representantes no parlamento. Así, en 1773, en protesta polo establecemento dun novo imposto sobre a exportación de té, organizouse en Boston o chamado motín do té, no que un grupo de colonos disfrazados de peles roxas verteron no mar...

Seguir lendo "Causas da Revolución das Colonias Británicas Norteamericanas" »