A situación do galego na actualidade e o plurilingüismo
Lingua e sociedade: O galego na actualidade
1. A situación actual do galego
A chegada da democracia supuxo o recoñecemento do galego como lingua propia de Galicia e da súa cooficialidade co castelán. Tamén se recoñeceu o dereito dos galegofalantes a empregaren o seu idioma e mais a obriga dos poderes públicos de usalo e promovelo. Foron a Constitución española, o Estatuto de Autonomía e a Lei de Normalización Lingüística os textos legais que trouxeron consigo tal mudanza.
2. Ámbitos e contextos de uso
A lingua galega fíxose presente na vida política, na escola, nos medios de comunicación e na administración. Por outra banda, apareceron a televisión e a radio galegas. En todo caso, é nos sectores comerciais, económicos ou empresariais...