Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Secundaria

A Primeira Guerra Mundial: Causas, Inicio e Consecuencias

Historia3,83 KB

Causas do Imperialismo e da Primeira Guerra Mundial

Causas do Imperialismo

  • Económicas: O Imperialismo foi consecuencia da industrialización.
    • Os países europeos buscaban lugares onde investir os seus capitais, conseguir materias primas baratas e mercados para os seus produtos.
  • Políticas:
    • As colonias cubrían as necesidades estratéxicas das grandes potencias.
    • Querían reforzar o prestixio internacional e os sentimentos nacionalistas.
  • Ideolóxicas:
    • Sentimentos de superioridade e ideais de civilización. Evanxelización.

Formas de Dominio Imperialista

  • Colonias: Estaban baixo a soberanía e a administración da metrópole, que exercía un control político total.
  • Concesións: Algúns países independentes concedían ás potencias portos e vantaxes comerciais
...
Seguir lendo "A Primeira Guerra Mundial: Causas, Inicio e Consecuencias" »

O Estado e a Organización Territorial de España

Xeografía2,95 KB

Segundo o papel do Estado na economía:

Estado social ou de benestar (Welfare State)

Co fin de evitar as desigualdades sociais, o Estado asegura certos servizos públicos costeados a través dos impostos, como a sanidade e a educación pública. Outorga subvencións ás empresas e subsidios á poboación que o precisa. Establece un sistema de pensións á poboación xubilada (maiores de 67 anos). Exemplo: España.

Estado liberal

É aquel que deixa en mans do sector privado a educación, a sanidade e as pensións. Exemplo: Estados Unidos.

O Estado español

Está configurado na Constitución Española de 1978 e defínese como:

  • Estado social: pretende corrixir desigualdades sociais e económicas.
  • Estado democrático: baséase na participación dos cidadáns
...
Seguir lendo "O Estado e a Organización Territorial de España" »

Conceptos Clave de Xeoloxía: Fósiles, Rochas e Tectónica de Placas

Xeoloxía3,06 KB

Fósiles e Historia da Terra

Fósiles: Son calquera resto dun organismo do pasado ou da súa actividade que se conservaron ata os nosos días. Proporcionan información sobre a historia desa vida, o medio no que se formou a rocha e a súa antigüidade.

Información nas Rochas

A Natureza e Composición das Rochas

A natureza e a composición das rochas informan sobre o proceso e as condicións nas que se formaron.

A Modelaxe das Rochas

A modelaxe das rochas informa sobre o axente que a realizou.

A Estrutura das Rochas

A estrutura das rochas informa sobre os esforzos aos que foron sometidas.

Cambios do Nivel do Mar

Cambios Eustáticos

Modificacións do nivel do mar de maior amplitude, de moita duración e que afectan a todo o planeta:

  • Variación do volume
...
Seguir lendo "Conceptos Clave de Xeoloxía: Fósiles, Rochas e Tectónica de Placas" »

Historia Medieval: Reinos Xermánicos e Imperio Bizantino

Ciencias sociais3,63 KB

Os Reinos Xermánicos

Que elementos da organización romana conservaron os reinos xermánicos?

Os novos monarcas xermánicos conservaron varios elementos da antiga organización romana:

  • Conservaron a moeda imperial.
  • Asimilaron a súa lexislación á lexislación romana.
  • O latín continuou a ser a lingua oficial.
  • O cristianismo acabou por se impoñer como relixión oficial.

Por que as cidades se despoboaron e o comercio decaeu?

Coa desaparición do Imperio Romano, iniciouse un período de gran inseguridade en Occidente. A irrupción dos pobos xermánicos deu lugar a:

  • Frecuentes razzias e saqueos, xerando un clima de terror entre a poboación.
  • A interrupción das comunicacións, o que puxo fin á prosperidade do comercio e da artesanía.

Como resultado,...

Seguir lendo "Historia Medieval: Reinos Xermánicos e Imperio Bizantino" »

Autores e obras da literatura galega: selección de títulos

Deseño e enxeñaría4,64 KB

Álvaro Cunqueiro

Álvaro Cunqueiro: Narrativa: Merlín e familia, As crónicas do sochantre, Se o vello Sinbad volvése ás illas. Libros de relatos: Escola de menciñeiros, Xente de aquí e de acolá, Os outros feirantes. Poesía: Dona de corpo delgado, Herba aquí ou acolá, Cantiga nova que se chama Riveira. Teatro: O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca, A noite vai coma un río. Ensaio: Tesouros novos e vellos, A cociña galega.

Anxel Fole

Anxel Fole: Narrativa: A lus do candil, Terra brava, Contos de néboa, Historias que ninguén cre. Teatro: Pauto do demo.

Xosé Neira Vilas

Xosé Neira Vilas: Narrativa (GRI): Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo, Aqueles anos do Moncho; (GRA) Xente no rodicio, A muller de ferro, Querido

...
Seguir lendo "Autores e obras da literatura galega: selección de títulos" »

Intervención de España en Marruecos (1904-1927): Causas, hechos e consecuencias

Ciencias sociais2,45 KB

La presencia española en Marruecos vai aumentar a comezos do século XX.

CAUSAS:

- A presenza de Francia no norte de África crea tensión xa que os franceses buscan expandirse en Marruecos e isto a Inglaterra non lle favorecía, polo que apoiou a España na Conferencia de Alxeriras (1906), polo que se acepta que o sur de Marruecos fose para Francia e o norte e a saída ao Mediterráneo para España.

- Necesidade de aumentar o prestixio militar e nacional de España tras a perda de Cuba. Aínda que non todos os españois estaban a favor da presenza de España en Marruecos.

Entre 1909 e 1917, vai producirse a guerra en Marruecos entre tropas españolas contra os indíxenas de alí pola ocupación española.

A ocupación española tivo 2 fases:

1ª...

Seguir lendo "Intervención de España en Marruecos (1904-1927): Causas, hechos e consecuencias" »

A Poesía Galega dos 80 e 90: Evolución e Tendencias

Lingua e literatura2,8 KB

A ruptura co socialrealismo

Con Con pólvora e magnolias iníciase a ruptura co socialrealismo. A pegada de Méndez Ferrín, xunto coa obra de Manuel Antonio e Álvaro Cunqueiro, terán unha influencia determinante na obra dos autores que se dan a coñecer nas últimas décadas. Asistimos a unha época caracterizada tanto pola diversidade temática como pola numerosa aparición de voces e tendencias.

A poesía nos anos 80

Os cambios sociopolíticos do fin da ditadura teñen influencia no plano creativo. Consólidase a renovación poética a través de voces que rexeitan o socialrealismo dominante en décadas anteriores. Moitos deles participan en revistas de expresión poética, conforman grupos poéticos, danse a coñecer a través de certames...

Seguir lendo "A Poesía Galega dos 80 e 90: Evolución e Tendencias" »

Prosa Galega do S.XX: Vicente Risco, Otero Pedrayo e Castelao

Outras linguas estranxeiras3 KB

A PROSA DO PRIMEIRO TERZO DO S.XX

VICENTE RISCO

Obra narrativa

  • Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (trata o mundo do ultratumba).
  • O lobo da xente (lenda popular).
  • A trabe de ouro e a trabe de alquitrán (de base folclórica).
  • A Coutada (diálogo filosófico).
  • Os europeos en Abrantes (sátira contra a sociedade ourensá).
  • O porco de pé: É a súa obra máis importante. O personaxe principal, Don Celidonia, un comerciante de orixe castelá, chega a alcalde. Representa a vulgaridade e o materialismo da nova burguesía. Tamén amosa unha crítica sobre a sociedade ourensá.

Obra ensaística

  • Etapa pregaleguista: Nós, os inadaptados.
  • Etapa nacionalista: Teoría do nacionalismo galego.
  • Etapa posnacionalista: Comeza coas crónicas da súa viaxe por
...
Seguir lendo "Prosa Galega do S.XX: Vicente Risco, Otero Pedrayo e Castelao" »

Reformas Borbónicas en Galicia: Institucións, Comercio e Guerras

Historia2,64 KB

A Galicia Borbónica: As Realizacións dos Borbóns no Reino

Os Borbóns crearon novas institucións e servizos en Galicia:

A Intendencia do Reino de Galicia

  • Tiña amplas funcións en temas relacionados co exército, facenda, xustiza e policía.
  • Establecida na Coruña, converteuse na principal institución potenciadora do desenvolvemento económico de Galicia.

O Arsenal de Ferrol e as Fortificacións Costeiras

Galicia converteuse para os Borbóns no lugar onde recibir ou rexeitar os ataques das frotas estranxeiras (sobre todo inglesas) que se dirixían a saquear as cidades costeiras españolas ou capturar os barcos cargados de mercadorías procedentes de América.

  • Xosé Patiño, ministro de Filipe V, estableceu en Ferrol a sede do Departamento Marítimo
...
Seguir lendo "Reformas Borbónicas en Galicia: Institucións, Comercio e Guerras" »

España: Ocupación e Guerra de Independencia (1788-1813)

Historia2,44 KB

España: ocupación e liberación

Carlos IV sucedeu ao seu pai Carlos III, reinando dende 1788 ata 1808, é dicir, en plena Revolución Francesa. O seu reinado caracterízase por:

  • Ser un monarca conservador: O rei tiña medo de que as ideas da revolución acabasen coa monarquía en España como sucedera en Francia.
  • Ceder o goberno de España ao seu protexido Manuel Godoy: (home de confianza da raíña). Nun primeiro momento aliouse con Francia en contra de Inglaterra, durante a Guerra de Independencia das colonias americanas. Finalmente, as tropas franco-españolas foron derrotadas polas tropas inglesas na batalla de Trafalgar (1805).
  • A invasión francesa: Durante o seu reinado produciuse a invasión de España por parte de Napoleón.

A guerra contra

...
Seguir lendo "España: Ocupación e Guerra de Independencia (1788-1813)" »