A revolución industrial: causas, procesos e consecuencias

Ciencias sociais3,33 KB

A revolución industrial

1. Os factores da primeira revolución industrial

A alta taxa de natalidade e a baixa mortalidade orixinaron un gran aumento da poboación, é dicir, unha revolución demográfica. Isto provocou, á súa vez, un aumento do consumo.

A revolución agrícola

  • Características:
    1. Utilización de maquinaria e fertilizantes.
    2. Reforma da gandería.
    3. Cambio das estruturas agrarias.
    4. Aumento da produción.
  • Éxodo rural: O emprego de maquinaria reduciu notablemente a man de obra, orixinando así un éxodo rural.
  • Excedente: Cantidade de produto sobrante dun obxecto producido.

2. A primeira revolución industrial

A revolución demográfica e a revolución agrícola orixinaron a revolución industrial.

Gran Bretaña foi o máximo expoñente da revolución industrial, xa que tiña:

  • Man de obra suficiente.
  • Ferro e carbón.
  • Unha mentalidade liberal.

Os sectores punteiros foron o téxtil e o siderúrxico.

3. A revolución dos transportes

Precísanse novos medios de transporte para mellorar o comercio e abastecer as fábricas.

Consecuencias:

  • Forte crecemento do comercio.
  • Economía mundial máis especializada.
  • Mellora da dieta.

4. Segunda revolución industrial

  • Novas fontes de enerxía: Do carbón pasouse ao petróleo e á electricidade.
  • Novos sectores produtivos: Do téxtil estendéronse sectores como o siderúrxico, a industria eléctrica e a industria química.
  • Novos propietarios das empresas: Da empresa familiar a grandes empresas (S.A.) e á banca moderna.
  • Novos sistemas produtivos: Taylorismo, Fordismo e concentración empresarial.

5. O efecto da industrialización na poboación e nas cidades

  • Demografía: Descenso da mortalidade e aumento da natalidade que dá lugar ao crecemento demográfico.
  • Proceso de urbanización: A mecanización das labores agrícolas e a concentración da produción nas cidades déronse como consecuencia o éxodo rural.
  • Migracións transoceánicas: O exceso de éxodo rural orixinou migracións transoceánicas.

7. As clases

  • Clases altas:
    • Aristocracia: Perdeu os dereitos feudais e mantén o seu modelo social.
    • Burguesía: É a clase poderosa da época; os seus valores: culto ao traballo, febre do saber, aforro e exaltación da familia e do fogar.
  • Clases baixas — Campesiños: Pequenos propietarios, xornaleiros e servos.

8. A aparición do movemento obreiro

Movemento obreiro: Conxunto de iniciativas co obxectivo de lograr melloras laborais.

Ludismo: Destrución de maquinaria como forma de protesta.

Reivindicacións:

  • Sufraxio universal masculino e feminino.
  • Dereito á folga.
  • Creación e recoñecemento de sindicatos laborais.

Descargar

PDF Word HTML