Linguas da Península Ibérica: situación e status legal
Linguas na Península Ibérica
A península ibérica divídese en tres estados: Andorra, que é monolingüe co catalán; Portugal, que é prácticamente monolingüe, aínda que conta con dúas linguas oficiais, o portugués en todo o Estado e o mirandés en Miranda do Douro; e o Estado español, no cal coexisten sete linguas con extensión, vitalidade e recoñecemento legal moi distintos.
Linguas do Estado español
Cerca da metade dos cidadáns que habitan no territorio do Estado español residen en áreas xeográficas onde o castelán convive con outra lingua propia desa área; as linguas son: galego, asturleonés, castelán, éuscaro, aragonés, catalán e aranés.
A Constitución española, no seu artigo terceiro, establece que o castelán é...