Xeración Nós: Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas e Losada

Lingua e literaturaActualizado o 2,39 KB

Resumo

O texto presenta a Xeración Nós, formada por Vicente Risco, Florentino Cuevillas, Otero Pedrayo e Anton Losada, con Castelao como incorporación posterior. Explica a súa orixe social, a súa evolución cara ao galeguismo e a importancia da revista Nós, fundada en Ourense en 1920. Tamén recolle datos biográficos e obras destacadas de Risco e Otero Pedrayo.

Puntos clave

  • A Xeración Nós naceu en torno a 1885 e pertence cronoloxicamente á xeración das Irmandades da Fala.
  • Os seus membros tiñan procedencia social acomodada e evolucionaron desde o cosmopolitismo e o exotismo cara ao galeguismo.
  • A revista Nós foi fundada en Ourense en 1920, publicáronse 144 números e desapareceu en 1936.
  • Nós foi a publicación máis importante da Galiza da preguerra e consolidou e modernizou a prosa.
  • Vicente Risco publicou Teoría do Nacionalismo Galego en 1920 e dirixiu a revista Nós.
  • Otero Pedrayo publicou Os camiños da vida, primeira gran novela da literatura galega, sobre a decadencia da fidalguía e o ascenso da burguesía.

Ponte á proba

Xeración Nós

Formada por Vicente Risco, Florentino Cuevillas, Otero Pedrayo e Anton Losada. Todos eles naceron en torno a 1885 e pertencen cronoloxicamente á xeración das Irmandades da Fala. As características comúns: a súa procedencia social acomodada e a evolución cara o galeguismo desde unha etapa inicial de cosmopolitismo e exotismo. A eles uniuse Castelao.

A Revista Nós

O nome do grupo procede da revista Nós, que foi fundada en Ourense en 1920 e desapareceu en 1936, publicáronse 144 números. Foi a publicación máis importante da Galiza da preguerra. O seu principal logro no plano literario foi a consolidación e modernización da prosa, e no plano político foi que participaron nas teses do nacionalismo e lideraron o Partido Galeguista.

Vicente Risco (Ourense, 1884-1936)

Desde a infancia ten amizade con Otero Pedrayo e Cuevillas. Funda a revista La Centuria (1927) en colaboración con Otero e Cuevillas. Tratábase dunha revista literaria e teosófica que expresa o interese naquel tempo polo ocultismo e o orientalismo. A fins de 1917 únese ás Irmandades da Fala e inicia a súa etapa galeguista. En 1920 publica Teoría do Nacionalismo Galego. En 1920 funda a revista Nós e asume a dirección literaria da mesma. Cando en 1923 se funda o Seminario de Estudos Galegos, Risco encargarase da dirección da sección Etnografía e Folclore. En 1933 publica na revista Nós o texto Nos, os inadaptados no que explica a súa traxectoria e evolución ideolóxica. En 1931 funda con Otero Pedrayo o Partido Nacionalista Galego que conflúe na creación do Partido Galeguista pero abandona este cando se integra na Fronte Popular. O porco de pé representa o materialismo e vulgaridade da nova burguesía.

Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976)

En 1918 ingresa nas Irmandades da Fala e máis tarde únese ao Seminario de Estudos Galegos. Tamén comeza a súa actividade política coa fundación do Partido Nacionalista Republicano, integrado logo no Partido Galeguista, onde comparte actividade política con Castelao, Risco, Alexandre Bóveda... Os camiños da vida é a súa principal novela e primeira gran novela da literatura galega. Trata sobre os cambios que se producen na Galiza do século XIX fundamentalmente na decadencia da fidalguía e o ascenso da burguesía.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Quen formaba a Xeración Nós?

A Xeración Nós estaba formada por Vicente Risco, Florentino Cuevillas, Otero Pedrayo e Anton Losada, e a eles uniuse Castelao.

De onde procede o nome da Xeración Nós?

O nome procede da revista Nós, fundada en Ourense en 1920, que foi a publicación máis importante da Galiza da preguerra.

Que é a novela Os camiños da vida?

É a principal novela de Otero Pedrayo e a primeira gran novela da literatura galega, que trata dos cambios na Galiza do século XIX, como a decadencia da fidalguía e o ascenso da burguesía.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. En que cidade foi fundada a revista Nós?
2. Cantos números se publicaron da revista Nós?
3. Que obra publicou Vicente Risco en 1920?
4. Cal foi o principal logro literario da revista Nós?
5. Sobre que trata a novela Os camiños da vida?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.