Criterios para a selección da variedade estándar do galego

Lingua e literaturaActualizado o 2,75 KB

Resumo

O texto explica o que é a variedade estándar dunha lingua e recolle os catro criterios usados para escoller a do galego: o supradialectalismo, a tradición literaria, a harmonía coas linguas romances e a exclusión dos castelanismos. Tamén describe o papel do Atlas Lingüístico de Galicia e a importancia da recuperación léxica para reducir a diglosia.

Puntos clave

  • A variedade estándar é unha elaboración artificial e planificada, derivada do diasistema dunha lingua, para o ensino, os usos oficiais e a escrita formal.
  • O supradialectalismo prefire as formas con maior extensión xeográfica e demográfica, apoiándose nos estudos do Atlas Lingüístico de Galicia (ALGa).
  • A tradición literaria funciona como criterio de autoridade, ao dar prestixio e asentar formas de uso prolongado.
  • A proximidade co portugués permitiu introducir cultismos na época da Xeración Nós para prestixiar o galego.
  • A exclusión de castelanismos busca eliminar palabras innecesarias fronte ás galegas e reducir o uso diglósico do idioma.

Ponte á proba

Criterios para a selección da variedade estándar

A variedade estándar é unha elaboración artificial e planificada a partir do diasistema dunha lingua, co obxecto de obter un modelo de lingua unitario para o ensino, os usos oficiais e os usos escritos e formais, que á súa vez permita cohesionar política e socialmente o territorio onde é oficial. No caso do galego, os criterios para a selección desta variedade estándar son os seguintes: supradialectalismo, o uso literario, harmonía coas demais linguas romances e a exclusión dos castelanismos.

Supradialectalismo e xeografía lingüística

En primeiro lugar, os estudos científicos realizados para a elaboración do Atlas Lingüístico de Galicia (ALGa) determinaron a base sobre a que se estableceron os tres bloques e as súas respectivas áreas dialectais, de modo que as opcións tomadas para as formas normativas recollen a base diatópica da lingua no momento histórico actual, preferindo as formas con maior extensión xeográfica e demográfica coa finalidade de que a maior parte da poboación se identifique con elas.

Tradición literaria como autoridade

Outro criterio que tamén se tivo en conta foi a tradición literaria, pois en todas as linguas se utiliza este criterio como elemento ‘de autoridade’ ao referirse a un rexistro elaborado que dá prestixio ao idioma: a riqueza e precisión léxica, a expresividade, combínanse para proporcionar asentamento a unhas formas que teñen un asentamento no uso ao longo do tempo.

Harmonía coas linguas romances e o portugués

Por outra banda, a harmonía coas demais linguas romances ten como elemento importante a proximidade co portugués: xa na época da Xeración Nós isto permitiu que no galego se introducisen cultismos tomados desta lingua como forma de prestixiar o uso do noso idioma, o que favoreceu que o galego chegase a ámbitos como o científico.

Exclusión de castelanismos e recuperación léxica

Por último, a presión que o castelán exerce sobre o galego produce que os falantes só o utilicen en determinados ámbitos ou mesmo que xa non o utilicen. Isto débese a que o castelán é o idioma relacionado co progreso e a cidade, mentres que o galego se asocia co mundo rural e coas clases menos favorecidas. O traballo de recuperación do léxico foi neste sentido moi necesario para eliminar palabras do castelán innecesarias fronte ás galegas e para reducir o uso diglósico do idioma.

Conclusión

En definitiva, os criterios para a selección da variedade estándar combinan varios aspectos científicos, históricos, mesmo sociais, coa intención de asegurar unha norma que permita o asentamento social do idioma e a súa adaptación ao mundo actual.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Cal é a función da variedade estándar?

Ofrecer un modelo de lingua unitario para o ensino, os usos oficiais e os escritos formais, que permita cohesionar social e politicamente o territorio onde é oficial.

Que é o Atlas Lingüístico de Galicia (ALGa) e para que serviu neste proceso?

Os estudos científicos realizados para o ALGa determinaron a base sobre a que se establecieron os tres bloques dialectais e as súas áreas, e as formas normativas recollen esa base diatópica.

Por que se considera a proximidade co portugués un criterio de selección?

Porque, desde a Xeración Nós, o galego incorporou cultismos tomados do portugués para prestixiar o idioma, o que facilitou que chegase a ámbitos como o científico.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. Que se busca cando se elabora unha variedade estándar?
2. Cal dos seguintes NON é un dos criterios citados para a selección do estándar galego?
3. Que preferen as formas normativas segundo o criterio supradialectal?
4. Que papel xogou a Xeración Nós respecto ao portugués?
5. Por que se propón recuperar léxico galego?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.