Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas

Cantigas de escarnio e maldicir

Lingua e literatura3,01 KB

Cantiga Escarnio e maldicir:  Poemas nos que o poeta fai unha critica da sociedade do seu tempo, a través da ironía, hiperbole, burla ou sarcasmo. De Escarnio: Critican de xeito encuberto, con dobres sentidos, xogos de palabras, alusions e eufemismos. De maldicir: Criticase directamente con palabras claras. Orixe: Relacionase co sirventés. Influiu sobre unha poesia oral, satirica ou autoctona, antecesora de cantigas populares. Temas:  Satira Politica: Condena a covardia da nobreza cristiá nas guerras contra os musulmans. Falan do conflicto entre Sancho I e o conde de Boloña. Censuran á nobreza e á Igrexa por apoiar o segundo. Sátira Social: Faise burla da penuria sufrida polos infanzóns fachendeandose de ter un estatus social importante
...
Seguir lendo "Cantigas de escarnio e maldicir" »

Xente ao lonxe resumen

Lingua e literatura11,33 KB

A PROSA ENTRE 1936 E 1976: OS RENOVADORES DA PROSA
(Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas)
De todas as obras publicadas no período que abrangue do ano 36 ao ano 1976 pódese facer a seguinte Clasificación cronolóxica:
1. A narrativa nos anos 50:
Continuación da prosa da Xeración Nós: a decadencia da fidalguía. En 1951 publícase A xente da Barreira, de Ricardo Carballo Calero, primeira novela en galego publicada en Galiza despois da Guerra Civil. Otero Pedrayo Retoma na posguerra o seu labor con obras como O señorito da Reboraina (1960) ou O espello no serán (1966).  Obras moi individuais, sen conexións temáticas entre elas, que pertencen ben á narrativa realista, ben á fantástica ou ben á popular. Os

...

Seguir lendo "Xente ao lonxe resumen" »

Vulgarismos galego

Outras materias4,58 KB

O Rexurdimento:galego popularizante:Este galego atopámolo nos escritores<<precursores>>e nos do Rexurdimento.Caracterízase pola presenza castelanismos,dialectalismos e vulgarismos propios da fala.Estes escritores toman como referencia a lingua oral popular.Os escritores desta época amosan unha clara vontade interdialectal,intentan empregar trazos lingüísticos e vocabulario das diferentes variedades xeográficas do galego.Comenzaron a escribir en galego sen dispor de ningún modelo lingüístico.A situción vai virar un pouco na lingua empregada por Eduardo Pondal.No que respecta á ortografía,recorren ao modelo da lingua cástelá,que era a que mellor coñecían.O problema residía na representación dos fonemas que non existen...

Seguir lendo "Vulgarismos galego" »

Celso emilio ferreiro

Lingua e literatura1,31 KB

Celso Emilio Ferreiro bb dunha sólida tradición de poesía cívica, q ten en Cursos Enríquez e Ramón Cabanillas os mellores exemplos. Hai q entendela nun contexto de politización do discurso poético q tenta conxugar a mensaxe comprometida co mantemento do rigor formal. Pensaba q a misión do poeta era reflectir a época q lle tocou vivir e as relacións dos seres humanos coas circunstancias históricas e sociais. No q se refire á lingua, predomina o ton coloquial en consonancia co contido directo e claro. Respecta a métrica, é moi variada e predomina o verso libre. Con frecuencia nn se axusta aos esquemas rítmicos e estróficos tradicionais.

Historia da Península Ibérica: Neolítico, romanización e Idade Media

Historia31,18 KB

O Neolítico: revolución agropecuaria e social

O Neolítico, literalmente «pedra nova», foi unha auténtica revolución para as colectividades humanas, porque supuxo que por primeira vez o ser humano podía controlar o abastecemento de alimentos tras aprender a cultivar plantas e domesticar animais. O home deixa de ser exclusivamente depredador para producir os seus propios alimentos; malia isto, non abandona do todo a caza, a pesca e a recoleción. Estes descubrimentos deron lugar a un importante incremento da poboación e á aparición dos primeiros poboados estables. A sedentarización favoreceu a especialización e a división do traballo, o que propiciou a xeración de excedentes, a aparición de propiedade privada e a diferenciación

...
Seguir lendo "Historia da Península Ibérica: Neolítico, romanización e Idade Media" »

Poesía de vangarda galega: características e autores

Lingua e literatura12,32 KB

A poesía de vangarda: características, autores e obras

A poesía de vangardas: os ismos na etapa de preguerra

Co comezo do século XX, aparecen por toda Europa grupos de artistas mozos que rexeitan as súas tradicións culturais, por consideralas caducas e incapaces de expresar novas realidades culturais e científicas. A situación política (son os anos que culminan na 1ª Guerra Mundial) e os cambios sociais favoreceron a aparición dos movementos de vangarda, que pretenden reflectir as formas de vida moderna.

En Galicia, se a narrativa e o teatro foron renovados polos homes de Nós antes da Guerra Civil española, na mesma época, a renovación da poesía galega veu da man dun grupo de escritores moi novos que se encargaron de superar a...

Seguir lendo "Poesía de vangarda galega: características e autores" »

O Galego Medieval: Historia, Esplendor e Evolución

Lingua e literatura2,6 KB

O período medieval do galego (séculos IX-XV)

O período medieval da historia do galego esténdese ao longo de setecentos anos de virtual normalidade lingüística (IX-XV), que comeza a verse ameazada no último treito. A lingua deste período recibe o nome de galego antigo ou galego-portugués.

Ámbito xeográfico e formación

O galego antigo abarca o territorio da antiga Gallaecia romana, o que hoxe corresponde a Galicia, o norte de Portugal ata o río Douro e parte de Zamora, León e Asturias. O galego e o portugués comparten a primeira etapa da súa formación como idioma ata o século XIV, momento no que seguirán camiños diferentes.

O galego antigo ata 1350

Durante a Baixa Idade Media, o galego comeza a disputarlle ao latín a condición...

Seguir lendo "O Galego Medieval: Historia, Esplendor e Evolución" »

Glosario de termos históricos en galego

Xeografía2,55 KB

Glosario de termos históricos

Aula Regia

Aula Regia: órgano asesor real na etapa visigoda, formado por altos funcionarios, aristócratas e cregos. Entre as súas funcións estaban a elección do rei e a colaboración co rei na preparación de leis e, en xeral, o asesoramento militar, político e xurídico.

Bárbaros

Bárbaros: estranxeiros segundo os romanos. É un termo pexorativo empregado na época romana para referirse ás persoas alleas á civilización que non falaban grego ou latín.

Castro

Castro: poboado fortificado prerromano, constituído por murallas, foxos e terrapléns que acollen no seu interior construcións domésticas realizadas en pedra, nas que domina a planta redondeada. Están situados no noroeste peninsular. Desenvolveuse...

Seguir lendo "Glosario de termos históricos en galego" »

A Normativización do Galego: Fases, Criterios e Interferencias

Lingua e literatura4,07 KB

A Normativización e Estandarización da Lingua Galega

Todas as linguas precisan dunha variedade unificada, común a todos os seus falantes, que sirva de vehículo para a comunicación formal (ensino, medios de comunicación...). O proceso polo que se elabora esta variedade chámase normativización ou estandarización lingüística.

Fases do Proceso de Estandarización do Galego

O galego puido comezar o seu proceso de estandarización no século XIX e consta de catro fases:

  1. Galego popularizante (S. XIX): galego literario próximo á oralidade.
  2. Galego enxebrista (comezos do XX ata 1936): exáltase o enxebre, todo aquilo diferente ao castelán.
  3. Galego protoestándar (desde 1936 ata os anos 70): acelérase o proceso de depuración de castelanismos
...
Seguir lendo "A Normativización do Galego: Fases, Criterios e Interferencias" »

A Nova Narrativa Galega (NNG): Historia e Autores

Lingua e literatura3,73 KB

A Nova Narrativa Galega (1954-1969)

Os autores da Nova Narrativa Galega (NNG) publicaron entre 1954 e 1969. As súas obras marcan unha ruptura e innovación na narrativa en galego, influenciadas por varios factores sociolóxicos e socioliterarios:

Factores sociolóxicos

  • Os autores eran novos, de clase media-baixa e con formación universitaria.
  • Viaxaron fóra do Estado español, onde aprenderon estilos literarios de países como Francia e Inglaterra.

Factores socioliterarios

  • A maioría estréase na colección Illa Nova da Editorial Galaxia e colabora no suplemento literario La Noche.
  • Gañaron popularidade ao coincidir nos certames das Festas Minervais de 1953.
  • Referentes: Autores de Europa occidental e Norteamérica (James Joyce, Kafka, William Faulkner,
...
Seguir lendo "A Nova Narrativa Galega (NNG): Historia e Autores" »