Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas

Rexurdimento galego: historia e evolución

Lingua e literatura3,63 KB

O Rexurdimento da lingua e cultura galega no século XIX

No século XIX produciuse o Rexurdimento literario do galego. As ideas do Romanticismo favoreceron o desenvolvemento dunha corrente ideolóxica galeguista, cos obxectivos fundamentais da defensa de Galicia e da súa lingua. A guerra contra os franceses propiciou o uso do galego en impresos. O uso do galego estendeuse, así mesmo, ao tratamento doutros temas políticos do momento, que esixían o emprego da lingua dos seus destinatarios.

Centralismo e uniformización do Estado español

Consolidouse un aparato de administración dun Estado liberal; estas ideas están plasmadas na Constitución de Cádiz. O cambio político trae consigo o centralismo e a uniformación do Estado. En 1833 modifícase...

Seguir lendo "Rexurdimento galego: historia e evolución" »

A Xeración dos 50: Autores, Obras e Contexto en Galicia

Lingua e literatura3,85 KB

A Xeración dos 50

Algúns autores da xeración dos 50, universitarios e emigrantes, compartiron proxectos editoriais e culturais arredor do grupo Brais Pinto.

Grupo Brais Pinto

Está formado por estudantes universitarios e traballadores como Bernardino Graña, Xosé Luís Méndez Ferrín e Ramón Lourenzo.

A súa actividade xira arredor da reivindicación de Galicia a través de proxectos culturais como a fundación da editora co mesmo nome. Teñen influencias artísticas e literarias internacionais que lles valen para intentar renovar a arte e a literatura galega con novas propostas estéticas.

Bernardino Graña

Comeza a súa andaina poética no existencialismo propio da Escola da Tebra. Do cabti á materia, ao mar pasará a unha poesía máis...

Seguir lendo "A Xeración dos 50: Autores, Obras e Contexto en Galicia" »

Grandes Nomes e Conceptos Clave da Literatura Galega

Outras linguas estranxeiras5,48 KB

Álvaro Cunqueiro: Vida e Obra Literaria

Álvaro Cunqueiro estudou en Santiago de Compostela (1930), onde a vida cultural e artística era moi activa.

Obra Poética Inicial

Escribiu tres libros importantes de poesía:

  • Mar ao Norde (1932)
  • Poemas de si e non (1933)
  • Cantiga nova que se chama Ribeira (1933)

Carreira Xornalística e Retorno

Durante a Guerra Civil, Cunqueiro dedicouse á docencia e tamén ao xornalismo. Cando rematou a guerra, exerceu a práctica xornalística en Madrid ata retornar en 1947 ao seu lugar de nacemento.

Fundación de Galaxia e Narrativa Galega

Fundou a Editorial Galaxia coa axuda do seu amigo Francisco Fernández del Riego. Con iso, comezou a escribir textos narrativos en galego, publicando os seguintes:

  • Merlín e familia (1955)
...
Seguir lendo "Grandes Nomes e Conceptos Clave da Literatura Galega" »

Guía de Terminoloxía de Fitness e Aeróbic: IMC, ZAFS e Tai Chi

Deporte e educación física3,25 KB

IMC: Índice de Masa Corporal. IMC = kg/m2
Z.A.F.S: Zona de Pulsacións Seguras para a Actividade Física Aeróbica.
Quencemento: Exercicios que se fan coa finalidade de preparar o organismo para unha actividade maior. FASES: Activación, mobilidade articular, desenvolvemento muscular, estiramentos.

Capacidades Físicas Básicas

  • Resistencia
  • Forza
  • Velocidade
  • Flexibilidade

Resistencia Aeróbica

Esforzo de longa duración e baixa intensidade. Frecuencia cardíaca: 140-160 pulsacións/minuto (pul.).

Resistencia Anaeróbica

Esforzo de curta duración e alta intensidade. Frecuencia cardíaca: 180 pulsacións/minuto (pul.).

Traballo Continuado de Resistencia

Longo período de tempo sen descansos, baixa intensidade. Ex.: Fartlek.

Traballo Fraccionado de Resistencia

Curto...

Seguir lendo "Guía de Terminoloxía de Fitness e Aeróbic: IMC, ZAFS e Tai Chi" »

A Intensidade na Música: Definición e Importancia

Música2,49 KB

A intensidade defínese como o nivel de forza co que se realiza unha acción ou se manifiesta un fenómeno, un sentimento, etc. Existen intensidades fortes e débiles. A intensidade dun son é relativa, entón para saberlo hai que comparalo, o que para un músico pode ser forte para outro pode ser pouco forte.

A intensidade é a forza do son e mídese en decibelios (dB). Os 10 dB están por debaixo deste limiar e o noso oído non é capaz de percibilos, os sons superiores a 140 dB están por enriba da dor e poden causarnos danos irreparables nos oídos.

En música, a intensidade é a que nos permite diferenciar sons fortes e débiles, é unha das 4 calidades do son, xunto coa altura, a duración e o timbre. Os compositores utilizan os cambios...

Seguir lendo "A Intensidade na Música: Definición e Importancia" »

Italia fascista: orixe e chegada ao poder (1918–1924)

Historia2,66 KB

Orixe

Crise de posguerra: o custo da vida en Italia subira moito respecto aos salarios e o nivel de vida da clase traballadora baixara. En 1918, as organizacións obreiras intentaron recuperar esas perdas do poder adquisitivo. Esta foi a orixe dun movemento de folga. Producíronse folgas e os obreiros ocuparon numerosas fábricas no Norte de Italia. Desenvolveuse un movemento de ocupación de terras dos grandes propietarios.

Todos estes movementos foron reprimidos, pero o temor á bolxevización e ao estalido dunha revolución social estendeuse entre a burguesía. A monarquía constitucional atravesaba unha situación de forte inestabilidade. Entre 1919 e 1922 sucedéronse cinco gobernos diferentes. O réxime constitucional apoiábase nunha coalición...

Seguir lendo "Italia fascista: orixe e chegada ao poder (1918–1924)" »

Métodos anticonceptivos e ciclos reprodutores femininos

Bioloxía3,88 KB

Métodos anticonceptivos

Os métodos anticonceptivos son os mecanismos que utilizan os seres humanos para evitar que se produza o desenvolvemento embrionario.

Tipos de métodos anticonceptivos

Os métodos naturais

  • Método Ogino: estuda os ciclos menstruais ao longo do ano para calcular aproximadamente o día da ovulación.
  • Control de temperatura corporal: consiste en tomar a temperatura diariamente en xaxún e sen realizar ningún exercicio físico para predecir o día da ovulación.

Os métodos artificiais

  • Métodos de barreira: impiden a entrada do seme no útero. Os máis comúns son o preservativo e o diafragma. O preservativo, ademais de ser un método anticonceptivo, evita as enfermidades de transmisión sexual.
  • Métodos hormonais e químicos:
...
Seguir lendo "Métodos anticonceptivos e ciclos reprodutores femininos" »

Cantigas galego-portuguesas: orixe, cancioneiros e evolución

Outras linguas estranxeiras4,09 KB

Cando nacen as linguas románicas?

Cando nacen as linguas románicas? Século IX d. C. Escritos castelán: s. IX–X; galego: s. XII.

Documentos e séculos onde se recopilaron as cantigas profanas

Documentos e séculos onde se recopilaron as cantigas profanas: O proceso de recopilación e copiado das cantigas (que levou á confección de cancioneiros) é parte da tradición manuscrita. Os poemas galego-portugueses son obra dos trobadores, que facían unha elaboración escrita pero eran interpretados de xeito oral; transmitíanse a través de códices como:

  • Cancioneiro de Ajuda: (últimas décadas do s. XIII) é un manuscrito incompleto, carece dalgunhas follas e dos nomes de varios autores; falta notación musical. Contén cantigas de amor. Está
...
Seguir lendo "Cantigas galego-portuguesas: orixe, cancioneiros e evolución" »

Segregación, Integración e Inclusión na Educación

Electrónica2,44 KB

A segregación

A segregación fai referencia a apartar, separar a alguén de algo ou unha cousa doutra. Desta forma, o segregacionismo é aquela política dirixida a separar, excluír e apartar a grupos tales como as minorías raciais, as mulleres, os homosexuais, as minorías relixiosas e as persoas con discapacidades, entre outros, do resto da poboación humana, con base principalmente en formulamentos de tipo racial, sexual, relixioso ou ideolóxico.

A normalización

A normalización é o proceso de elaborar, aplicar e mellorar as normas que se aplican a distintas actividades científicas, industriais ou económicas co fin de ordenalas e melloralas. Deberanse formular e aplicar regras para unha aproximación ordenada a unha actividade específica...

Seguir lendo "Segregación, Integración e Inclusión na Educación" »

A Narrativa Galega no Século XX: Evolución, Autores e Xéneros

Outras linguas estranxeiras3,31 KB

A Narrativa Galega a Finais do Século XX

A finais do s. XX, a literatura galega tivo un gran desenvolvemento que afectou a tódolos xéneros. A narrativa tivo un papel preponderante, asumindo novas modalidades como a novela policial, a ficción científica ou a narrativa erótica.

Factores Clave na Consolidación Literaria Galega

Diversos elementos propiciaron esta multiplicación e consolidación do noso sistema literario:

  • Cambios políticos: A chegada da democracia, a escolarización en galego e o consecuente aumento de lectores.
  • Premios literarios: A convocatoria de premios contribuíu a renovar o discurso narrativo e serviu de plataforma para dar a coñecer a moitos autores.
  • Ampliación editorial: Ampliouse o mundo editorial galego (Xerais,
...
Seguir lendo "A Narrativa Galega no Século XX: Evolución, Autores e Xéneros" »