Xente ao lonxe resumen
A PROSA ENTRE 1936 E 1976: OS RENOVADORES DA PROSA
(Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas)
De todas as obras publicadas no período que abrangue do ano 36 ao ano 1976 pódese facer a seguinte
Clasificación cronolóxica:
1. A narrativa nos anos 50:
Continuación da prosa da Xeración Nós: a decadencia da fidalguía. En 1951 publícase A xente da Barreira, de
Ricardo Carballo Calero, primeira novela en galego publicada en Galiza despois da Guerra Civil. Otero Pedrayo
Retoma na posguerra o seu labor con obras como O señorito da Reboraina (1960) ou O espello no serán (1966).
Obras moi individuais, sen conexións temáticas entre elas, que pertencen ben á narrativa realista, ben á
fantástica ou ben á popular. Os autores son serodios en lingua galega, xa que teñen certa idade cando comezan
A escribilas, polo tanto son bilingües. Todos se amosan preocupados por crearen un galego literario culto. Os
Máis sobranceiros son:
Álvaro Cunqueiro. O Realismo fantástico.
Ánxel Fole. O Realismo popular ou a indagación no conto popular.
Blanco Amor. O Realismo social.
2. A narrativa nos anos 60
Obras de prosa moderna, renovadora, con conexións coa literatura europea, escritas na década dos 60 por
Autores moi novos que forman A nova Narrativa Galega: Gonzalo Rodríguez Mourullo, Xosé Luis Méndez Ferrín,
Carlos Casares, María Xosé Queizán, Xohana Torres....
Xosé Neira Vilas. Algunhas das súas obras reciben influencias das modernas técnicas da Nova Narrativa.
De todo este panorama dedúcese unha diversidade creativa no período de posguerra, a pesar da relativa Escaseza de obras en prosa e a definitiva instauración da narrativa na literatura galega. Após o esforzo decisivo Do grupo Nós.
PRINCIPAIS AUTORES E OBRAS (agás a Nova Narrativa que se tratará no tema 7)
ÁLVARO CUNQUEIRO
Creador do Realismo fantástico centrado nun mundo máxico e lendario onde habitan personaxes coma Merlin, a
Raíña Xenebra, Sinbad... Que viven e se comportan como auténticos galegos do mundo cotián.
As súas obras adoitan ter unha estrutura narrativa en forma de caixas chinesas: unha historia dentro doutra
Historia. Deste modo hai unha ampliación de narradores e perspectivas.
Así mesmo proxecta a súa obra cara a literaturas doutros lugares e épocas, actualizando mitos coma o de
Merlín, Orestes, Hamlet...
A súa narrativa recibe a denominación de Realismo fantástico porque os soños e o marabilloso xogan un papel
Importante e aos que o autor pretende presentar como reais. O humor é un trazo esencial que se reflicte cando
Cunqueiro describe aos personaxes míticos, ás veces con ironía ou parodia. Os seus personaxes protagonistas
Aparecen cheos de humanismo xa que son, ás veces (Felipe de Amancia, Sinbad), vellos, solitarios e sensibles.
Escribe tres novelas e un libro publicado baixo o título de Semblanzas
As tres novelas presentan estrutura semellante: coleccións de historias das que dá conta un narrador
Testemuña.
-Merlín e familia (1955). Mais que unha novela é unha sucesión de episodios referidos por Felipe de Amancia,
Paxe que foi do mago Merlín cando este estivo en terras de Miranda, a onde acoden xentes moi diversas. O
Merlín... É unha recreación episódica da universal materia de Bretaña desde a particularidade dunha
Perspectiva galega.
-As crónicas do sochantre (1956). A acción decorre na Bretaña francesa e o Sochantre de Pontivy actúa como
Fío condutor da narración. É unha obra con moito humor xa que nin a morte nin o crime son tomados en serio,
Podéndose considerar mesmo unha parodia da novela tremendista.
-Si o vello Sinbad volvese ás illas (1961) é considerada como unha novela de personaxe. Sinbad conta nas
Tertulias as súas raras aventuras mariñeiras. É unha recreación interpretativa do mito de As mil e unha noites.
Desde supostos máis realistas están escritas as Semblanzas. Consta de tres colecións de relatos Escola de Menciñeiros (1960), Xente de aquí e de acolá (1971) e Os outros feirantes (1979). Son breves retratos de Personaxes populares con toda a aparencia de seres reais, aínda que ás veces os seus poderes ou aventuras Sexan de natureza marabillosa, relacionados coas crenzas da nosa cultura tradicional.
EDUARDO BLANCO AMOR (Ourense, 1897–Vigo, 1979)
A súa narrativa é realista xa que caracteriza a sociedade galega de principios de século: a clase traballadora e o
Sindicalismo en Xente ao lonxe e a vida marxinal en A esmorga.
Hai un predominio da narración en terceira persoa mediante a cal o narrador se afasta dos acontecementos,
Ben lembrando feitos autobiográficos do pasado (Xente...) ou a través dun narrador investigador (A esmorga).
Con esta técnica Blanco Amor consegue obxectividade e verosimilitude.
En Os biosbardos e Xente ao lonxe a presenza do mundo infantil é fundamental xa que os seus protagonistas
Son nenos ou adolescentes.
-En 1955 publica A esmorga, obra que supón o inicio da renovación na narrativa galega de posguerra, tanto na
Temática (protagonismo colectivo, das clases populares) como na forma (técnica telefónica). O espazo que
Percorren os tres esmorgantes sempre é suburbial aínda que muden de escenario. Cibrán relata diante do xuíz
As últimas 24 hora de esmorga por Auria en compañía do Bocas e do Milhomes. El é a testemuña de todo e
Parece ter un sentido da responsabilidade da que carecen os outros. A chuvia é un elemento temático de seu xa
Que é a que empurra a que os sucesos se desenvolvan así. A violencia tamén está presente ao longo do relato.
- Os biosbardos (1962). Son sete relatos narrados en 1a persoa por un neno que cambia en cada conto. Están
Situados no Ourense de primeiros de século. Foron escritos co propósito de chegar ao lector común
(subtitulados Contos pra a xente)
-Xente ao lonxe (1972) é unha radiografía do Ourense de principios de século a través da experiencia dun grupo
De traballadores, vinculados a organizacións de carácter obreiro e sindical, que loitan por unha escola laica e
Popular fronte á burguesía que pretende unha escola relixiosa. Técnica e tematicamente é a máis complexa das
Súas obras xa que ten un enfoque polifónico, de perspectiva múltiple, pois mestura diferentes narradores. O
Principal é Suso Vilar, neno de 12 anos que vai madurando ao longo da obra.
ÁNXEL FOLE (Lugo, 1903–1986)
Na súa obra Fole reflicte a realidade do pobo galego de montaña, incomunicado, pobre e atrasado, polo que fai
Unha crítica implícita a esta situación.
A técnica narrativa que emprega, semellante á dos contos populares, apréciase en aspectos coma.:
Narración en espiral. Un conto leva a outro e a outro etc.
Testemuñas de autoridade que avalen a historia que conta (Ex. Un manuscrito)
Formulas de introdución da literatura popular coma chamadas de atención ao lector/auditorio ou de remate
que son case sempre didácticos.
A lingua que emprega está recollida directamente da fala popular
Publica en 1953 Á lus do candil, Contos a carón do lume. Son catorce relatos escritos coa técnica tradicional do “contacontos”, de temática baseada na mitoloxía popular de lobos, aparecidos, meigallos...De ambientación Rural e lingua dialectal do Courel.Outras obras súas son Terra brava, de características parecidas á anterior e Contos da néboa, de ambientación urbana , tinxidos de humorismo.
XOSÉ NEIRA VILAS (Gres 1928)
Aínda que os seus inicios coinciden coa NNG apenas existen na súa obra coincidencias con este movemento.
A súa narrativa caracterízase pola presenza do mundo rural de posguerra dominado pola miseria. Tres das súas
Obras xiran arredor dun protagonista infantil que vai madurando ata ser un home comprometido: Cartas a Lelo,
Aqueles anos do Moncho e Memorias dun neno labrego. Esta última foi unha das obras máis vendidas de toda
A literatura galega. Nela Neira Vilas fai unha crítica social da década dos anos 30-40 na que se vive unha
Situación de miseria extrema. Outras coma Xente no rodicio teñen protagonista adulto ou céntranse no tema da
Emigración coma Remuiño de sombras. Tamén destaca por ser pioneiro da literatura infantil.