Vulgarismos galego
O Rexurdimento:galego popularizante:Este galego atopámolo nos escritores<<precursores>>e nos do Rexurdimento.Caracterízase pola presenza castelanismos,dialectalismos e vulgarismos propios da fala.Estes escritores toman como referencia a lingua oral popular.Os escritores desta época amosan unha clara vontade interdialectal,intentan empregar trazos lingüísticos e vocabulario das diferentes variedades xeográficas do galego.Comenzaron a escribir en galego sen dispor de ningún modelo lingüístico.A situción vai virar un pouco na lingua empregada por Eduardo Pondal.No que respecta á ortografía,recorren ao modelo da lingua cástelá,que era a que mellor coñecían.O problema residía na representación dos fonemas que non existen en castelán.A escrita dó século XIX usa apóstrofos e guións para representar as contraccións e os encontros vocálicos propios da lingua falada.
De comezos do XX a 1936:galego diferencialista:Pretenden liberar o galego do castelán,a lingua dominante durante séculos.Isto lévaos a incorrer no hipergaleguismos ou diferencialismos.Algúns castelanismos aínda se manteñen nesta etapa.A divulgación dos textos mediavais galegos favoreceu o uso de arcaísmos,que comezan a aparecer con bastante frecuencia.Aparecen préstamos do portugués,o afán por distanciarse do castelán lévaos a substituír termos galegos por lusismos.Aparecen préstamos doutros idiomas,como italianismos,cultismos...Tomados do latín e do grego.A Real Academia Galega,fundada en 1906 cos obxectivos principais de elaborar un dicionario e unha gramática,non comeza a publicar o dicionario ata 1913.Trátase do primeiro dicionario monolingüe de galego,pero queda interrompido en 1928.En 1933 Irmandades da Fala e o Seminario de Estudos Galegos publican as súas normas.Os aspectos máis destacables destas normas son:-Rexeitamento do i grego.-Elección de x.-Emprego do h segundo a etimoloxía.-Plurais animás para as rematadas en -l no singular.Estas mantéñense,na norma actual agás a dos plurais rematadas en -l no singular.
Galego protoestándar:Abrangue dende a Guerra Civil ata os anos 70.A primeira parte desta etapa supón a continuación da anterior, con características lingüísticas semellantes.Tras a paréntese imposta pola guerra e a ditadura,a recuperación comeza en 1950.Autores como Celso Emilio ou Cunquiero pretenden acadar un rexistro literario digno para o galego.En 1965 impártense cursos de lingua e literatura galega.Cinco anos despois a Real Academia Galega publica as súas primeiras normas, que completa un ano despois.En 1971 créase o Instituto da Lingua Galega.Desta época é o diconario de Franco Grande,que tivo gran popularidade.Cabe destacar tamén o de Eladio.Todos eles son dicionarios de galego-castelán.Cópre aclarar que ao longo destas tres fases(galego popularizante,diferencialista e protoestándar),os vulgarismos van estar presentes en maior ou menor medida na lingua escrita.
Galego estándar:E a época en que o galego acada o estatus de lingua cooficial,coa entrada en vigor do Estatuto de Autonomía,o que marca un punto de inflexión na historia da lingua galega.Dende que o galego ten acceso á vida política e ao ensino,aumenta a necesidade de fixar unha variedade normativa estable.En 1986,membros do Instituto da Lingua Galega publican unha"gramática galega",que será ampliada nunha nova versión.Nesta etapa os novos dicionarios vánse basear na propósta normativa do Instituto da Lingua Galega e da Real Academia Galega,que marca un antes e un despois na historia da lexicografía galega.En 1990 estas dúas publican o "dicionario da lingua galega".A última versión coñécese como<<normativa de concordia>>,xa que consegue aglutinar as opcións diverxentes ata o momento.Unha negociación por ambas as partes permite dispoñer dunha normativa oficial aceptada polos sectores sociais de Galicia.