O embrague: funcionamento, compoñentes e tipos
Misión e características do embrague
A misión principal do embrague é transmitir a potencia e o xiro do motor á caixa de cambios de forma progresiva.
A súa característica fundamental é proporcionar unha transmisión suave e progresiva do par motor desde o motor cara á caixa de cambios.
Requirimentos do sistema
- Boa resistencia mecánica.
- Elevada resistencia térmica.
- Gran adherencia.
- Progresividade e elasticidade.
Clasificación dos embragues
- Por fricción: seco ou bañado en aceite.
- Hidráulico: embrague hidráulico ou convertedor de par.
- Electromagnético.
Principio de funcionamento do embrague de fricción
É o sistema máis empregado nos vehículos manuais debido a que é sinxelo e require pouco mantemento. Presenta como inconveniente o desgaste...