A concepción do ser humano na historia da filosofía
1.1. Platón: O dualismo antropolóxico
Platón propón un sistema dualista baseado en dous mundos: un coñecido a través dos sentidos, que é sensible e variable; e outro captado a través da razón, que é intelixible e inmutable. O ser humano está composto de dúas substancias: un corpo de natureza animal e unha alma racional de natureza sobrenatural. Esta parte racional, a máis esencial aos humanos, é prisioneira dun corpo ao que ha de controlar e do que aspira a liberarse. Platón exemplificou ese dualismo a través de tres mitos:
- Mito do carro alado: Ten como función básica explicar como a alma humana participa, por unha banda, da excelencia da natureza divina (a razón representada polo auriga, que debe guiar a conduta) e, por outra,