Cantigas de Escarnio e Maldicer: Unha Análise Detallada

Outras linguas estranxeiras3,76 KB

Cantigas de Escarnio e Maldicer

As cantigas de escarnio esconden un sentido oculto de carácter burlesco, xogan cos dobres sentidos das palabras para crear unha burla velada. As cantigas de maldicer satirizan directamente a un personaxe, sen empregar palabras encubertas ou dobres sentidos. Uso da equivocatio, que consiste en empregar termos que poden ter varios significados.

Características

  • A finalidade das cantigas satíricas é facer rir.
  • Nelas predomina a sátira de carácter persoal, fronte á de carácter moralizante; pódese tratar dun xogo literario e, en ocasións, aparecen reducidos a estereotipos sociais.
  • Fáise unha lúdica subversión da orde establecida, a través da cal se fai unha crítica da sociedade da época. Cuestionanse os valores morais e as normas que ten a sociedade.
  • Foxe de todo idealismo e abstracción, recreándose nos aspectos máis baixos do xénero humano. Sorprenden o desenfado e a falta de pudor.
  • Ofrécennos unha crónica da sociedade da época.

Clasificación

  • Sátira política: serie de cantigas nas que se censura o comportamento dos nobres portugueses que traizoaron ao rei Sancho II, facendo entrega dos castelos ao conde de Boloña, irmán deste, que, apoiado pola igrexa, lle arrebatou o trono. Outra serie de cantigas xira en torno á covardía dos cabaleiros na guerra de Granada, que abandonaron a Afonso X neste episodio importante no proceso de reconquista, o que supuxo a súa derrota.
  • Sátira social: trátase de cantigas nas que se critican vicios e costumes.
  • Sátira de carácter sexual: satirízase a un personaxe polo seu escandaloso comportamento sexual.
  • Sátira literaria: cantigas nas que se fai unha sátira da falta de calidades literarias e musicais de trobadores e xograres. Destacan as cantigas en torno ao xograr Lourenço e ao xograr Lopo; tamén atopamos cantigas que presentan unha parodia da cantiga de amor.
  • Sátira moral: critica un mundo caracterizado pola decadencia de valores relixiosos. Aparecen tópicos como "Ubi sunt?".

Métrica e Recursos Estilísticos

Cabe destacar a ironía, o equívoco, a hipérbole, símiles... Tipos de estrofas:

  • Estrofas singulares (cada estrofa presenta unha rima distinta pero seguindo o mesmo esquema).
  • Unísonas (todas as estrofas presentan a mesma rima).
  • Doblas (repiten a mesma rima cada par de estrofas).
  • Ternas (cada tres estrofas).

Poden ser de mestría ou refrán e poden ter finda.

Cantigas de Santa María

Obxectivos do Monarca

  • Fomentar o culto á Virxe.
  • Aumentar o seu prestixio dentro e fóra da península.

Autoría

Existen 2 teses:

  • O monarca dirixía a labor dos seus colaboradores, que compuxeron a maioría das cantigas.
  • Outros consideran que Afonso X compuxo case todas as cantigas e que a función dos colaboradores era recoller e seleccionar a información.

Códices

  • Códice de Toledo.
  • Códice do Escorial: valor iconográfico, +1200 miniaturas.
  • Códice dos Números do Escorial.
  • Códice da Biblioteca Nacional de Florencia.

Fontes

  • Mariais latinos medievais.
  • Coleccións marianas en linguas romances.
  • Coleccións de santuarios peninsulares.
  • Coleccións locais estranxeiras.
  • Achegas orais.
  • Lembranzas e vivencias persoais do monarca.

Descargar

PDF Word HTML