Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Lingua e literatura de Primaria

Guía da Lingua e Literatura Galega: Historia e Autores Clave

Lingua e literatura5,81 KB

Morfemas Verbais: Estrutura e Tipos

  • Morfema léxico: trabado, flexivo.
  • Morfema gramatical: trabado, flexivo, vogal temática/modo-tempo/número-persoa.

Uso do Artigo Posesivo en Galego

As formas da primeira persoa poden indicar afectividade ou familiaridade.

  • O posesivo usado con numerais equivale a unha expresión aproximativa (ex: xa terá os seus setenta anos).
  • Pode significar habitualidade (ex: xa chegou coas súas historias).
  • Locucións formadas con posesivos (ex: sempre anda a facer das súas, o óso ten que volver ao seu).
  • As formas masculinas con preposición «de» indican propiedade exclusiva.
  • Formas específicas distributivas (ex: marcharon en cadansúa bicicleta).

Características do Galego Antigo

  • Nivel fonolóxico: vogais nasais, oposición
...
Seguir lendo "Guía da Lingua e Literatura Galega: Historia e Autores Clave" »

A Galicia de comezos do século XX

Lingua e literatura4,42 KB

Fonema

: Unidade lingüística + pequena, non ten significado e posúe función distintiva. Permite diferenciar palabras, representación fónica é dicir pódese pronunciar; a súa representación faise entre barras /i/

Son

: É a realización física dun fonema, a súa representación gráfica faise entre corchetes [p[

Grafema

: É a representación escrita dos fonemas /b/ Temos 26 fonemas (19 consonantes e 7 asonantes)







A Galicia de comezos do século XX

seguía sendo un país esencialmente rural e cun forte atraso económico. O campesiñado, empobrecido, continuaba tendo que emigrar a América.

Cambios políticos, sociais e culturais

:

2ª República

O 14 de abril de 1931 comeza unha etapa intensa actividade política e cultural, corresponderá co...

Seguir lendo "A Galicia de comezos do século XX" »

Rexurdimento e Vangardas na Literatura Galega

Lingua e literatura3,29 KB

Irmandades da Fala

No ano 1916, Antón Vilar Ponte promoveu a Irmandade da Fala na Coruña coa finalidade de reivindicar a lingua e a cultura galega. Estesdéronse polas cidades e vilas do país estas asociacións formadas por persoas de diferentes clases sociais e profesións variadas que pretendían, entre outros obxectivos:

  1. Cooficialidade do galego e castelán.
  2. A autonomía integral para Galicia.
  3. Ingreso na Liga das Nacións e estudar a relación federal con Portugal.
  4. Igualdade de dereitos entre homes e mulleres.

O seu traballo plasmouse na creación de editoriais como Céltiga, Lar ou Nós; xornais e revistas como A Nosa Terra e Nós.

Seminario de Estudos Galegos

Institución formada por estudantes e profesores da Universidade de Santiago que...

Seguir lendo "Rexurdimento e Vangardas na Literatura Galega" »

A Lingua Galega no Século XX: Historia e Normalización

Lingua e literatura2,61 KB

O Galego no Século XX: Contexto e Prexuízos

Nesta época, aínda que o galego segue sendo a lingua maioritaria, acelérase o proceso de substitución polo castelán, o cal vén da man da industrialización e urbanización. O castelán empregábase nas cidades e nalgunhas vilas onde residían as clases máis poderosas e era considerada a lingua de prestixio social. Debido a esta situación xurdiron os prexuízos que cualificaban ao galego de lingua inculta.

Organismos Clave para a Lingua Galega

Co obxectivo de superar estes prexuízos, xorden no primeiro terzo do século XX organismos de gran relevancia cultural e política para Galicia e a lingua galega, como son:

  • A Real Academia Galega, creada no 1906, con Manuel Murguía como primeiro presidente.
...
Seguir lendo "A Lingua Galega no Século XX: Historia e Normalización" »

A situación das linguas minorizadas e a normalización lingüística

Lingua e literatura2,68 KB

As linguas minorizadas e a súa situación

As linguas minorizadas son aquelas que, sendo historicamente propias dun pobo, están sometidas a condicións sociais tales que ven restrinxidas as súas funcións.

O máis habitual é que a lingua minorizada se manteña nos ámbitos rurais e entre as clases máis baixas, mentres que os habitantes das cidades ou as clases altas adoptan antes a lingua dominante. Deste xeito, a lingua autóctona vai perdendo prestixio fronte á lingua foránea e ámbitos de uso.

O número de falantes e a minorización

O número de falantes non é un factor moi relevante para que unha lingua se considere minorizada. Hai linguas en Europa como o islandés, que con só 200.000 falantes teñen asegurada a súa supervivencia

...

Seguir lendo "A situación das linguas minorizadas e a normalización lingüística" »

Prosa Galega Moderna: Irmandades da Fala e Grupo Nós

Lingua e literatura4,5 KB

A prosa galega moderna nace cos autores vinculados ás Irmandades da Fala e ao Grupo Nós.

As Irmandades da Fala e a Prosa Galega

A nosa prosa experimentou uns avances notables na época das Irmandades da Fala (1916). Así o demostran algúns feitos:

  • A aparición, por primeira vez nas nosas letras, do ensaio, un privilexiado medio de difusión da ideoloxía nacionalista.
  • O desenvolvemento da prensa en galego con xornais como A Nosa Terra (1916-1936).
  • A difusión de diferentes coleccións de narrativa como Céltiga.

Autores Destacados das Irmandades

Johán Vicente Viqueira

Johán Vicente Viqueira vinculouse moi cedo á ideoloxía nacionalista e foi autor de numerosos artigos aparecidos, sobre todo, en A Nosa Terra.

Ramón Vilar Ponte

Ramón Vilar Ponte,...

Seguir lendo "Prosa Galega Moderna: Irmandades da Fala e Grupo Nós" »

Linguas minorizadas, bilingüismo e narrativa galega

Lingua e literatura5,13 KB

Lingua minorizada e lingua minoritaria

Dende o punto de vista sociolingüístico, convén non confundir lingua minorizada con lingua minoritaria: a primeira ten unha dimensión cualitativa e funcional; a segunda, meramente cuantitativa. Por esta razón, podemos atopar linguas minoritarias que están minorizadas, por teren restrinxidos os seus usos, pero tamén linguas minoritarias perfectamente normalizadas, no sentido de que son o instrumento habitual de interacción entre os seus falantes.

Unha lingua minorizada é aquela lingua autóctona dunha zona que non cobre todas as funcións posibles na súa comunidade porque retrocede nos diferentes ámbitos de uso baixo a presión dunha lingua dominante que se introduciu dentro do seu territorio xeográfico....

Seguir lendo "Linguas minorizadas, bilingüismo e narrativa galega" »

Dúbidas Léxicas e Relatos sobre a Lingua Galega

Lingua e literatura3,28 KB

Dúbidas Léxicas Comúns en Galego

A continuación, aclaramos algunhas das dúbidas léxicas máis frecuentes no uso da lingua galega, con definicións precisas para cada termo.

Vila:
Entidade de poboación máis pequena que a cidade.
Pobo:
Conxunto de persoas que viven nun lugar determinado e teñen en común a lingua, tradicións, etc.
Desenvolver:
Quitarlle o envoltorio a algo, ou expoñer/suceder.
Desenrolar:
Estirar algo que está enrolado.
Sono:
Estado de quen dorme ou necesidade de dormir.
Soño:
Aquilo que se imaxina durante o sono, percibíndoo coma se fose verdade.
Invertir:
Darlle volta a unha cousa.
Investir:
Empregar capitais en negocios.
Á parte:
Separadamente. Na locución á parte de significa ademais de.
Aparte:
Substantivo que indica o que se
...
Seguir lendo "Dúbidas Léxicas e Relatos sobre a Lingua Galega" »

O Galego no S. XX: Contexto, Normalización e Características

Lingua e literatura2,83 KB

O Galego no Primeiro Terzo do Século XX

Contexto Histórico e Situación Sociolingüística (1900-1936)

A Sociedade Galega a Comezos do Século XX

A comezos do século XX, Galicia seguía sendo nun 90% rural, polo que nos atopamos cunha sociedade formada maioritariamente por labregos e mariñeiros. Non obstante, obsérvanse certos cambios:

  • Os labregos reivindican a propiedade da terra e a modernización das explotacións.
  • A vella fidalguía está en decadencia.
  • A burguesía castelánfalante representa o novo mundo urbano en vías de crecemento.

O proceso de substitución do galego polo castelán virá da man da industrialización e da urbanización.

Dixlosia e Prexuízos Lingüísticos

O castelán só se empregaba en cidades e vilas onde residían...

Seguir lendo "O Galego no S. XX: Contexto, Normalización e Características" »

Funcións Sociais da Lingua: Unha Análise da Diglosia

Lingua e literatura3,17 KB

Clasificación dos Sons Consonánticos

Consoantes Oclusivas

  • /P/: Oclusivo bilabial xordo
  • /T/: Oclusivo dental xordo
  • /K/: Oclusivo velar xordo
  • /b/: Oclusivo bilabial sonoro
  • /d/: Oclusivo dental sonoro
  • /g/: Oclusivo velar sonoro

Consoantes Fricativas

  • /s/: Fricativo alveolar xordo
  • /δ/ (z): Fricativo palatal xordo
  • /f/: Fricativo labiodental xordo
  • /ζ/ (x): Fricativo palatal xordo

Consoantes Africadas

  • /tζ/ (ch): Africado palatal xordo

Consoantes Nasais

  • /m/: Nasal bilabial sonoro
  • /n/: Nasal alveolar sonoro
  • /η/ (nh/-n): Nasal velar sonoro
  • /η̃/ (ñ): Nasal palatal sonoro

Consoantes Laterais

  • /L/: Lateral alveolar sonoro
  • /λ/ (ll): Lateral palatal sonoro

Consoantes Vibrantes

  • /r/: Vibrante simple alveolar sonoro
  • /τ/: Vibrante múltiple alveolar sonoro

Funcións Sociais da

...
Seguir lendo "Funcións Sociais da Lingua: Unha Análise da Diglosia" »