A situación das linguas minorizadas e a normalización lingüística

Lingua e literatura2,68 KB

As linguas minorizadas e a súa situación

As linguas minorizadas son aquelas que, sendo historicamente propias dun pobo, están sometidas a condicións sociais tales que ven restrinxidas as súas funcións.

O máis habitual é que a lingua minorizada se manteña nos ámbitos rurais e entre as clases máis baixas, mentres que os habitantes das cidades ou as clases altas adoptan antes a lingua dominante. Deste xeito, a lingua autóctona vai perdendo prestixio fronte á lingua foránea e ámbitos de uso.

O número de falantes e a minorización

O número de falantes non é un factor moi relevante para que unha lingua se considere minorizada. Hai linguas en Europa como o islandés, que con só 200.000 falantes teñen asegurada a súa supervivencia ó ser o único idioma nacional e oficial en Islandia; mentres que o galego ou catalán, con moitos máis falantes, están en situación de minorización. Así, linguas maioritarias poden considerarse minorizadas en determinadas rexións, como ocorre co español en certas zonas dos EEUU.

Aspectos a ter en conta

Ao falarmos de linguas minorizadas deberemos ter en conta dous aspectos:

  • a. A non existencia dun estado que as recoñeza.
  • b. A non coincidencia de fronteiras políticas e lingüísticas: o catalán (falado en Cataluña, Valencia, Norte de Murcia, parte de Aragón, Comunidade Balear, Andorra, cidade sarda de Alguer (Italia)...), ou o éuscaro (falado no País Vasco, parte de Navarra e País Vasco francés) entre outros.

Linguas minoritarias son as que posúen un escaso número de falantes; do mesmo xeito que hai linguas minoritarias que poden estar en situación de minorización, tamén existen linguas maioritarias que están minorizadas como o bretón (Francia) ou córnico (Gran Bretaña).

A normalización lingüística

Na situación de minorización en que se encontra a lingua galega, o inmobilismo suporía a súa substitución polo castelán.

A normalización lingüística é o proceso que ten como obxectivo recuperar a implantación dunha lingua en todos os ámbitos da vida e en todos os estamentos sociais.

Accións para a normalización

No 1983 promulgouse a Lei de Normalización Lingüística e no 2004 o Plan Xeral de Normalización Lingüística, que ten como finalidade conseguir para o galego máis funcións sociais e máis espazos de uso.

Para levar a cabo o proceso de normalización, é necesaria a acción política, a colectiva (asociacións culturais, de veciños…) e a individual.

Malia todo o proceso normalizador e tras acadar novos ámbitos de uso, a situación do galego non é a máis favorable.

Descargar

PDF Word HTML