Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Lingua e literatura de Primaria

Análise da cantiga de amigo: xénero, estrutura e recursos

Lingua e literaturaActualizado o 3,05 KB

Introdución á Cantiga de Amigo

As seguintes cobras ou versos compoñen unha cantiga de amigo escrita por........... Pertence á lírica tradicional e a súa aparición data a partir da segunda metade do século XIII. Como todas as cantigas de amigo, narra os sucesos amorosos nos que o poeta pon en boca dunha muller as penas (a coita) de amor que esta dirixe ao seu "amigo" ou amante. Encóntrase escrita en galego-portugués.

Características Xerais do Xénero

Ademais, a cantiga de amigo presenta as seguintes características distintivas:

  • O paralelismo.
  • O leixaprén.
  • O refrán.
  • A voz feminina (aínda que a crea o trobador, está, en efecto, en voz dunha muller).
  • A aparición da palabra "amigo" nos versos.....

Tema e Subxénero

Nesta cantiga, o tema trata...

Seguir lendo "Análise da cantiga de amigo: xénero, estrutura e recursos" »

Preguntas e respostas sobre a Xeración Nós e a literatura galega

Lingua e literaturaActualizado o 2,97 KB

Contexto Histórico e Movementos Culturais

A Xeración Nós e o seu Obxectivo

Baixo que ditadura xorde a Xeración Nós?
Xorde baixo a ditadura de Primo de Rivera.
Cal é o obxectivo principal da Xeración Nós?
Revitalizar a cultura galega.
Cita as editoriais fundadas na década dos anos 20.
Lar, Céltiga e Nós.
En que ano se funda a revista Nós?
No ano 1920.
Que dous feitos importantes aconteceron en 1923?
O inicio da ditadura de Primo de Rivera e a fundación do Seminario de Estudos Galegos.

As Irmandades da Fala e o Agrarismo

Cando se fundan as Irmandades da Fala?
No ano 1916.
Que é A Nosa Terra?
É un xornal.
Quen foi Basilio Álvarez e que fixo?
Foi un crego que fundou Acción Galega (un movemento agrarista).

Autores e Obras Clave da Literatura Galega

Ramón

...
Seguir lendo "Preguntas e respostas sobre a Xeración Nós e a literatura galega" »

A poesía de Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez: celtismo, bardismo e voz civil

Lingua e literaturaActualizado o 4,93 KB

Eduardo Pondal (1835-1917)

Natural de Ponteceso (A Coruña).

A poesía de Eduardo Pondal

Os textos poéticos fundamentais do autor son Queixumes dos Pinos (1886) e o poema épico inacabado Os Eoas. Pondal manifesta na súa obra unha maior preocupación pola construción formal do poema e emprega unha lingua máis depurada e elaborada. Na «química» poética do bardo combínase unha chea de referencias e ingredientes axeitadamente salferidos e combinados, dando lugar finalmente a un texto mítico e prodixioso para o lector, membro tamén desa tribo-patria que Pondal constrúe.

Adubíos da poesía de Pondal

  • Celtismo: O heroico pasado celta galego é un argumento de identidade empregado por Pondal nos seus textos.
  • Bardismo: O bardo, co que o propio
...
Seguir lendo "A poesía de Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez: celtismo, bardismo e voz civil" »

Cancioneiro de Burlas: cantigas de escarnio e de maldicir na lírica trobadoresca galego-portuguesa

Lingua e literaturaActualizado o 4,61 KB

Das 430 composicións conservadas, o lirismo trobadoresco profano resulta ser o menos homoxéneo. Trobadores e xograres foron quen de criticalo todo ou case todo, xa que estas cantigas teñen gran diversidade temática e tonal. As orixes carnavalescas, como no caso dos cantares de amigo e de amor, son un xénero que nace e medra ao amparo da corte.

O trobador burlesco é tan convencional como o da cantiga de amigo e de amor. De aí as bromas e chanzas entre xograres e trobadores, guiados por un código previamente aceptado, se a orixe deles radica nun feito real. Non impide que, aos ollos de hoxe, as cantigas escarnianas cheguen a sorprender polo desenfado e ausencia de pudor con que nelas chegaron a manifestarse outros autores.

Características

...
Seguir lendo "Cancioneiro de Burlas: cantigas de escarnio e de maldicir na lírica trobadoresca galego-portuguesa" »

Poemas de nadal en galego

Lingua e literatura2,13 KB

Ilustracion.A ilustracion foi un movemento cultural que se produciu en toda Europa no seculo xviii.Caracterizabase polo cultivo das ciencias, o estudo das humanidades, e a preocupacion polas linguas e a educacion.O obxetivo dos ilustrados galegos era superar o atraso economico,social e cultural no que estaba Galicia.Dentro do movemento da ilustracoin,podemos distinguir tres xeracións.xeracion critica(1726-1760)frei Benito xeronimo feixoo.Non deixou textos escritos en galego pero defendeu o galego negando que era un dialecto do castelan,e comparandoa con outras linguas romances.Padre sarmiento.Foi un dos maiores defensores do galego,propoñia que nas escolas se impartira clase na lingua materna dos escolarizados e criticaba a castelinizacion
...
Seguir lendo "Poemas de nadal en galego" »

Prexuízos Lingüísticos en Galicia: Impacto e Superación

Lingua e literatura2,64 KB

Estereotipos e Prexuízos Lingüísticos

Os prexuízos lingüísticos son xuízos de valor emitidos sen base argumentada sobre unha lingua ou sobre os seus falantes e provocan o rexeitamento ou a aceptación dun idioma na sociedade.

A Diglosia en Galicia: Orixe e Consecuencias

En Galicia dáse unha situación derivada do contacto entre linguas, neste caso o castelán e o galego. Aquel comezou, desde os Séculos Escuros, a desprazar o galego dos usos cultos e públicos. Esta situación provocou, co paso do tempo, a idea de que o castelán era a lingua apropiada para os usos prestixiosos. A lingua galega pasou a considerarse inferior e inadecuada para usos elevados. Esta situación de desequilibrio lingüístico é a que chamamos diglosia.

Obstáculos

...
Seguir lendo "Prexuízos Lingüísticos en Galicia: Impacto e Superación" »

A Normalización Lingüística do Galego: Historia e Desafíos

Lingua e literatura7,95 KB

Linguas Minorizadas e Minoritarias: Conceptos Clave

As linguas minorizadas son aquelas que están en situación de desvantaxe con respecto a unha lingua dominante coa que comparten territorio. Moitas veces estas linguas cualifícanse por defecto como minoritarias, equiparándose ambos os termos. Non obstante, danse casos de linguas minorizadas, pero maioritarias, é dicir, cunha porcentaxe de falantes superior á da lingua dominante. O español, por exemplo, é unha lingua maioritaria en España, pero nos Estados Unidos pasa a ser minoritaria: minoritaria fronte á maioritaria, por un lado, e minorizada fronte á dominante por outro. Cando a lingua é minorizada recibe a presión da lingua dominante, presión que tende a provocar a súa marxinación...

Seguir lendo "A Normalización Lingüística do Galego: Historia e Desafíos" »

Galego medieval: diglosia e separación no século XIII

Lingua e literatura2,7 KB

O galego medieval

O galego medieval: Na primeira parte da Idade Media (séculos IX–XII) o latín era a lingua de prestixio: a lingua da Administración e da Igrexa, e a única que se empregaba na escrita. En contraste, na comunicación oral espontánea, isto é, nos ámbitos familiar e coloquial, todo o mundo falaba xa o romance (galego-portugués).

Nesta época, polo tanto, atopamos unha situación de bilingüismo social na que o latín era a lingua alta, a lingua das funcións con máis prestixio, e o galego-portugués a lingua baixa, inferior en prestixio pero falada por toda a sociedade. Esta distribución lingüística de funcións, máis ou menos estable, recibe o nome de diglosia.

No século XIII o galego comeza a disputarlle ao latín...

Seguir lendo "Galego medieval: diglosia e separación no século XIII" »

Nacemento da Literatura Infantil Galega: Irmandades e Obras Clave

Lingua e literatura4,78 KB

Nacemento da Literatura Infantil Galega (1916-1927)

A partir de 1916 comezan a aparecer moitas Irmandades da Fala, cuxo obxectivo era lingüístico e político: expandir a fala e o galeguismo. A Irmandade da Coruña (na Praza de María Pita), liderada por Víctor Casas Rey, destacaba por unha vertente progresista, onde nacerán as Escolas do Ensino Galego en 1921.

Estas foron as primeiras escolas galegas para expandir a fala e os valores galeguistas. Eran mixtas e funcionaban para os fillos e fillas dos irmandiños/as (os afiliados á Irmandade). As escolas eran fundamentalmente castelás, xa que había unha gran falta de textos escolares e literarios escritos en galego para o alumnado. Por iso, grazas á acción dos irmandiños/as, nace a literatura...

Seguir lendo "Nacemento da Literatura Infantil Galega: Irmandades e Obras Clave" »

Teatro e Prosa Galega: Irmandades e Xeración Nós (S. XX)

Lingua e literatura13,67 KB

O Teatro Galego no Primeiro Terzo do Século XX

A pouca produción teatral galega dirixíase a un público que estaba formado polas clases populares. O teatro era costumista, de tema rural, de índole cómica ou sentimental, e con alusións a temáticas sociais e histórico-lendarias. A partir da aparición das Irmandades da Fala, asistimos ao intento de levar a cabo un verdadeiro proxecto de teatro nacional. Este proceso ocupou o esforzo de tres grupos diferentes:

  • O teatro do Grupo Nós.
  • O labor dos "Novos", seguindo as actividades vangardistas.
  • Os autores do "movemento inaugural", unidos directamente ás Irmandades da Fala: Cabanillas e Freire.

Os Autores do Movemento Inaugural

Os líderes das Irmandades tiveron moi presentes as potencialidades...

Seguir lendo "Teatro e Prosa Galega: Irmandades e Xeración Nós (S. XX)" »