Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Lingua e literatura de Outros cursos

Os vellos non deben namorarse: análise do teatro galego no primeiro terzo do século XX

Lingua e literaturaActualizado o 3,34 KB

O difícil camiño cara á normalización cultural de Galicia e cara á adquisición dun teatro de calidade, que se desenvolve a medida que avanza o século XIX, presentará problemas como a inexistencia fun público específico, a falta de profesionalización así como a incidencia no carácter didáctico dos textos dramáticos e a persistencia no tempo de certos modelos do teatro rexionalista,sen esquecernos do predominio da dramática escrita en verso. En 1882 iníciase o teatro rexionalista coa obra “A fonte do xuramento” de Francisco María de la Iglesia. Aparecen outras obras como “O fidalgo” de San Luís Romero, “A Ponte” de Lugrís Freire e ensaios como ¡Filla…! De Galo Salinas. En fin, o labor  da dramaturxia rexionalista...

Seguir lendo "Os vellos non deben namorarse: análise do teatro galego no primeiro terzo do século XX" »

Historia e Cultura Galega: Nós, Irmandades, Vangardas e Existencialismo

Lingua e literatura4,08 KB

O Grupo Nós: Pilar do Rexurdimento Cultural Galego

O Grupo Nós foi unha importante agrupación cultural galega fundada en Ourense en 1920. O seu obxectivo principal era dignificar a lingua galega, renovar a cultura do país e poñela en contacto co pensamento europeo. A través dunha revista e dunha editorial, difundiron obras propias, traducións e estudos históricos e lingüísticos.

Membros Destacados e as Súas Contribucións

  • Vicente Risco: Na súa obra Teoría do nacionalismo galego (1920), defende unha Galicia con identidade propia e aposta pola súa recuperación cultural.
  • Otero Pedrayo: Publicou Os camiños da vida (1928), onde retrata a evolución da sociedade galega cun estilo culto e elaborado.
  • Castelao: En Sempre en Galiza (1944),
...
Seguir lendo "Historia e Cultura Galega: Nós, Irmandades, Vangardas e Existencialismo" »

Normativización e normalización do galego: conceptos, tendencias e situación

Lingua e literaturaActualizado o 4,99 KB

A Normativización do Galego

A variante estándar ou normativa é a que goza de maior prestixio social, empregada nos usos escritos e formais. No caso do galego, o proceso de construción desta variante comezou no século XIX, máis tarde que en linguas veciñas como o portugués ou o castelán (séculos XV e XVI).

A Normativización

A normativización implica a creación dun código formal, común e válido para toda a comunidade lingüística, que se concreta nunha ortografía, gramática e dicionario. É importante diferenciar:

  • Normativa: Fixación dun código lingüístico por expertos e aprobado por organismos competentes.
  • Estándar: Variedade resultante da aplicación da normativa. Non se limita á lingua escrita; existe un estándar
...
Seguir lendo "Normativización e normalización do galego: conceptos, tendencias e situación" »

O galego no século XXI: historia, normalización e retos sociolingüísticos

Lingua e literaturaActualizado o 2,64 KB

O galego a finais do XX e comezos do XXI

Entre os trazos máis salientables da evolución da lingua galega no período que vai dende 1975 ata os nosos días, salienta o establecemento dunhas condicións políticas e legais favorables á normalización da lingua. Non obstante, persisten na sociedade galega indicadores negativos que escurecen o presente do idioma e ameazan o seu porvir.

Marco legal e normalización

O inicio da democracia fixo posible para o galego unha consideración xurídica diferente. Os fitos principais neste proceso foron:

  • Constitución de 1978: Declárase o galego como lingua cooficial.
  • Estatuto de Autonomía de Galicia (1981): Recoñécese como lingua propia de Galicia, establecendo que os poderes garantirán o seu uso normal
...
Seguir lendo "O galego no século XXI: historia, normalización e retos sociolingüísticos" »

Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro: resumo e contexto da obra

Lingua e literaturaActualizado o 3,93 KB

Álvaro Cunqueiro: Naceu no 1911 en Mondoñedo. Estudou en Santiago. Escribiu 3 libros de poesia: Mar ó norde (1932), Poemas do si e non (1933) e Cantiga nova que se chama riveira. Durante a guerra, dedicouse ó xornalimo en Donosti e Madrid. En 1947 volve a casa. Como obra narrativas destacamos Merlín e familina, As crónicas do sochantre e Se o vello Sinbad volvese ás illas. Nos 60 instalouse en Vigo traballando en Faro de Vigo como director. Despois publica Escola de menciñeiros, Xente de aqui e de acolá e Os outros feirantes. Morre en Vigo no 1981 e 10 anos máis tarde dedícaselle o Dia das Letras Galegas. Os mundos narrativos: Atopamos unha mestura da realidade e de fantasia. O autor utiliza tecnicas da narracion realista, isto...

Seguir lendo "Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro: resumo e contexto da obra" »

Planos, eixes e movementos do corpo humano en Educación Física

Lingua e literaturaActualizado o 4,86 KB


ANEXO I: ELEMENTOS ESTRUCTURAIS DO MOVEMENTO

Para o estudo do movemento, dentro da dimensión mecánica, faise referencia a continuación, a unha serie de eixes e planos corporais.
En E.F., enténdese coma plano a representación dunha superficie plana (bidimensional) imaxinaria que pasa a través do corpo na súa posición anatómica (en bipedestación coas palmas das mans cara adiante). Os planos pódense clasificar en:

- Plano saxital: divide o corpo en sentido anteroposterior ó longo da liña media en 2 partes iguais, dereita e esquerda.
- Plano frontal: divide o corpo en sentido lateral en 2 partes, a anterior ou facial e a posterior ou dorsal.
- Plano transversal ou horizontal: divide o corpo en 2 metades, superior ou cefálica e inferior
...
Seguir lendo "Planos, eixes e movementos do corpo humano en Educación Física" »

Teatro galego entre 1936 e 1976: autores e obras

Lingua e literaturaActualizado o 4,68 KB

O teatro galego entre 1936 e 1976

O teatro acusou o silencio literario da posguerra dun xeito moi especial, pois este é un espectáculo social que implica a posta en escena nun espazo público. Estas dificultades atrasaron a súa recuperación.

Na década dos cincuenta conflúen en Galicia tres liñas temáticas:

  1. Pezas que proseguen o teatro costumista ou de comedia urbana desenvolvidos na preguerra por un sector das Irmandades da Fala (Carre Alvarellos: Meiguerías, Brétemas e raiolas; Cabanillas: O romance do cristiano e do mouro na Franqueira…).
  2. Pezas que continúan as liñas modernizadoras do teatro de preguerra (simbolismo, expresionismo, teatro alegórico...) (Otero Pedrayo: O desengano do Prioiro, Rosalía; Jenaro Mariñas: A serpe;
...
Seguir lendo "Teatro galego entre 1936 e 1976: autores e obras" »

Gramática e Enfoque Comunicativo na Ensinanza do Galego

Lingua e literatura3,2 KB

Reflexión sobre o lugar da gramática no enfoque comunicativo e sobre as vantaxes deste enfoque no ensino da lingua galega

Na ensinanza da lingua afócase a comunicación centrándose na comprensión oral (escoitar), na expresión oral (falar), na comprensión lectora e na expresión escrita, é dicir, en escoitar, falar, ler e escribir.

A partir desta definición podemos destacar como a gramática non é relevante neste enfoque, xa que este consiste en aprender a estrutura da lingua e realizar actividades como a análise sintáctica.

Este enfoque dá valor á lingua como instrumento a utilizar apropiadamente nas situacións sociais que se presentan a diario, e ten como obxectivo conseguir que o alumnado poida comunicarse mellor coa lingua.

Na...

Seguir lendo "Gramática e Enfoque Comunicativo na Ensinanza do Galego" »

Teatro galego de finais do XX e comezos do XXI: Xeracións dos 80 e dos 90

Lingua e literatura3,25 KB

O teatro de finais do XX e comezos do XXI

Este período para Galicia e para España é o máis longo e estable. En Galicia constituíronse de forma efectiva institucións propias de autogoberno. O mundo cultural galego vive un momento dinámico e emprendedor, motivado pola repercusión de certas liberdades cidadás e pola creación do novo marco administrativo autonómico.

  • Estatuto de Autonomía (1981).
  • Sanción polo Parlamento galego da normativa lingüística (1982) e a lei de normalización lingüística, e a incorporación da lingua e da literatura galegas aos currículos oficiais en 1983.

As novas institucións posibilitan a creación dunha estrutura profesional e institucional para o teatro galego:

  • O teatro profesional xorde en 1980.
  • En 1984
...
Seguir lendo "Teatro galego de finais do XX e comezos do XXI: Xeracións dos 80 e dos 90" »

Galego: Poesía, Cancións e Vangardas Literarias

Lingua e literatura4,19 KB

Literatura Galega: Cantigas, Cracionismo e Poesía Contemporánea

Xilgaro e cuco voxean entre piñeiros e os elementos acuáticos coma a fonte e o rego. A fonte, o grilo, o xilgaro e o galo cantan. Aa bya, o tocar do violín e do pandeiro e o canto dos violinistas.

O poema é unha paisaxe idílica, pola que o autor aparece como un tú que observa o mundo. No poema aparecen varios tipos de composición:

  • Tipos de composición: fado, minueto e pasatempo.
  • Elemento musical: "atmósfera", "calma", "pizzicato" e "crescendo" formatado.
  • Instrumentos: clavicémbalo, violín, violón e frauta.
  • Intérpretes: solistas tipo soprano.

Amado Carballo, no seu poema "Un tono humorístico" e "Populante", utiliza a solemnidade que, para caracterizar o título, usa "Sol-...

Seguir lendo "Galego: Poesía, Cancións e Vangardas Literarias" »