Teatro galego de finais do XX e comezos do XXI: Xeracións dos 80 e dos 90
O teatro de finais do XX e comezos do XXI
Este período para Galicia e para España é o máis longo e estable. En Galicia constituíronse de forma efectiva institucións propias de autogoberno. O mundo cultural galego vive un momento dinámico e emprendedor, motivado pola repercusión de certas liberdades cidadás e pola creación do novo marco administrativo autonómico.
- Estatuto de Autonomía (1981).
- Sanción polo Parlamento galego da normativa lingüística (1982) e a lei de normalización lingüística, e a incorporación da lingua e da literatura galegas aos currículos oficiais en 1983.
As novas institucións posibilitan a creación dunha estrutura profesional e institucional para o teatro galego:
- O teatro profesional xorde en 1980.
- En 1984 nace o Centro Dramático Galego.
- En 2007 créase a Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia.
O noso teatro das últimas décadas vén marcado por:
- A aparición de compañías teatrais estables que contribúen a normalizar a vida teatral.
- A creación de premios e certámenes que buscan estimular a creación dramática en lingua galega.
- A existencia de dúas xeracións: a dos 80 e a dos 90.
- A aparición de novas liñas temáticas.
A Xeración dos 80
Os autores desta xeración nacidos arredor da década de 1950 sitúan a súa obra nos derradeiros anos do franquismo e no nacemento da democracia. Os trazos xerais da Xeración dos 80 son:
- O uso da paródia, do humor e da ironía.
- Un recurso moi común: o metateatro.
- O anonimato que distingue os personaxes.
Os autores máis importantes son:
- Xesús Pisón: comeza creando farsas de tipo satírico e esperpéntico. Obras: O panto, de carácter tremendista, e Ei, Felmüle.
- Miguel Anxo Fernán-Vello: é o representante do teatro culturalista. Escribe textos relacionados coa condición humana e ofrece unha particular recreación da realidade. A tertulia das máscaras (1982) é unha obra de carácter simbólico.
A Xeración dos 90
Os autores desta década nacidos nos anos 60 tiñan un compromiso profesional co teatro galego, favorecido polas axudas á normalización que impulsaron as institucións galegas.
Trazos xerais:
- Coidado da estrutura.
- Cultivo da comedia e do teatro histórico.
- Introdución de dúas tendencias: o neorruralismo e a intertextualidade.
- Maior carga simbólica.
Autores importantes:
- Raúl Dans: Matalobos, Mantis.
- Cándido Pazó: toma como punto de partida obras ou personaxes clásicos e mostra unha boa sensibilidade lingüística. Obras: Raiñas de pedra, O merlo branco.
- Miguel Anxo Murado: A gran noite de Fiz.