Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Lingua e literatura de Outros cursos

A Prosa Galega de Fins do XX e Comezos do XXI: Autores e Temas

Lingua e literatura4,02 KB

A Prosa de Fins do S. XX e Comezos do XXI: Temas e Autores

A morte de Franco en 1975 trouxo un novo marco constitucional que recoñeceu a realidade plurinacional e plurilingüística de España e supuxo un cambio radical no panorama social e cultural. A oficialidade da nosa lingua e a aprobación da LNL (1983) incrementaron a presenza do galego en ámbitos públicos. En 1980 constitúese a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).

A narrativa galega entra nunha etapa de forte expansión. Entre os autores: Víctor Freixanes, Domingo Villar, Diego Ameixeiras, Manuel Rivas... é preciso destacar unha importante obra de autores xa consagrados dos que destacan Xosé Luís Méndez Ferrín (Crónica de nós, Arnoia Arnoia...) e Carlos Casares...

Seguir lendo "A Prosa Galega de Fins do XX e Comezos do XXI: Autores e Temas" »

Nova Narrativa Galega: Autores e Obras

Lingua e literatura2,82 KB

A Nova Narrativa Galega (1936-1976)

Na etapa de posguerra, comprendida entre 1936 e 1976, xunto aos renovadores da prosa como Cunqueiro, Fole, Blanco Amor e Neira Vilas, xorde unha nova narrativa que busca unha renovación técnica e temática. Estará influída pola narrativa europea e americana: o afán de renovación temático-formal, así como o interese pola literatura europea e americana modernas (Joyce, Kafka e o Nouveau Roman francés).

Características da Nova Narrativa

Dentro das características da Nova Narrativa Galega destaca:

  • A falta dun argumento lineal lóxico.
  • A mestura do mundo real co mundo onírico ou ficticio.
  • O uso de técnicas cinematográficas como os flashbacks.
  • A multiplicidade de voces narrativas, o monólogo interior ou
...
Seguir lendo "Nova Narrativa Galega: Autores e Obras" »

O Galego no Primeiro Terzo do Século XX: Sociolingüística e Galeguismo

Lingua e literatura4,01 KB

Sociolingüística

O Galego e a Súa Historia: Primeiro Terzo do Século XX

A comezos do século XX, Galicia seguía sendo eminentemente rural, cunha sociedade formada na súa maioría por campesiños e mariñeiros. Neste primeiro terzo do século XX, comezábase a albiscar cambios, como o agrarismo. A vella fidalguía entra en decadencia e a burguesía que fala castelán crece. En tres décadas, a poboación urbana medra, pero segue a ser moi escasa. O castelán só se emprega nas cidades e nalgunhas vilas. Polo tanto, o galego era a lingua maioritaria, pero o castelán era a dominante, xa que as clases altas adoptaran esa lingua.

O galego era a lingua ligada ás clases baixas e iletradas da sociedade e estaba marxinada da escrita e da cultura....

Seguir lendo "O Galego no Primeiro Terzo do Século XX: Sociolingüística e Galeguismo" »