Historia da Normativización do Galego: Variedade Estándar e Planificación
Historia da Normativización e a Construción da Variedade Estándar
O galego aspira a ser un instrumento útil e eficaz para a sociedade. Pero, para cumprir esta función, precisa dunha variedade unificada común a todos os seus falantes que sirva de vehículo para a comunicación formal, é dicir, a producida no ensino e nos medios de comunicación.
O proceso a través do cal se elabora esta variedade denomínase estandarización lingüística. Algunhas linguas, como o español, o francés ou o portugués, levaron a cabo este proceso ao longo de varios séculos. Porén, debido á situación de subordinación que vivía, o galego quedou á marxe, conservándose como lingua popular. Só cando o galego empezou a recuperarse no século XIX puido...