Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Historia de Bacharelato

Crítica da obra O purgatorio de don Ramiro e tendencias narrativas da Xeración Nós

HistoriaActualizado o 893 bytes

TENDENCIAS DA XERACIÓN NOS. NARRATIVA

1. Narrativa de corte fantástico: ademais dalgúns dos relatos de Castelao, entre os que salienta a súas noveliña "Un ollo de vidro", "Memorias dun esquelete" temos qeu sinalar "O purgatorio de don Ramiro" de Ramón Otero Perayo entre outros.

2. Crítica da sociedade burguesa: a transformación da vella estrutura estamental nunha sociedade burguesa con centro nas cidades, caracterizada pola súa agresiva proletarización dos antigos poboadores do campo e por un incremento da emigración, vai ser análise de crítica por parte dos narradores como "O porco de pé".

A Ilustración en España e Galicia: contexto, ideas e autores

HistoriaActualizado o 2,74 KB

A Ilustración en España e o Século das Luces

O século XVIII foi o século das luces, da Ilustración, en Europa. En España, os ilustrados foron unha minoría formada por membros da burguesía e algúns membros do clero e da pequena nobreza. A súa maior preocupación foi o progreso da nación. Esta preocupación levounos á crítica da tradición imperante e a propoñer unha serie de medidas reformistas que favorecerían o crecemento económico do reino e dos seus habitantes. Os ilustrados crían que os homes, conducidos pola súa intelixencia, poderían conseguir o coñecemento, que era para eles a base da felicidade.

Someteron a crítica os principios da sociedade estamental, negando a transmisión hereditaria de calquera privilexio e...

Seguir lendo "A Ilustración en España e Galicia: contexto, ideas e autores" »

A Reforma Borbónica e o Reformismo Ilustrado en Galicia

HistoriaActualizado o 2,09 KB

Guerra de Sucesión e cambio dinástico

En 1700, Carlos II de Habsburgo morreu sen descendencia, deixando como herdeiro da Coroa de España a Filipe de Borbón, neto de Luís XIV de Francia e emparentado por liña materna coa dinastía dos Habsburgo. Produciuse así un cambio dinástico que non foi aceptado por todos os países europeos, o que orixinou un conflito bélico.

Reforma da monarquía e centralismo político

En 1700, o rei Filipe V de Borbón recibiu a coroa de España. Naqueles momentos, o país estaba formado por un conglomerado de reinos, cada un dos cales tiña leis, foros e institucións diferentes. Na Península, o poder do rei era forte na Coroa de Castela, pero estaba suxeito a fortes limitacións na Coroa de Aragón.

As realizacións

...
Seguir lendo "A Reforma Borbónica e o Reformismo Ilustrado en Galicia" »

Conquista e romanización de Hispania: etapas, provincias e legado

HistoriaActualizado o 3,36 KB

Conquista e Romanización de Hispania

A conquista do territorio levoulle a Roma dous séculos e divídese en tres etapas:

Primeira Etapa (218-133 a.C.)

Durante a Segunda Guerra Púnica, Roma atacou Cartago en Hispania. A brutalidade empregada fixo que turdetanos e ilerxetes (Indíbil e Mardonio) atacasen a Roma, prolongando as accións bélicas.

Guerras Lusitanas (154-137 a.C.)

A crueldade de Quinto Sulpicio Galba, asasinando a 10.000 lusitanos, fixo que estes, dirixidos por Viriato, atacasen a Roma. Os romanos, desesperados, subornaron a tres xefes lusitanos para que matasen a Viriato.

Guerras Celtibéricas (154-133 a.C.)

Son coñecidas pola defensa heroica da cidade de Numancia. Tras a caída da cidade, os romanos controlaban tres cuartos do territorio....

Seguir lendo "Conquista e romanización de Hispania: etapas, provincias e legado" »

A Constitución Española de 1978: características, estrutura e principios básicos

HistoriaActualizado o 2,65 KB

A Constitución de 1978

As Cortes formadas tras as primeiras eleccións democráticas de xuño de 1977 tiñan como obxectivo crear a Constitución que deseñase o novo modelo de Estado da España monárquica e democrática.

Características principais

  • Consenso: Resultado do acordo entre os diversos partidos políticos de distintas ideoloxías.
  • Extensión: É a máis longa da nosa historia.
  • Ambigüidade: Redactada de forma que permite moitas interpretacións (desvantaxes: inseguridade; vantaxes: flexibilidade para gobernos de distinta cor política).
  • Rixidez: Impón moitas esixencias para realizar calquera reforma.

Estrutura da Constitución

Presenta unha estrutura tradicional dividida en dúas partes:

  • Parte dogmática: Recolle os principios de desenvolvemento
...
Seguir lendo "A Constitución Española de 1978: características, estrutura e principios básicos" »

A Restauración Española: quenda de goberno e fraude electoral

HistoriaActualizado o 2,69 KB

O Sistema Político da Restauración

Durante o período da Restauración, o sistema político fundamentouse na quenda de goberno, un sistema sostido sobre o falseamento sistemático das eleccións.

Estabilidade e Progreso

A quenda ocasionou unha gran estabilidade política, grazas a:

  • O sometemento do exército ao poder civil.
  • A inexistencia dunha verdadeira competencia política.

Así mesmo, grazas a esta estabilidade, produciuse un progreso económico e demográfico continuo. Todo isto reflectiuse nunha gran paz social (especialmente no primeiro período), o que, en parte, compensou a corrupción inherente ao sistema.

Lexislación e Flexibilidade Constitucional

A nivel lexislativo, os gobernos adoitaban respectar a obra do goberno saínte. Ao mesmo...

Seguir lendo "A Restauración Española: quenda de goberno e fraude electoral" »

A Ditadura de Primo de Rivera: Réxime, Crise e Legado

HistoriaActualizado o 6,68 KB

A Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930)

A Ditadura de Primo de Rivera foi un réxime político autoritario, de imitación fascista, que se instaurou en España entre o 13 de setembro de 1923 e o 28 de xaneiro de 1930, entre o golpe de Estado e a marcha ao exilio do ditador. O rei, Alfonso XIII, aceptou este novo réxime, que se divide en dúas etapas:

  • Directorio Militar (1923-1925)
  • Directorio Civil (1925-1930)

Contexto e Golpe de Estado

A crise final da Restauración, desde 1917, co aumento dos conflitos sociais e a incapacidade dos gobernos para resolvelos, provocou que a oligarquía tradicionalmente dominante pensase de novo en recorrer ao Exército. Á crise política e social sumouse o Desastre de Annual (1921), que mesmo afectou á Coroa,...

Seguir lendo "A Ditadura de Primo de Rivera: Réxime, Crise e Legado" »

A sociedade e as mulleres no século XIX en Galicia

HistoriaActualizado o 5,69 KB

A EVOLUCIÓN DA SOCIEDADE NO SÉCULO XIX

A configuración da sociedade de clases

No século XIX, a revolución liberal e o capitalismo fixeron emerxer unha sociedade de clases baseada na igualdade xurídica, cunha elite formada pola nobreza e burguesía. A desamortización e a desigual distribución da terra agravaron a "cuestión social", creando precariedade no campo e nas industrias, cunha falta de protección e malas condicións laborais.

A supresión dos privilexios da nobreza fíxolles perder dereitos como a exención de impostos. A alta e media nobreza mantivo a súa importancia e grandes patrimonios, mentres que a mediana e pequena nobreza, como os fidalgos, sufriu un deterioro económico e diluíuse na clase media.

O clero perdeu poder...

Seguir lendo "A sociedade e as mulleres no século XIX en Galicia" »

Historia Contemporánea: Revolucións e Liberais

Historia4,59 KB

O Parlamento Inglés e a Revolución

Parlamento inglés: piratas, Carlos I puxo a Carta Magna. Guerra civil por parte da burguesía, quitaron terras á nobreza (muchas personas decapitadas + rei). Oliver Cromwell sobe ao poder (república). Cando morre, restauran a monarquía (Carlos II). Parlamento contra o rei e fuxe. O Parlamento busca monarca: Guillerme de Orange.

O Liberalismo e os Seus Pensadores

Liberalismo: xurdiu nas Cortes de Cádiz e querían conseguir igualdade ante a lei, limitación do poder, liberdade individual e soberanía nacional.

Persoas importantes:

  • John Locke: criticaba a sociedade.
  • Montesquieu: separar poderes políticos.
  • Rousseau: igualdade social.
  • Adam Smith: economista.

Independencia dos Estados Unidos

Independencia EEUU: enfadados...

Seguir lendo "Historia Contemporánea: Revolucións e Liberais" »

Constitucións e Liberalismo en España (1812-1869)

Historia2,87 KB

Constitucións e Liberalismo no Século XIX en España

C. 1812: As Cortes de Cádiz

Elimina o Antigo Réxime. Principios fundamentais:

  • Separación de poderes.
  • Monarquía constitucional.
  • Soberanía nacional.
  • Supresión de foros.

Liberalismo Doutrinario

Características principais:

  • Monarquía constitucional.
  • Soberanía compartida.
  • Restrición da participación política (sufraxio censatario).
  • Limitación dos dereitos individuais.
  • Catolicismo de Estado.
  • División entre moderados e progresistas.

Reformas de Mendizábal

  • Restablecemento das Deputacións provinciais.
  • Supresión de todos os conventos.
  • Desamortización eclesiástica.
  • Redención de quintas (librarse da mili).

C. 1837: O Período Isabelino

  • Soberanía compartida entre o rei e a nación.
  • O rei exerce o poder
...
Seguir lendo "Constitucións e Liberalismo en España (1812-1869)" »