Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Historia de Oposicións

Conceptos Clave da Transición Española e o Franquismo

Historia4,77 KB

Lei para a Reforma Política (LRP)

A Lei para a Reforma Política (LRP) foi a última Lei fundamental do Franquismo. Impulsada por Adolfo Suárez, serviu para disolver as Cortes Franquistas e sentar as bases para o réxime democrático, convocando unhas eleccións xerais. Para aprobar esta Lei, necesitábase a aprobación do Consejo Nacional del Movimiento e das Cortes. Torcuato Fernández Miranda foi decisivo, logrando que o Consello do Movemento aprobase a LRP tramitando a Lei polo procedemento de urxencia, evitando que pasase pola Comisión das Cortes, controlada por xente do búnker. A aprobación desta Lei polas Cortes entre os días 16 e 18 de novembro de 1976 foi un dos momentos máis decisivos da Transición.

Nacionalcatolicismo

O Nacionalcatolicismo...

Seguir lendo "Conceptos Clave da Transición Española e o Franquismo" »

A Segunda Guerra Mundial: Causas, Consecuencias e Desenvolvemento

Historia3,99 KB

Consecuencias

Humanas: 10 millóns de baixas entre os combatentes e 3 millóns entre a poboación civil. Moitas mortes.

Económicas: Perda de bens materiais.

Sociais e Culturais: Máis mulleres no mundo do traballo.

Políticas: Vitoria da democracia. Xorden novos estados soberanos. Ascenso de homes fortes. A URSS resulta unha ameaza para Europa e EEUU.

Revolución Rusa

Revolución de 1905: Insurrección contra o tsarismo polos graves problemas de Rusia e carencias. Manifestación pacífica de obreiros dirixida ó pazo de inverno para suplicar ó tsar, que é reprimida (Domingo Sanguento) desencadeando a revolución. Créanse os soviets. Exilio de Lenin a Suiza e deportación de Stalin a Siberia.

Revolución de 1917:

  • Revolución de Febreiro: Pon fin
...
Seguir lendo "A Segunda Guerra Mundial: Causas, Consecuencias e Desenvolvemento" »

Reforma Agraria e Industrialización en España no S. XIX

Historia6,46 KB

A reforma agraria liberal e as desamortizacións

No Antigo Réxime, diversas normas, leis e prácticas limitaban a produción agrícola e a propiedade da terra. Por iso, a burguesía liberal consideraba imprescindible unha reforma agraria para converter a propiedade da terra nun ben libre, privado, particular e individual. Para iso era preciso: abolir o réxime señorial e desamortizar as terras eclesiásticas e comunais.
A medida máis importante foi a desamortización dos bens de mans mortas eclesiásticos e dos baldíos e terras de comúns e propios dos concellos. O proceso desamortizador foi longo, debido á masa de bens afectados e ás disputas políticas e ideolóxicas.
Foi no reinado de Isabel II cando se realizou a transformación do réxime
...
Seguir lendo "Reforma Agraria e Industrialización en España no S. XIX" »

España (1982-2004): Política Exterior, CEE, OTAN e Gobernos de Aznar

Historia4,34 KB

1.3. A Política Exterior: CEE e OTAN

A política exterior prestou atención a tres zonas principais: Europa, América Latina e o Mediterráneo. Tamén mantivo unha boa relación con EEUU.

O Referendo da OTAN

O primeiro asunto exterior co que se enfrontou o goberno foi o referendo da OTAN. O PSOE prometera en 1982 anular a decisión de entrar na OTAN, mais en 1986 o goberno apoiou a permanencia.

Gran parte da esquerda prefería a saída da OTAN, evidenciándose unha forte oposición ao cambio de postura do goberno.

Relacións Internacionais e Cumes Iberoamericanos

O goberno socialista estableceu por primeira vez vínculos con Israel. Estas políticas facilitaron a Conferencia de Paz sobre Oriente Medio en Madrid en 1991.

En 1991 comezaron a celebrarse...

Seguir lendo "España (1982-2004): Política Exterior, CEE, OTAN e Gobernos de Aznar" »

A Primeira Guerra Mundial: Resumo Completo e Análise

Historia4,45 KB

Contexto Histórico: A Europa Pre-Guerra

Tras o Congreso de Viena (1815), Europa quedou reconfigurada, pero o século XIX viu o ascenso de novas potencias e rivalidades. A Segunda Revolución Industrial impulsou o crecemento económico e a competencia entre nacións. Eventos clave como a unificación de Alemaña e Italia alteraron o equilibrio de poder, sementando as bases para futuros conflitos.

A Primeira Guerra Mundial (1914-1918)

Causas do Conflito

  • Causa conxuntural: O asasinato do arquiduque Francisco Fernando, herdeiro ao trono austrohúngaro, e da súa dona en Saraxevo (xuño de 1914).
  • Causas estruturais:
    • Rivalidade económica e imperialista, especialmente polo avance de Alemaña.
    • Enfrontamento territorial entre Alemaña e Francia por Alsacia
...
Seguir lendo "A Primeira Guerra Mundial: Resumo Completo e Análise" »

Atraso e Desenvolvemento Económico en España

Historia2,53 KB

Características do Proceso Industrial Español

O proceso industrial español no século XIX presenta as seguintes características:

  • Predominio das actividades relacionadas co sector primario.
  • Protección arancelaria para defender os produtos propios da competencia internacional.
  • Dependencia do exterior.
  • Forte desequilibrio territorial e rexional, con zonas atrasadas e focos desenvolvidos.

Principios do Capitalismo

Segundo o capitalismo, o Estado non debía intervir nas actividades económicas. A liberdade económica debía ser absoluta e basearse no libre xogo da oferta e da demanda. A man de obra considerábase unha mercadoría máis.

O capital considerábase o factor clave da produción. O seu propietario debía empregalo para obter beneficios continuos...

Seguir lendo "Atraso e Desenvolvemento Económico en España" »

Crise da Restauración e Desarticulación do Sistema Canovista

Historia3,43 KB

A crise da Restauración (a desarticulación do sistema canovista)

No reinado de Afonso XIII (1902-1931) produciuse unha progresiva desarticulación do sistema canovista debido ás excesivas intervencións do monarca en asuntos políticos e militares; fraccionamento e descomposición dos partidos dinásticos, tanto no Partido Conservador polo asasinato de Cánovas, como no Partido Liberal despois da morte de Sagasta, de xeito que os novos líderes conservadores (Silvela, Maura, Dato, La Cierva) e liberais (Canalejas, García Prieto, Romanones) non foron capaces de aglutinar os seus partidarios; o crecente papel do exército na vida política, en defensa dos seus intereses corporativos e con posturas cada vez máis autoritarias.

De feito, en 1905,

...

Seguir lendo "Crise da Restauración e Desarticulación do Sistema Canovista" »

Liberalismo e Nacionalismo na Europa do Século XIX: Unidade 3

Historia2,69 KB

UNIDADE 3: Liberalismo e Nacionalismo

1. A Europa da Restauración

O Congreso de Viena e a Santa Alianza

Retorno ao absolutismo, contra a expansión das ideas liberais. O Congreso de Viena supón un novo mapa europeo e o dereito de intervención da Santa Alianza (Austria, Rusia e Prusia).

Os Nacionalismos

Ideoloxía impulsada pola burguesía contra a política reaccionaria de Viena. Tratan de recuperar as linguas, tradicións, costumes e lexitimación dos propios pobos.

Idea de Nación

  • Liberal: principio de soberanía nacional.
  • Conservadora: espírito nacional por encima dos individuos.

Movementos centrípetos para construír un Estado nacional nalgúns casos (Italia ou Alemaña), ou centrífugos para rematar un proceso de autodeterminación noutros...

Seguir lendo "Liberalismo e Nacionalismo na Europa do Século XIX: Unidade 3" »