Conquista e romanización de Hispania: etapas, provincias e legado
Resumo
O texto explica como Roma conquistou Hispania ao longo de dous séculos, distinguindo tres etapas bélicas: a Segunda Guerra Púnica, as guerras lusitanas e celtibéricas e as guerras cántabras. Despois describe o proceso de romanización, coa división administrativa, as vías de comunicación, o desenvolvemento urbano, os tipos de cidades indíxenas e a explotación dos recursos.
Puntos clave
- A conquista de Hispania durou uns dous séculos e dividiuse en tres etapas: 218-133 a.C., 133-48 a.C. e 44-19 a.C.
- Viriato liderou a resistencia lusitana, e os romanos conseguiron que tres xefes lusitanos o asasinasen.
- A defensa heroica da cidade de Numancia caracteriza as guerras celtibéricas.
- A terceira etapa remata coas guerras cántabras (29-19 a.C.), tras as cales se logrou o dominio total do territorio.
- Ao principio Hispania dividiuse en dúas provincias, a Citerior e a Ulterior, que durante o Baixo Imperio pasaron a ser cinco.
- As cidades indíxenas clasificábanse en estipendiarias, federadas e inmunes segundo o seu estatuto fronte a Roma.
Conquista e Romanización de Hispania
A conquista do territorio levoulle a Roma dous séculos e divídese en tres etapas:
Primeira Etapa (218-133 a.C.)
Durante a Segunda Guerra Púnica, Roma atacou Cartago en Hispania. A brutalidade empregada fixo que turdetanos e ilerxetes (Indíbil e Mardonio) atacasen a Roma, prolongando as accións bélicas.
Guerras Lusitanas (154-137 a.C.)
A crueldade de Quinto Sulpicio Galba, asasinando a 10.000 lusitanos, fixo que estes, dirixidos por Viriato, atacasen a Roma. Os romanos, desesperados, subornaron a tres xefes lusitanos para que matasen a Viriato.
Guerras Celtibéricas (154-133 a.C.)
Son coñecidas pola defensa heroica da cidade de Numancia. Tras a caída da cidade, os romanos controlaban tres cuartos do territorio.
Segunda Etapa (133-48 a.C.)
Pouco importante. O único salientable foi o papel xogado por algúns pobos indíxenas no conflito que mantiveron Caio Xulio César e Gneo Pompeio.
Terceira Etapa (44-19 a.C.)
Fase final da conquista, na que se conseguiu o dominio total tras a derrota dos cántabros, astures e galaicos. É a época das Guerras Cántabras (29-19 a.C.) que remataron tras o drama do Monte Medulio327.
Para evitar rebelións, Roma instalou campamentos permanentes que, co tempo, deron lugar a cidades como Legio VII Gemina (León) ou Astúrica Augusta (Astorga).
A Romanización de Hispania
Tras a conquista, comezou o proceso de Romanización, a transformación gradual de todos os habitantes de Hispania en cidadáns do Imperio Romano.
División Administrativa
A primeira medida foi a división administrativa. Ao principio houbo dúas provincias: a Citerior e a Ulterior, que durante o Baixo Imperio pasaron a ser cinco:
- Tarraconensis
- Cartaginensis
- Baetica
- Lusitania
- Gallaecia
Cada provincia era gobernada por un pretor e un cuestor que se ocupaba da facenda.
Vías de Comunicación
Outro aspecto da romanización foi a construción de vías de comunicación que foron o eixo vertebrador das actividades económicas. Destacan as seguintes:
- Vía Augusta
- Vía da Prata
- Vía XVIII de Antonino (en Galicia)
- Per Loca Marítima (en Galicia)
Desenvolvemento Urbano
As vellas cidades fenicias e gregas revitalizáronse e outras foron fundadas xa polos romanos, como:
- Barcino
- Tarraco
- Lucus Augusti
- Híspalis
- Emerita Augusta
Tipos de Cidades Indíxenas
As cidades indíxenas foron romanizándose, pero diferenciándose entre:
- Estipendiarias: conquistadas pola forza, pagaban un tributo anual.
- Federadas: non perdían dereitos, pero tiñan que axudar a Roma con homes, víveres, etc.
- Inmunes: as que tiñan autonomía plena.
Explotación de Recursos e Obras Civís
A conquista e o dominio conlevou a explotación intensiva dos seus recursos. Esta explotación foi paralela á introdución de obras civís para facilitar esta tarefa; por exemplo:
- Canles de rega
- Acuedutos
- O arado
Descargar
PDF Word HTMLPreguntas frecuentes
Cales son as etapas da conquista romana de Hispania?
Segundo o texto, a conquista divídese en tres etapas: a primeira (218-133 a.C.), a segunda (133-48 a.C.) e a terceira (44-19 a.C.). A primeira inclúe a Segunda Guerra Púnica, as guerras lusitanas e as celtibéricas, e a terceira, as guerras cántabras.
Cales eran as provincias romanas de Hispania?
Ao principio había dúas provincias, a Citerior e a Ulterior. Durante o Baixo Imperio pasaron a ser cinco: Tarraconensis, Cartaginensis, Baetica, Lusitania e Gallaecia.
Que vías de comunicación construíron os romanos en Hispania?
O texto menciona a Vía Augusta, a Vía da Prata, a Vía XVIII de Antonino e as Per Loca Marítima, estas dúas últimas en Galicia. Estas vías foron o eixo vertebrador das actividades económicas.
Ponte á proba
Tarxetas de repaso
Preme nunha tarxeta para ver a resposta.
Test
Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.