Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Castelán de Bacharelato

Ramón Cabanillas: obra literaria, trazos modernistas e temas

CastelánActualizado o 3,13 KB

Ramón Cabanillas

Obra literaria e características

Obra literaria

1) Combina influencias do Rexurdimento (Curros, Pondal e Rosalía) con elementos das grandes correntes renovadoras do seu tempo, sobre todo do modernismo. Por iso dise que a súa obra serve de ponte entre a poesía do século XIX e a literatura renovadora das vangardas da década de 1920.

2) Trazos modernistas

  • Uso de léxico sensorial (adxectivos relacionados cos sentidos), sobre todo referido á luz e ás cores.
  • Gosto polo exótico (elementos doutras culturas e países distantes).
  • Presenza de referencias á mitoloxía.

3) Compromiso social e cultural. A través da súa obra pretende concienciar o pobo e achegalo ao galeguismo.

Poesía

Lírica

Tema, trazos e obras en que está presente

Cívica

...
Seguir lendo "Ramón Cabanillas: obra literaria, trazos modernistas e temas" »

Gramática galega: pronomes átonos, vulgarismos, dialectismos e perífrases verbais

CastelánActualizado o 7,16 KB

Pronomes

Pronomes tónicos e átonos

  • Pronomes tónicos: eu, min comigo / ti, contigo / el, ela, si, consigo / nós, nosoutros, connosco / vós, vosoutros, convosco / eles, elas, si, consigo.
  • Pronomes átonos: me / che, te / lle, o, lo, no, se / a, la, na / nos / vos / lles, os, los, nos, se / as, las, nas.

Uso dos pronomes persoais

  • Te: pronome de 2ª persoa de CD (complemento directo). Exemplo: Onte vinte na rúa.
  • Che: pronome de 2ª persoa de CI (complemento indirecto). Exemplo: Tróuxenche un regalo.
  • Lle: pronome de 3ª persoa singular de CI. Exemplo: Deille un bo consello.

Notas importantes sobre a substitución de pronomes

  • *Che substitúese por lle.
  • *Te substitúese por o, a, os, as.

Normas xerais de colocación do pronome átono

  • Oración simple: faino
  • Proposición
...
Seguir lendo "Gramática galega: pronomes átonos, vulgarismos, dialectismos e perífrases verbais" »

Rosalía de Castro: Cantares Gallegos e Follas Novas, temática e estilo

CastelánActualizado o 2,66 KB

Cantares Gallegos

Aquí, Rosalía releva un compromiso con Galicia e o seu idioma. Esta obra convértese nunha obra clave para o reencontro da identidade e da demostración do galego como lingua literaria. A súa intención é cantar a fermosura da terra galega e demostrar a dignidade do pobo ao tempo que desmentir ofensas, evidenciar as inxustizas e elevar á categoría artística o idioma.

O libro ten unha estrutura circular que se enmarca entre o primeiro e o último poema (a modo de prólogo e epílogo) que están postos en boca dunha "meniña gaiteira" a quen a autora lle pide que cante en lingua galega. Nos seguintes poemas, Rosalía cede a súa voz a diferentes tipos populares. O libro remata coa voz da moza que se escusa pola falta de...

Seguir lendo "Rosalía de Castro: Cantares Gallegos e Follas Novas, temática e estilo" »

Retrincos e Os dous de sempre de Castelao: análise das obras

CastelánActualizado o 2,41 KB

Retrincos (1934)

Composta de cinco contos autobiográficos:

  • O segredo e O inglés: Ambéntanse na infancia de Castelao nas Pampas arxentinas.
  • Peito de lobo: Recrea andanzas do mozo estudante, burleiro e con vocación de artista, que se divirte no ambiente das festas de Rianxo.
  • O retrato: Relaciónase coa estadía de Castelao en Pontevedra, cidade na que é coñecido como médico e, sobre todo, como debuxante de sona.
  • Sabela: Sitúase en dous tempos: a mocidade, cando aprende a bailar da man dunha pescantina, e a madurez, cando regresa á vila natal como deputado das Cortes Constituíntes para recibir unha homenaxe e encontra a súa antiga compañeira de baile estragada polos anos e o traballo.

Os dous de sempre (1934)

Novela que culmina a produción...

Seguir lendo "Retrincos e Os dous de sempre de Castelao: análise das obras" »

Retrincos de Castelao: resumo e análise dos relatos autobiográficos

CastelánActualizado o 3,06 KB

Ramón Otero Pedrayo(1888-1976)
Escribiu narrativa ensaio poesia e teatro.E moi recirrente a sua narrativa, o tema predominante e a decadencia da fidalguia.
Os seus relatos brebes:
Pantela, home libre(1925)
O purgatorio(1927)
Escrito na nevoa(1927)
As novelas realistas mais destacadas:
O meson dos ermos(1936)
Os camiños da vida(1928)
As novelas culturais:
Arredor de si(1930)
Devalar(1935)
Aromeria de Xelmirez(1934)
Fravermello(1934)
As suas coleccions de contos:
Contos do camiño e da rua(1932)
Entre a avenida e a castiñeira
A sua produccion ensaistica:
Ensaio Historico sobre a cultura galega(1933) 
Pelerinaxes(1929)
Morte e resurreccion(1932)

Alfonso Daniel Castelao(1866-1950)
Evoluciona dende o conservadurismo ata o galeguismo, pasando polo agrarismo. Colaborou

...
Seguir lendo "Retrincos de Castelao: resumo e análise dos relatos autobiográficos" »

A Poesía das Vangardas en Galicia: Orixe, Características e Ismos

CastelánActualizado o 2,73 KB

A Poesía das Vangardas: Orixe e Características

Desígnase co termo vangarda un movemento artístico radicalmente innovador que se inicia en Europa nos primeiros anos do século XX e que poderiamos considerar delimitado polas dúas guerras mundiais. Foi un cambio radical e violento.

Pódese afirmar que o foco de irradiación do movemento vangardista mundial é París. As vangardas mundiais caracterízanse pola súa heteroxeneidade, que se traduce en diversas escolas e tendencias (ismos), pero a actitude xeral innovadora reflictese en certos lugares comúns:

  • Actitude antirromántica e antisentimental: Rexeitamento das convencións románticas.
  • Percepción intelectual da realidade: Énfase na razón e na análise.
  • Renovación da linguaxe: Busca
...
Seguir lendo "A Poesía das Vangardas en Galicia: Orixe, Características e Ismos" »

Guía de Soldadura: Electrodos, Cordóns e Parámetros

Castelán2,92 KB

O rendemento gravimétrico en soldadura

O rendemento gravimétrico dun electrodo é a relación entre o metal depositado durante o soldeo e o peso da alma dos electrodos empregados, multiplicado por cen para determinalo en tanto por cento.

A designación dos electrodos revestidos

Como se ten visto, existen diversidade de tipos de electrodos con diferentes características dependentes do tipo de material a soldar, resistencia, etc. Os electrodos teñen no seu extremo superior, xunto ao extremo de amarre á pinza, unha serie de números e/ou letras que corresponden á súa designación e que, tras a súa interpretación, coñecemos o tipo de electrodo, a carga de rotura do material de achega, a posición aconsejable de traballo, o tipo de corrente...

Seguir lendo "Guía de Soldadura: Electrodos, Cordóns e Parámetros" »

Descartes: a dúbida metódica e o método cartesiano

Castelán4,48 KB

A filosofía de Descartes: a arte da dúbida

A filosofía de Descartes parte da arte da dúbida. Como os escépticos, Descartes comeza dubidando de todo.
Comeza dubidando dos sentidos, pois son a principal fonte de coñecemento, sen embargo, moitas veces nos enganan, como ao meter un palo na auga e parecer que está roto. Despois dubida da existencia, poderiamos estar soñando e crer que é algo real. Finalmente dubida dos coñecementos matemáticos, podería haber un xenio maligno que nos fixese crer que 2+2 é 4 cando non é así.
Descartes dá conta de que se pode dubidar de todo, menos de que se dubida. Para ser enganado primeiro hai que existir.

A primeira verdade evidente

Con esta primeira verdade evidente, Descartes propón reconstruír o
...
Seguir lendo "Descartes: a dúbida metódica e o método cartesiano" »

Rexións Pesqueiras de España: Historia, Situación e Retos

Castelán3,34 KB

Rexións pesqueiras de España

España foi e é unha das grandes potencias pesqueiras mundiais. Así o indican o tamaño da flota, o volume de capturas e o valor da pesca desembarcada.

España posúe un amplo perímetro costeiro cuxo litoral se reparte entre mares diferentes. Non obstante, non se pode dicir que presente unhas condicións favorables para a fauna mariña e para a pesca. A natureza ofrécenos unha variada fauna piscícola.

Coas rexións pesqueiras españolas, variou o seu significado tradicional, incluso o dos postos.

Do mesmo xeito, variou o significado económico e as repercusións sociais da actividade pesqueira.

Galicia

Galicia conserva a súa primacía pesqueira en España, xa que achega un terzo das capturas e case a metade do

...

Seguir lendo "Rexións Pesqueiras de España: Historia, Situación e Retos" »

Guía completa para a organización e xestión de reunións

Castelán3,26 KB

Definición e Elementos dunha Reunión

Reunión: Conxunto de persoas integrado co obxectivo de tratar un tema de interese.

Elementos clave

  • 1. Suxeitos: Persoas afectadas polo obxectivo ou tema da reunión.
  • 2. Obxecto: Ten que estar ben definido.
  • 3. Tempo: Onde transcorre a reunión (mínimo 60 minutos).
  • 4. Lugar: Espazo que transmita confort, boa temperatura, etc.
  • 5. Obxectivo: Un fin, algo que conseguir.

Tipos de Reunións

Segundo a dirección da información

  • 1. De información.
  • 2. Ascendentes: Os traballadores informan aos xefes de necesidades ou problemas.
  • 3. Descendentes: Dos xefes aos traballadores (ordes).

Tipos de reunións concretas

  • 1. Congreso: Encoro de persoas co obxectivo de debater un tema ou unha novedade no mundo laboral (duración: 2-5 días,
...
Seguir lendo "Guía completa para a organización e xestión de reunións" »