Rosalía de Castro: Cantares Gallegos e Follas Novas, temática e estilo

CastelánActualizado o 2,66 KB

Resumo

O documento presenta as dúas grandes obras de Rosalía de Castro: Cantares Gallegos, que reivindica a lingua e a identidade galega, e Follas Novas (1880), de carácter máis intimista e filosófico. Analiza a temática de cada libro, a súa estrutura e o estilo poético, desde os recursos populares ata a complexidade métrica.

Puntos clave

  • Cantares Gallegos reivindica o galego como lingua literaria e a dignidade do pobo galego.
  • A obra ten unha estrutura circular, con prólogo e epílogo protagonizados por unha "meniña gaiteira".
  • Os temas de Cantares Gallegos son costumistas, amorosos, sociais e intimistas.
  • Rosalía abusa da comparación, descoida a metáfora e emprega paralelismos, anáforas e antíteses.
  • Follas Novas (1880) reúne 5 libros e 136 poemas breves sobre a existencia humana.
  • En Follas Novas conviven unha visión intimista (soidade, amor, morte, saudade) e unha visión social (situación da muller, inxustizas, emigración).

Ponte á proba

Cantares Gallegos

Aquí, Rosalía releva un compromiso con Galicia e o seu idioma. Esta obra convértese nunha obra clave para o reencontro da identidade e da demostración do galego como lingua literaria. A súa intención é cantar a fermosura da terra galega e demostrar a dignidade do pobo ao tempo que desmentir ofensas, evidenciar as inxustizas e elevar á categoría artística o idioma.

O libro ten unha estrutura circular que se enmarca entre o primeiro e o último poema (a modo de prólogo e epílogo) que están postos en boca dunha "meniña gaiteira" a quen a autora lle pide que cante en lingua galega. Nos seguintes poemas, Rosalía cede a súa voz a diferentes tipos populares. O libro remata coa voz da moza que se escusa pola falta de graza.

Temática

  • Costumista: A vida cotiá adquire relevancia a través de retratos típicos.
  • Amorosa: As queixas dos namorados, separacións, resentimentos...
  • Social: Con temas como a emigración, miseria, marxinación, incomprensión dos casteláns cara a Galicia...
  • Intimista: Máis protagonismo á voz autorial, a visión pesimista do amor (Adiós Ríos, adiós fontes).

Rosalía abusa da comparación e descoida a metáfora. Abundan os paralelismos, anáforas, repeticións e antíteses. Usa o verso da muiñeira e as formas populares de arte menor. Emprego de gheada e seseo (sufixo -án, plural -ns), uso de grafías como y e ç, emprego de acentos gráficos, uso do apóstrofo, castelanismos...

Follas Novas (1880)

Ten un prólogo onde a autora dá a coñecer a intención do libro: ofrecer un mundo poético diferente ao de Cantares Gallegos -lonxe da súa sinxeleza- para introducirse nun romanticismo filosófico de raizame intimista.

Inclúe 5 libros e 136 poemas breves nos que Rosalía presenta a existencia humana na súa diversa problemática. A estrutura:

  • A intensa subxectividade expresiva de "Vaguedás" e "Do íntimo".
  • A concentración social do final, especialmente en "Da terra" e "As viudas dos vivos e dos mortos".

"Varia" é unha combinación de ambos os tipos.

Visións en Follas Novas

  1. Visión intimista: Sentimentos de soidade, amor, odio, resentimento, morte, saudade.
  2. Visión social: Situación da muller escritora, inxustizas sociais, emigración.

Complexidade métrica, estilo sinxelo (escaseza de metáforas, abundancia de comparacións), o símbolo (Negra Sombra, cravo).

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Cal é a intención de Cantares Gallegos?

A autora pretende cantar a beleza da terra galega, demostrar a dignidade do pobo, desmentir ofensas, evidenciar as inxustizas e elevar o idioma galego á categoría artística.

En que se diferencia Follas Novas de Cantares Gallegos?

Follas Novas ofrece un mundo poético distinto, lonxe da sinxeleza de Cantares Gallegos, cun romanticismo filosófico de raíz intimista. Presenta poemas breves sobre a existencia humana.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. Que lingua reivindica Rosalía de Castro en Cantares Gallegos?
2. Quen fala no prólogo e no epílogo de Cantares Gallegos?
3. Cantos libros e poemas breves inclúe Follas Novas?
4. Que recurso retórico abusa Rosalía en Cantares Gallegos?
5. Que tipo de visión predomina en Follas Novas nos seus primeiros libros?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.