Descartes: a dúbida metódica e o método cartesiano
A filosofía de Descartes: a arte da dúbida
A filosofía de Descartes parte da arte da dúbida. Como os escépticos, Descartes comeza dubidando de todo.
Comeza dubidando dos sentidos, pois son a principal fonte de coñecemento, sen embargo, moitas veces nos enganan, como ao meter un palo na auga e parecer que está roto. Despois dubida da existencia, poderiamos estar soñando e crer que é algo real. Finalmente dubida dos coñecementos matemáticos, podería haber un xenio maligno que nos fixese crer que 2+2 é 4 cando non é así.
Descartes dá conta de que se pode dubidar de todo, menos de que se dubida. Para ser enganado primeiro hai que existir.
A primeira verdade evidente
Con esta primeira verdade evidente, Descartes propón reconstruír o coñecemento, utilizando a dedución como os matemáticos, únicos coñecementos nos que el encontra a verdade. Para iso usa o Método Cartesiano, unha serie de regras fáciles que, ao ser observadas por calquera, nunca interpretan algo falso como verdadeiro, chegando a unha verdadeira comprensión de todas as cousas que non superen a súa capacidade.
Os métodos do coñecemento
Descartes propón a intuición e a dedución como os dous únicos métodos do coñecemento, e os elementos nos que se debe construír o método, que se basea en catro regras:
1. Evidencia
"Non admitir xamais como verdadeira cousa algunha sen coñecer con evidencia que o era, é dicir, evitar coidadosamente a precipitación e a prevención". Só se acepta como verdadeiro o evidente, e para iso necesitamos a inducción.
2. Análise
"Dividir cada un dos problemas en tantas partes como sexa posible para obter unha mellor solución". Calquera problema que estudiemos está formado por problemas máis pequenos que, ao tratarse por separado, axudan a obter solucións máis fiables, así que hai que transformar as ideas complexas en ideas simples.
3. Síntese
"Comezar o razoamento polos obxectos máis simples e máis fáciles de coñecer, para ir ascendendo pouco a pouco ata o coñecemento dos máis compostos". Xúntanse todos os problemas da segunda regra cando xa foron resoltos e trátase de resolver o problema de orixe, de modo que só fai falta usar a dedución para relacionar cada un dos problemas uns cos outros.
4. Comprobacións
"Facer en todo momento enumeracións completas e revisións xerais". Para evitar posibles erros compróbase todo o proceso.
Aplicación do método á filosofía
Así, Descartes aplica o seu método á filosofía, deducindo que, aínda que o seu corpo e todo o que o rodea non fosen máis que ilusións, aínda que fingise que non existen, non pode fingir que non pensa, e afirma que unha parte de nós, distinta e independente do corpo, é a que se encarga de pensar. A denominada substancia pensante (res cogitans).
Tamén dá conta de que, se dubida, non é un ser perfecto, pois a dúbida é unha imperfección do ser; a perfección é o coñecemento. Deduce entón que esa idea a debeu introducir un ser máis perfecto que o mesmo, porque de algo imperfecto non pode xurdir nada perfecto.
O primeiro erro: recorrer a Deus
Descartes atópase nunha encrucillada e, para resolvela, recorre a Deus, cometendo o primeiro erro da súa filosofía: recorrer a Deus para superar o solipsismo. Como Deus é bo, non nos vai enganar e tampouco vai permitir que haxa un xenio maligno que nos engane constantemente. Deste modo, identifica como Deus a quen puxo esa idea perfecta, asociándolle despois un novo tipo de substancia, a res infinita.
As tres substancias
Temos dúas substancias, e Descartes afirma que existe unha terceira que forma o resto do mundo: a res extensa, imperfecta e finita, que forma parte dos corpos, é dicir, a materia.
Descartes distingue tres tipos de ideas:
Adventicias: proveñen da experiencia e dos sentidos, podendo ser erróneas.
Facticias: inventadas, non proveñen da experiencia sensorial.
Innatas: teñen a súa orixe no propio entendemento, dotadas de evidencia, e serven de base para a certeza doutros saberes.